De Galicia a Nova York a pé?

A capa externa da Terra, a litosfera, está dividida en placas que se moven uns centímetros cada ano. Hai millóns de anos había un supercontinente, é dicir, todos os continentes que coñecemos actualmente estaban unidos formando un solo continente, chamado Panxea que se foi separando ao longo do tempo. Crese que nuns millóns de anos volverase a formar outro supercontinente. Hai moitas teorías sobre a súa formación, pero hai 4 moi posibles.A separación de Panxea deu lugar ao océano Atlántico, o cal se segue expandindo e en consecuencia fai que o océano Pacífico se encolla. No Pacífico hai un anel de zonas de subdución, zonas onde a litosfera oceánica é empurrada ata a mesosfera, o que axuda a que o océano Pacífico encolla achegando así os continentes.

Unha das ideas propón que a Antártida chocaría con America e estes con África e Eurasia. Este supercontinente chamase Novopanxea. Outra hipótese di que os continentes uniranse por culpa dunha zona de subdución no Atlántico, actualmente inexistente, e dará lugar a Panxea Última. A terceira especulación explica que se aparecesen novas zonas de subdución no Atlántico e as do Pacífico seguiran funcionando os océanos desaparecerían e entón tería que crearse outro novo para poder reemprazalos. Neste escenario a fenda que atravesa Asia dende o oeste de India hasta o Ártico abriríase para dar lugar a ese novo océano e daría lugar a Aurica, o suposto supercontinente. Australia situaríase casi no centro, o Extremo Oriente e América xuntaríanse e as placas europeas e africanas reuniríanse con América debido o cerre do Atlántico. A última suposición propón que o supercontinete formarase no Polo Norte  debido a irregularidades no manto herdadas de Panxea. Neste caso o Atlántico e o Pacífico seguirían abertos. Este supercontinente chamaríase Amasia.

Resultado de imagen de aurica supercontinent

Todas me parecen probables pero na miña opinión, Aurica é a máis probable porque segundo o ciclo de Wilson no Atlántico está a formarse unha zona de subdución o que provocará que o océano deixe de medrar e incluso poida chegar a encoller ata desaparecer, o océano Pacífico xa está encollendo e a greta panasiática pode separarse máis dando lugar a ese suposto océano.

¿Que vos parecería, se seguiramos vivos dentro duns millóns de anos, poder ir dende Galicia ata Nova York camiñando?  ¿Ou ata calquera outro lugar do mundo?

Fonte: The Conversation, 03/12/2018

 

Tags: , ,

2 Respostas a “De Galicia a Nova York a pé?”

  1. antia.br Dixo:

    Como xa sabemos, as placas litosféricas desprázanse sobre o manto, e segundo o ciclo de Wilson despois de que pasen varios millóns de anos, e se abran e se pechen océanos, todas as masas de terra emerxidas únense formando un supercontinente; do último que se ten constancia e da Panxea que estudou Wegener, polo que cando pasen os millóns de anos necesarios volverase a formar un supercontinente, aínda que eu non me atrevería a dicir cal das catro opcións é a máis posible. E aínda que é practicamente imposible, encantaríame dar a volta ao mundo andando.

  2. tania.br Dixo:

    Que noticia tan boa, Sonia! O título que lle puxeches é moi enxeñoso e atraeume a lela.
    Cando estudamos a dinámica da Terra e o ciclo de Wilson, é certo que me preguntei cal sería a disposición dos continentes dentro dalgúns millóns de anos, porén, non me puxen a investigar e non sabía que xa existían teorías sobre estes posibles posicionamentos das placas litosféricas. A verdade é que me sorprendeu que as teorías sexan tan dispares entre si, pero si o pensamos ben, é lóxico, xa que todas elas están baseadas en suposicións a partir da disposición actual. Ao igual que ti, non vexo grandes incoherencias en ningunha delas, pero a máis probable tamén me parece a de “Aurica”, xa que, aínda que o Atlántico se está a expandir, nalgún momento crearase unha zona de subdución que acabará por xuntar os continentes.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.