De Galicia a Nova York a pé?

A capa externa da Terra, a litosfera, está dividida en placas que se moven uns centímetros cada ano. Hai millóns de anos había un supercontinente, é dicir, todos os continentes que coñecemos actualmente estaban unidos formando un solo continente, chamado Panxea que se foi separando ao longo do tempo. Crese que nuns millóns de anos volverase a formar outro supercontinente. Hai moitas teorías sobre a súa formación, pero hai 4 moi posibles.A separación de Panxea deu lugar ao océano Atlántico, o cal se segue expandindo e en consecuencia fai que o océano Pacífico se encolla. No Pacífico hai un anel de zonas de subdución, zonas onde a litosfera oceánica é empurrada ata a mesosfera, o que axuda a que o océano Pacífico encolla achegando así os continentes.

Unha das ideas propón que a Antártida chocaría con America e estes con África e Eurasia. Este supercontinente chamase Novopanxea. Outra hipótese di que os continentes uniranse por culpa dunha zona de subdución no Atlántico, actualmente inexistente, e dará lugar a Panxea Última. A terceira especulación explica que se aparecesen novas zonas de subdución no Atlántico e as do Pacífico seguiran funcionando os océanos desaparecerían e entón tería que crearse outro novo para poder reemprazalos. Neste escenario a fenda que atravesa Asia dende o oeste de India hasta o Ártico abriríase para dar lugar a ese novo océano e daría lugar a Aurica, o suposto supercontinente. Australia situaríase casi no centro, o Extremo Oriente e América xuntaríanse e as placas europeas e africanas reuniríanse con América debido o cerre do Atlántico. A última suposición propón que o supercontinete formarase no Polo Norte  debido a irregularidades no manto herdadas de Panxea. Neste caso o Atlántico e o Pacífico seguirían abertos. Este supercontinente chamaríase Amasia.

Resultado de imagen de aurica supercontinent

Todas me parecen probables pero na miña opinión, Aurica é a máis probable porque segundo o ciclo de Wilson no Atlántico está a formarse unha zona de subdución o que provocará que o océano deixe de medrar e incluso poida chegar a encoller ata desaparecer, o océano Pacífico xa está encollendo e a greta panasiática pode separarse máis dando lugar a ese suposto océano.

¿Que vos parecería, se seguiramos vivos dentro duns millóns de anos, poder ir dende Galicia ata Nova York camiñando?  ¿Ou ata calquera outro lugar do mundo?

Fonte: The Conversation, 03/12/2018

 

Sabiades que estamos rodeados de minerais?

 

imagen

Aínda que moitas veces non nos deamos conta, estamos rodeados de minerais, é dicir, que case todo o que temos ao noso arredor está feito con minerais, incluso esa pastilla que tomamos cando temos un dor de cabeza e o noso teléfono móbil.  Moitas veces pensamos que os minerais só son “pedras”, pero en realidade non, que non valen nada. Sen eles nada sería o mesmo, e con eso quero dicir que a nosa vida sen eles cambiaría completamente.

Ao longo da historia, o sector mineiro tivo moi mala fama polo impacto medioambiental que causaba, pero a medida que vai pasando o tempo van aparecendo novas formas de extraer minerais dunha maneira menos prexudicial para o medio ambiente, incluso que non prexudiquen absolutamente nada.

Tamén é importante que reciclemos os minerais para conseguir un modelo de minería sostible co medio ambiente. Sabiades que cando reciclades o voso telefono móbil, estades evitando que exploten unha canteira de cobalto no Congo? É un dato curioso e estou segura que a maioría de vos non o sabiades.

Vos que opinades? Creedes que seriades capaces de vivir sen minerais? Se é así, como?

 

Descubrimento dun novo órgano do corpo humano

 En pleno século XXI os científicos continúan descifrando os secretos do complexo corpo humano.  Ata o momento, pensouse que o órgano máis grande da anatomía humana era a pel, un órgano vital que ten a capacidade de rexenerarse, ser impermeable, resistente… Un novo estudo publicado polos científicos dunha Universidade de medicina de Nueva York, descubriron unha característica do corpo humano que afecta a función de todos os órganos e que podería competir coa pel por ser o órgano máis grande. Encóntrase debaixo da pel e recubre moitos dos órganos do aparato respiratorio, dixestivo e excretor. Chámase intersticio e é un conxunto de tecidos cheos de líquido que actúan como amortecedor, protexendo os músculos e os órganos.

imagen

Como é evidente, os científicos  xa coñecían a existencia deste espacio entre órganos e células, pero nunca antes se tratara como un órgano. Este descubrimento é debido grazas as tecnoloxías baseadas en sondas que nos ofrecen unha vista microscópica dos tecidos, o intersticio é determinado como un órgano e como un dos máis grandes.

