Por que se produciron as extincións masivas?

Os científicos creen que a vida no noso planeta superou cinco extincións masivas, e pénsase que foron causadas por enormes erupcións volcánicas, o impacto de grandes asteroides ou por explosións de supernovas. Pero recentemente publicouse  un artigo en “Proceedings of the National Academy of Sciences”, no que se recolle a investigación sobre as causas que produciron a primeira das grandes extincións, hai 450 millóns de anos , cando desapareceron o 85% dos seres vivos do océano, xa que naquela época case toda a vida era mariña. Segundo os investigadores o arrefriamento do planeta causou un episodio de anoxia  global nos océanos, é dicir, a falta ou diminución do osíxeno nas células dos organismos; isto provocou a extinción masiva do Ordivícico e os seres máis afectados foron os trilobites, braquiópodos ou graptolitoideos.

Resultado de imagen de extincion del ordovicico

 Os científicos buscaron probas do ocorrido nos sedimentos dos océanos de entón, e atopáronos nos acantilados da illa de Anticosti, en Quebec, Canadá. Analizáronos cun espectrómetro de masas, na busca de isótopos de uranio, e así puideron estimar a concentración de osíxeno nos solos do pasado. A directora da investigación declarou que os resultados proporcionan a primeira proba dunha anoxia oceánica global e abrupta que se iniciou e continuou nunha glaciación. Tamén dixo que a anoxia foi provocada por un arrefriamento global que reorganizou a circulación oceánica, o que diminuíu o intercambio de osíxeno en vertical dos océanos; isto aumentou a concentración de nutrientes na superficie, o que causou o crecemento explosivo de plancto que realiza a fotosíntese e o osíxeno das profundidades acabouse consumindo.

Este mesmo equipo está investigando outras tres das cinco grandes extincións e creen que a osixenación dos océanos puido ter un gran papel.

Así mesmo, a falta de osíxeno nos océanos, pode ser un problema hoxe en día e no futuro, pois estamos quentando e acidificando os océanos e as augas con estas características teñen menos osíxeno, o que prexudica a moitos animais acuáticos. Así que temos que concienciarnos e coidar os noso océanos!!

http://www.abc.es/ciencia/abci-causa-silenciosa-estuvo-punto-acabar-vida-tierra-201805212120_noticia.html

 

Tags: ,

Unha resposta a “Por que se produciron as extincións masivas?”

  1. tania.br Dixo:

    Excelente noticia, Antía! Efectivamente, como ben apuntas, debemos coidar os océanos e o planeta en xeral. Tendo constancia de todas estas grandes extincións e das súas causas, deberíamos pararnos a reflexionar sobre o que está a ocorrer. Se o planeta por si mesmo, hai millóns de anos, sufriu estes fenómenos, o que teriamos que facer sería coidalo, e non favorecer a que se den situacións como o quentamento global. Non nos costa nada tirar o lixo nos contedores no canto de facelo nos montes, no mar,… Non nos supón ningún esforzo reciclar, nin ter un consumo responsable. Todos podemos poñer un pouco da nosa parte para salvar á Terra.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.