Pel humana fabricada por unha impresora 3D

Para a fabricación en 3D, utilízanse células do propio paciente que se cultivan no laboratorio. En lugar, de utilizar cartuchos de tinta como nas impresoras normais, utilizan unhas biotintas, é dicir, conteñen un cóctel biolóxico. Este cóctel repártese en catro cilindros de colores, que son como xiringas. Cada xiringa correspóndelle unha cor, por exemplo, a cor azul contén células da epiderme (capa externa da pel), a cor laranxa contén células da derme (capa intermedia), a cor amarela contén plasma humano. Por último, a cor verde contén nutrientes, como por exemplo, proteínas, calcio…

Este proceso empeza con un anaco de pel do tamaño dun selo, que se obtén ca biopsia do doante. Extráense as súas células, unhas 10.000, e logo cultívanse no laboratorio co fin de que se multipliquen ata obter 250.000.000 células. Este número é necesario para obter un metro cadrado de pel. Este proceso dura entre dúas ou tres semanas.

As persoas que crearon este proceso, chámanse José Luis Jorcano e Francisco del Cañizo. Os seguintes pasos que queren conseguir é producir depósitos de pel humana, que se conxelen para utilizar en casos de emerxencia, como por exemplo, queimaduras ou feridas graves, que poden estar no mercado en 2019. E o outro paso, é crear pel humana pero con pelo.

 

imagen

Na miña opinión, esta noticia é un gran avance para a ciencia, xa que nos hospitais a maior preocupación que teñen, e cando lle chega alguén ca pel queimada…falo de grandes queimaduras, por exemplo, nun incendio ou algo semellante. Eles, os médicos, non saben que facer, xa que, non hai nada para remediar iso…Pero agora con este proceso que fabrica pel humana, penso que xa non teñen tanta preocupación, porque teñen esa “pel humana” que protexe esa superficie queimada.

Pensades que é un avance para a ciencia? Creedes que poderán curar moitas peles queimadas ou facer transplantes?

Fonte: El Mundo

 

Tags: , , , , , ,

5 Respostas a “Pel humana fabricada por unha impresora 3D”

  1. antia.br Dixo:

    Sen dúbida unha noticia sorprendente e innovadora.
    Cada vez apóstase máis pola impresión 3D e pola fabricación de compoñentes do corpo humano. Que decidiran apostar pola pel foi unha gran idea xa que pode axudar a solucionar moitos problemas como as queimaduras, que mencionou a autora da noticia, e incluso enfermidades da pel. Respondendo á pregunta de se me parece un avance para a ciencia, eu diría que si, e penso que deben continuar a investigar máis sobre a súa produción para poñela no mercado.

  2. tania.br Dixo:

    Sandra, a túa noticia pareceume moi interesante.Na miña opinión, isto si que pode ser un grande avance para a ciencia. Estou de acordo contigo cando dis que no caso de pacientes con grandes queimaduras non hai moitos métodos efectivos. A miúdo os pacientes quedan con grandes cicatrices que cambian o seu aspecto. Por iso, a maiores da dor, hai outro tema que se pode solucionar con esta nova técnica, a aparencia dos afectados. Tal vez, estas persoas perden a confianza en si mesmos ou non se atopan a gusto co seu novo físico, o que os pode afectar psicoloxicamente. Así, con esta pel impresa, a súa situación podería mellorarse facilmente.

  3. hugo.b.br Dixo:

    A noticia paréceme moi interesante e que está moi ben desenvolvida. Penso que é un gran avance xa que ata agora cando alguén sufría unha queimadura tiñan que sacarlle pel doutra parte do corpo para facer un implante. Isto significaba para o paciente ter que pasar por quirófano cando con este novo descubrimento se poderá evitar esa situación.

  4. alba.m.br Dixo:

    Esta noticia paréceme moi interesante, xa que ben é certo que existen diversos tratamentos para as queimaduras graves, pero estes supoñen meses e meses de sufrimento e ingreso nun hospital, cousa que a moitos pacientes aterroriza. Grazas a esta técnica non só se poderían tratar con máis facilidade as queimaduras, senón que tamén os/as pacientes sufrirían menos. Por outra parte penso que pode ter máis uso que nas queimaduras, por exemplo hai operacións nas cales se precisa de tecido que se adoita extraer doutra parte do corpo do paciente, con esta pel fabricada non habería por que danar unha zoa san para reconstruír outra.

  5. nerea.v.br Dixo:

    Pareceume unha brillante e alegre noticia saber que se pode aplicar esta innovación 3D ao campo da sanidade. Esta nova técnica,penso, que lle pode dar esperanzas a esa xente que sufriu queimaduras moi graves e non pode volver a recuperar a súa pel. Esta técnica tamén supón moito menos sufrimento para os pacientes e algúns, ata se sentirían máis cómodos e poderían recuperar a súa vida normal.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.