O novo método para rexenerar dentes e osos

 O tecido máis duro do noso corpo é o esmalte dental que é case completamente inorgánico. Así permite aos dentes resistir aos elementos máis duros, ácidos ou quentes. Este esmalte case sempre se acaba desgastando e non hai maneira de recuperalo. Este desgaste deixa ao descuberto pequenas terminacións nerviosas do dente que fan de calquera refresco un sufrimento. Nestes momentos, para calmar a dor, aplican unha especie de capa de verniz que cubre o dente, pero non é moi duradeiro nin resistente.

Las técnicas existentes no son capaces de regenerar el esmalte dental.

Comparación de las estructuras cristalinas del esmalte dental y de la estructura sintética, en diferentes escalas.

Gracias a un equipo de bioenxeñeiros da Universidade de Valladolid están a desenvolver unha técnica para crear materiais orgánicos e cristalinos coa estrutura do esmalte. Con este tratamento aplicaríase sobre os dentes unha capa de proteínas que, ao entrar en contacto coa saliva, formaría unha fina capa de esmalte artificial moito máis dura e duradeira que o verniz. Este material sintético retén un alto contido orgánico, polo que non é tan resistente como o esmalte natural. Pero este ten a capacidade de auto-rexenerarse en caso de desgaste, cousa que o dental non fai. Os investigadores xa están probando o novo método en medicina rexenerativa de dentes e osos.

Eu penso, que esta investigación pode chegar a ser unha gran solución para este problema que é tan común na nosa sociedade. Se nun futuro padecerades esta enfermidade, gustaríavos probar este novo tratamento?

FONTE: El País

 

Tags: , ,

Unha resposta a “O novo método para rexenerar dentes e osos”

  1. antia.br Dixo:

    Cada nova técnica que se descobre é algo positivo para á nosa sociedade. Tal e como dixo Nerea este novo descubrimento supón a solución para un problema moi común hoxe en día, e mellorará os problemas de sensibilidade dental, evitando así que nos doian os dentes e as enxivas. Respondendo a Nerea, eu si que probaría este tratamento se padecese ese tipo de problemas, e penso que se segue investigando poderase conseguir que que esta capa de esmalte artificial adquira a mesma resistencia ou incluso máis cá do noso esmalte natural.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.