Os teus excrementos poden curar a outros!

 En numerosas ocasións o tema das feces non é tratado con naturalidade, pois, a todos nós, nos da certa vergoña ou pudor falar disto abertamente. Mais, que pensariades si vos digo que as vosas feces poden mellorar a vida doutras persoas? Ben, pois isto, por incrible que pareza, xa é un feito real  e que demostrou a súa eficacia con algúns pacientes. A eficacia dos excrementos reside nos microbios que estes conteñen cando unha persoa esta sá. O método é chamado transplante fecal, e ten un procedemento moi sinxelo: recóllese unha mostra da microbiota fecal dun doante, despois, esta límpase eliminando os restos fecais e deixando os microbios que serán trasladados á persoa que os precisa. Ademais, ata se están a fabricar cápsulas orais para inxerir!

 imagen

Preguntarádesvos en que casos funciona esta técnica; pois ben, ata o momento foron tratados pacientes coa bacteria Clostridium difficile, a cal é unha das máis resistentes do ámbito sanitario, polo que, en ocasións os antibióticos non son suficientes para combatela. Porén, estanse a investigar máis usos do transplante fecal, como, por exemplo, para combater enfermidades máis graves (enfermidade de Crohn, colon irritable e esclerose múltiple). Outro posible avance que se está a valorar é conxelar a microbiota de todas as persoas, de maneira que, si estas enferman, poidan dispoñer da solución de maneira rápida e eficaz, posto que o proceso de selección dos doantes e longo e complicado. Precisamente de aí ven a necesidade de que este tema sexa tratado con máis naturalidade, pois, en toda España, só existen dous bancos de doazón de feces, que para nada cobren as necesidades das persoas afectadas. Todos estamos acostumados á doazón de sangue, pero cando o que se debe doar son feces, existe un certo rexeitamento, por eso se debe normalizar este proceso e todos debemos darlle visivilidade.

Na miña opinión, esta técnica pode supoñer un gran avance no campo sanitario, xa que as feces son algo natural, sen custo e que desperdiciamos, mais, se queremos que sexa posible, debemos desbotar algúns prexuízos. E vos, que opinades deste descubrimento? Estariades dispostos a recibir un transplante de feces? E a ser doantes?

https://www.elmundo.es/papel/historias/2018/10/23/5bcdc693ca474165618b4649.html

 

Tags: ,

3 Respostas a “Os teus excrementos poden curar a outros!”

  1. antia.br Dixo:

    Pareceume unha noticia moi interesante e sorprendente, non me imaxinaba que nas feces puidera estra a solución a algunhas enfermidades. Como di Tania é moi natural doar sangue, pero moi poucas persoas teñen conciencia de que se poden doar feces e se a tiveran non o farían por pudor. Sen dúbida débese tratar este tema con maior profundidade para que así aumenten as doazóns e poder investigar sobre outras pataloxías que se poidan tratar grazas a este avance científico. Tamén penso que se debe afondar na idea de conxelar a microbiota de todas as persoas xa que sería unha solución rápida e pouco custosa á hora de tratar as enfermidades.

  2. alba.m.br Dixo:

    A verdade é que non tiña nin idea deste uso tan bo e interesante que poden ter as feces, e isto débese, como se di no texto, aos prexuízos que temos para falar delas. Na miña opinión estas son o tipo de noticias que deberían aparecer nos medios de comunicación, pois, así como a doazón de sangue aparece anunciada por todas partes, por que non a de feces? É igual de importante poder curar ou previr calquera tipo de enfermidade, e se o podemos facer con un xesto que non nos custa nada, é máis, que é unha cousa que adoitamos facer todos os días, penso que deberíamos facelo.

  3. sandra.br Dixo:

    Fascinante noticia! Quedei bastante sorprendida, xa que nunca me imaxinaría que cunha mostra da microbiota fecal se puidera curar outras persoas…
    Penso que é un gran avance para a ciencia, debido a que é algo que non custa nada e ademais adoitámolo facer todos os días. Gustaríame que isto saíra nas noticias ,como ben dixo Alba, xa que ao falar disto pouco sae nas noticias, como si fora algo malo.
    Eu si que estaría disposta a recibir este tipo de transplante, xa que non me custa nada, economicamente, e a ser doante tamén, porque o fago case todos os días e ademais sentiríame afortunada de poder curar a outras persoas.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.