Descubrimento dun novo órgano do corpo humano

 En pleno século XXI os científicos continúan descifrando os secretos do complexo corpo humano.  Ata o momento, pensouse que o órgano máis grande da anatomía humana era a pel, un órgano vital que ten a capacidade de rexenerarse, ser impermeable, resistente… Un novo estudo publicado polos científicos dunha Universidade de medicina de Nueva York, descubriron unha característica do corpo humano que afecta a función de todos os órganos e que podería competir coa pel por ser o órgano máis grande. Encóntrase debaixo da pel e recubre moitos dos órganos do aparato respiratorio, dixestivo e excretor. Chámase intersticio e é un conxunto de tecidos cheos de líquido que actúan como amortecedor, protexendo os músculos e os órganos.

imagen

Como é evidente, os científicos  xa coñecían a existencia deste espacio entre órganos e células, pero nunca antes se tratara como un órgano. Este descubrimento é debido grazas as tecnoloxías baseadas en sondas que nos ofrecen unha vista microscópica dos tecidos, o intersticio é determinado como un órgano e como un dos máis grandes.

Pareceume moi interesante saber que existe un novo órgano no noso corpo, e ademais, máis grande ca pel. Vos sabiades que existía este novo órgano? Que vos pareceu o descubrimento?

FONTE: EcoPlanet.es

 

Tags: , , ,

3 Respostas a “Descubrimento dun novo órgano do corpo humano”

  1. antia.br Dixo:

    O descubrimento impactoume, pois non me imaxinaba que a estas alturas aínda quedaran órganos por descubrir. Ademais, este novo órgano ten que ser enorme, xa que os seus descubridores afirman que pode ser tan extenso ou máis cá pel. Tal e como dixo Nerea, este descubrimento non sería posible sen a existencia dunha tecnoloxía microscópica moi potente, que permita ver as cousas máis minúsculas que nos poidamos imaxinar, aquí outro exemplo de que ciencia e tecnoloxía camiñan da man. E quen sabe se aínda quedan novos órganos por descubrir.

  2. tania.br Dixo:

    Nerea, esta noticia pareceume sorprendente!
    Unha vez máis, as novas tecnoloxías axudan a avanzar na investigación do complexo corpo humano. Eu, persoalmente, non sabía da existencia deste órgano, nin tampouco de que houbera un espazo entre órganos e células. O que é seguro, é que este órgano cumpre unha función importante ao protexer os outros órganos. Probablemente, a medida que pase o tempo e se desenvolvan novas técnicas, iranse descubrindo novas partes do corpo, que, de seguro, terán unha función igual de importante que os órganos xa coñecidos. O noso corpo é apaixonante!

  3. arian.br Dixo:

    Paréceme unha noticia moi curiosa, na cal podemos darnos conta do moito que queda por descubrir sobre o noso organismo. Seguramente que dentro de algunhas décadas coñeceremos moito máis sobre o corpo humano. Eu non coñecía a existencia deste novo órgano tan importante que protexe aos músculos e a outros órganos de diferentes sistemas e aparellos. Grazas aos novos avances da tecnoloxía podemos ter unha vista microscópica e coñecer a existencia do intersticio que dise que é máis grande que a pel.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.