Pareceume moi interesante saber que existe un novo órgano no noso corpo, e ademais, máis grande ca pel. Vos sabiades que existía este novo órgano? Que vos pareceu o descubrimento?

FONTE: EcoPlanet.es

 

O novo método para rexenerar dentes e osos

 O tecido máis duro do noso corpo é o esmalte dental que é case completamente inorgánico. Así permite aos dentes resistir aos elementos máis duros, ácidos ou quentes. Este esmalte case sempre se acaba desgastando e non hai maneira de recuperalo. Este desgaste deixa ao descuberto pequenas terminacións nerviosas do dente que fan de calquera refresco un sufrimento. Nestes momentos, para calmar a dor, aplican unha especie de capa de verniz que cubre o dente, pero non é moi duradeiro nin resistente.

Las técnicas existentes no son capaces de regenerar el esmalte dental.

Comparación de las estructuras cristalinas del esmalte dental y de la estructura sintética, en diferentes escalas.

Gracias a un equipo de bioenxeñeiros da Universidade de Valladolid están a desenvolver unha técnica para crear materiais orgánicos e cristalinos coa estrutura do esmalte. Con este tratamento aplicaríase sobre os dentes unha capa de proteínas que, ao entrar en contacto coa saliva, formaría unha fina capa de esmalte artificial moito máis dura e duradeira que o verniz. Este material sintético retén un alto contido orgánico, polo que non é tan resistente como o esmalte natural. Pero este ten a capacidade de auto-rexenerarse en caso de desgaste, cousa que o dental non fai. Os investigadores xa están probando o novo método en medicina rexenerativa de dentes e osos.

Eu penso, que esta investigación pode chegar a ser unha gran solución para este problema que é tan común na nosa sociedade. Se nun futuro padecerades esta enfermidade, gustaríavos probar este novo tratamento?

FONTE: El País

 

Un coxín para embarazadas?

Pois si, creouse un coxín para embarazadas… Este coxín permite corrixir a forma incorrecta do feto. Como xa sabedes, moitas veces, os fetos, en vez de estar cara a parte inferior que sería moitísimo máis fácil de saír ao exterior, están cara a parte superior co cal é moito máis difícil e ademais necesitase axuda de instrumentos cirúrxicos ou a cesárea. Tamén, este coxín permítenos dilatar máis, xa que a moitas mulleres cústalle moito.

Este coxín pódese utilizar durante os últimos tres meses do embarazo ou no paritorio. Consiste nun decúbito natural, é dicir, nunha postura que hai que estar tumbada de lado con unha perna cara arriba (encima do coxín) e a outra perna abaixo ca xeonllo virada cara o inferior.

imagen

Este coxín foi un gran avance en canto os partos, xa que non estaban seguros se iba funcionar. Unha muller, chamada Mariona, cando iba a parir descubriron que o feto estaba cara arriba…Estivo dez horas no paritorio e dúas co coxín…Ao cabo de 120 minutos, o feto deu a volta necesaria e permitiu que Mariona tivera un “tranquilo” parto vaxinal.

Esta innovación foi creada por unha matrona, chamada Vanessa Bueno. Tamén nos conta que grazas a este coxín que lle puxeron o nome “Easysims”, reduciu moitas cesáreas xa que se producían menos complicacións e foron todos os partos máis rápidos. Ademais, cóntanos que podemos ter estes coxíns en todas as instalacións!!!

Penso que este coxín pódenos sacar de moitos apuros, xa que ningunha de nós nos gustaría que o noso parto tiveran que intervir instrumentos cirúrxicos ou facernos unha cesárea…Tamén queres que o teu feto teña máis espazo, que estea máis cómodo e sobre todo que estea cara abaixo para que se faga máis fácil a hora de parir. Ademais, é un gran avance para a ciencia, xa que nos tranquiliza de pasalo mal, de que haxa complicacións  e de que o feto veña nunha posición inadecuada.

Pensades que vai ser utilizado para mellorar todas as complicacións do parto? Creedes que é un obxecto útil? Que opinades desta innovación?

Fonte: El mundo

 

Por que algunhas partes do corpo humano teñen pelo e outras non?

A medida que os nosos antepasados evolucionaban foron perdendo o pelo corporal ata converterse no único mono espido do planeta. Non obstante, o pelo non desapareceu de todo, se non que se repartiu por algunhas zonas concretas mentres que deixou outras completamente núas. Po exemplo, os brazos e as pernas humanas son (máis ou menos) peludas pero nas palmas das mans e dos pés non hai pelo. Pero, por que? Uns investigadores da Escola de Medicina Perelman da Universidade de Pensilvania cren que encontraron a resposta a esta pregunta fundamental na evolución humana.

imagen

As súas investigacións revelan a existencia dun inhibidor segregado no desenvolvemento da pel sen pelo que bloquea unha vía de sinalización que controla o crecemento do pelo. Este inhibidor natural, chamado Dickkopf 2 (DKK2). Unha proteína que se atopa nos tecidos embrionarios e adultos específicos onde desempeña unha variedade de funcións. Para sacar estas conclusións, os investigadores analizaron a pel plantar dos ratos, que equivale aproximadamente o equivalente ao lado inferior da boneca humana, e encontraron que esta proteína estaba altamente expresada; e cando a eliminaron xeneticamente o pelame comezou a medrar.

Algúns mamíferos, coma os coellos e os osos polares, desenvolven naturalmente o pelo na súa pel plantar, o grupo de investigación tamén descubriu que, a diferenza dos ratos, o DKK2 non se expresa en niveis altos na pel plantar dos coellos, o que explica por que o pelame se desenvolve aí. Estes achados suxiren que a produción deste inhibidor en rexións específicas da pel se alteraron durante a evolución para permitir que se formen diferentes patróns de pel con ou sen pelo de acordo ás necesidades do animal.

https://www.abc.es/ciencia/abci-algunas-partes-cuerpo-humano-tienen-pelo-y-otras-no-201811282111_noticia.html

 

As cores de Serra Nevada

imagen

 Compañeiras/os  na miña opinión esta noticia paréceme interesante porque estamos acostumados a ver Serra Nevada cuberta de neve e non coa súa vexetación e as súas  rochas sen manto branco que define.Polo que conta a noticia danse a coñecer moitas rochas de distintos cores e distintos tipos que se van formando ao longo dos anos.

A min gustaríame facer unha ruta de sendereismo por esa zona da montañas porque ten unha gran variedade de fauna e flora.
Podiades imaxinarvos que Serra Nevada tiña tanta variedade  de rochas? Pensades que a neve que as cubre ao longo do inverno ten algo que ver para que lles de estas cores ?

https://www.granadahoy.com/vivir/Sierra-Nevada-petricolor_0_1196280805.html

 

Pel humana fabricada por unha impresora 3D

Para a fabricación en 3D, utilízanse células do propio paciente que se cultivan no laboratorio. En lugar, de utilizar cartuchos de tinta como nas impresoras normais, utilizan unhas biotintas, é dicir, conteñen un cóctel biolóxico. Este cóctel repártese en catro cilindros de colores, que son como xiringas. Cada xiringa correspóndelle unha cor, por exemplo, a cor azul contén células da epiderme (capa externa da pel), a cor laranxa contén células da derme (capa intermedia), a cor amarela contén plasma humano. Por último, a cor verde contén nutrientes, como por exemplo, proteínas, calcio…

Este proceso empeza con un anaco de pel do tamaño dun selo, que se obtén ca biopsia do doante. Extráense as súas células, unhas 10.000, e logo cultívanse no laboratorio co fin de que se multipliquen ata obter 250.000.000 células. Este número é necesario para obter un metro cadrado de pel. Este proceso dura entre dúas ou tres semanas.

As persoas que crearon este proceso, chámanse José Luis Jorcano e Francisco del Cañizo. Os seguintes pasos que queren conseguir é producir depósitos de pel humana, que se conxelen para utilizar en casos de emerxencia, como por exemplo, queimaduras ou feridas graves, que poden estar no mercado en 2019. E o outro paso, é crear pel humana pero con pelo.

 

imagen

Na miña opinión, esta noticia é un gran avance para a ciencia, xa que nos hospitais a maior preocupación que teñen, e cando lle chega alguén ca pel queimada…falo de grandes queimaduras, por exemplo, nun incendio ou algo semellante. Eles, os médicos, non saben que facer, xa que, non hai nada para remediar iso…Pero agora con este proceso que fabrica pel humana, penso que xa non teñen tanta preocupación, porque teñen esa “pel humana” que protexe esa superficie queimada.

Pensades que é un avance para a ciencia? Creedes que poderán curar moitas peles queimadas ou facer transplantes?

Fonte: El Mundo

 

Os teus excrementos poden curar a outros!

 En numerosas ocasións o tema das feces non é tratado con naturalidade, pois, a todos nós, nos da certa vergoña ou pudor falar disto abertamente. Mais, que pensariades si vos digo que as vosas feces poden mellorar a vida doutras persoas? Ben, pois isto, por incrible que pareza, xa é un feito real  e que demostrou a súa eficacia con algúns pacientes. A eficacia dos excrementos reside nos microbios que estes conteñen cando unha persoa esta sá. O método é chamado transplante fecal, e ten un procedemento moi sinxelo: recóllese unha mostra da microbiota fecal dun doante, despois, esta límpase eliminando os restos fecais e deixando os microbios que serán trasladados á persoa que os precisa. Ademais, ata se están a fabricar cápsulas orais para inxerir!

 imagen

Preguntarádesvos en que casos funciona esta técnica; pois ben, ata o momento foron tratados pacientes coa bacteria Clostridium difficile, a cal é unha das máis resistentes do ámbito sanitario, polo que, en ocasións os antibióticos non son suficientes para combatela. Porén, estanse a investigar máis usos do transplante fecal, como, por exemplo, para combater enfermidades máis graves (enfermidade de Crohn, colon irritable e esclerose múltiple). Outro posible avance que se está a valorar é conxelar a microbiota de todas as persoas, de maneira que, si estas enferman, poidan dispoñer da solución de maneira rápida e eficaz, posto que o proceso de selección dos doantes e longo e complicado. Precisamente de aí ven a necesidade de que este tema sexa tratado con máis naturalidade, pois, en toda España, só existen dous bancos de doazón de feces, que para nada cobren as necesidades das persoas afectadas. Todos estamos acostumados á doazón de sangue, pero cando o que se debe doar son feces, existe un certo rexeitamento, por eso se debe normalizar este proceso e todos debemos darlle visivilidade.

Na miña opinión, esta técnica pode supoñer un gran avance no campo sanitario, xa que as feces son algo natural, sen custo e que desperdiciamos, mais, se queremos que sexa posible, debemos desbotar algúns prexuízos. E vos, que opinades deste descubrimento? Estariades dispostos a recibir un transplante de feces? E a ser doantes?

https://www.elmundo.es/papel/historias/2018/10/23/5bcdc693ca474165618b4649.html

 

Por que se produciron as extincións masivas?

Os científicos creen que a vida no noso planeta superou cinco extincións masivas, e pénsase que foron causadas por enormes erupcións volcánicas, o impacto de grandes asteroides ou por explosións de supernovas. Pero recentemente publicouse  un artigo en “Proceedings of the National Academy of Sciences”, no que se recolle a investigación sobre as causas que produciron a primeira das grandes extincións, hai 450 millóns de anos , cando desapareceron o 85% dos seres vivos do océano, xa que naquela época case toda a vida era mariña. Segundo os investigadores o arrefriamento do planeta causou un episodio de anoxia  global nos océanos, é dicir, a falta ou diminución do osíxeno nas células dos organismos; isto provocou a extinción masiva do Ordivícico e os seres máis afectados foron os trilobites, braquiópodos ou graptolitoideos.

Resultado de imagen de extincion del ordovicico

 Os científicos buscaron probas do ocorrido nos sedimentos dos océanos de entón, e atopáronos nos acantilados da illa de Anticosti, en Quebec, Canadá. Analizáronos cun espectrómetro de masas, na busca de isótopos de uranio, e así puideron estimar a concentración de osíxeno nos solos do pasado. A directora da investigación declarou que os resultados proporcionan a primeira proba dunha anoxia oceánica global e abrupta que se iniciou e continuou nunha glaciación. Tamén dixo que a anoxia foi provocada por un arrefriamento global que reorganizou a circulación oceánica, o que diminuíu o intercambio de osíxeno en vertical dos océanos; isto aumentou a concentración de nutrientes na superficie, o que causou o crecemento explosivo de plancto que realiza a fotosíntese e o osíxeno das profundidades acabouse consumindo.

Este mesmo equipo está investigando outras tres das cinco grandes extincións e creen que a osixenación dos océanos puido ter un gran papel.

Así mesmo, a falta de osíxeno nos océanos, pode ser un problema hoxe en día e no futuro, pois estamos quentando e acidificando os océanos e as augas con estas características teñen menos osíxeno, o que prexudica a moitos animais acuáticos. Así que temos que concienciarnos e coidar os noso océanos!!

http://www.abc.es/ciencia/abci-causa-silenciosa-estuvo-punto-acabar-vida-tierra-201805212120_noticia.html