A intelixencia artificial ao rescate do medioambiente

Como todos sabemos, a situación do medio natural é grave. Se queremos conservar o planeta, todos e cada un de nós debemos esforzarnos con xestos diarios. Reciclar, por exemplo, é unha das pautas básicas para axudar ao planeta, mais non tirar lixo ao chan é igual ou aínda máis importante. Pero… que ocorre cando nunha gran cidade o sistema de recollida de lixo é ineficiente e a situación escapa ao noso control? Pois ben, precisamente iso é o que ocorría na cidade de San Francisco ata hai ben pouco. As papeleiras desta cidade desbordaban continuamente, contaminando o ambiente e sen que os servizos de recollida de lixo puideran facer nada. Agora, Manuel Maestrini acaba de crear uns aparellos que poderían acabar con estes problemas. Trátase duns sensores que detectan cando unha papeleira precisa ser baleirada. Os sensores dispóñense en todas as papeleiras da cidade e recollen datos que son filtrados posteriormente por un algoritmo. Deste modo, pódese coñecer facilmente as horas do día e os puntos da cidade nas que o lixo se volve masivo, e, polo tanto, é posible trazar rutas máis rápidas e eficientes para os vertedoiros. Pero non pensedes que isto é todo, se non que os sensores tamén son quen de interpretar se as papeleiras están realmente cheas ou só o parece (imaxinade por exemplo que hai un cartón de gran volume na papeleira, a sensación que teríamos sería a de que a papeleira está chea, mais esa non sería a realidade), así que deste xeitos evítanse erros e moito tempo. Os técnicos instalaron estes sensores durante un curto período de tempo para poñer a proba o invento, e os resultados foron espectaculares. As zonas nas que se instalaron viron reducido o lixo nun 80%. Agora,  só queda agardar a que os sensores se instalen de maneira definitiva e por toda a cidade, iso si, esta nova técnica para axudar ao medioambiente non será nada barata, pois custaralle á cidade 26.000 euros!

imagen

Que opinades vós deste novo invento, compañeiros? Gustaríavos que se instalase tamén na vosa cidade? Que facedes vós no voso día a día para axudar ao noso planeta?

Fonte:  https://elpais.com/elpais/2019/04/08/ciencia/1554710887_763760.html

 

Un novo ADN

Como todos sabemos, o ADN está formado por 4 bases nitroxenadas: adenina, timina, citosina e guanina. Un equipo de científicos en Estados Unidos logrou engadir outras catro bases distintas as que chamaron Z, P, S e B. Estas novas bases foron creadas modificando as estruturas das 4 bases orixinais. Estas novas bases tamén se agrupan en parellas, igual que as outras, e xúntanse a Z coa P e a S coa B.

Segundo un experto, parece que aínda é moi pronto para falar dun novo código xenético porque este non corresponde a ningún cifrado de outras biomoléculas. Este ADN, denominado hachimoji (“oito letras” en xaponés), é capaz de producir ARN pero non existe unha tradución para as proteínas aínda que teoricamente isto é posible porque o coñecemento e a técnica xa foron desenvolvidos hai anos.

Ao incrementar o abecedario xenético, melloraron a capacidade de evolución do sistema. Creen que este novo ADN pode axudar a diagnosticar certas enfermidades, como o cáncer. Actualmente, aínda no foi probado nun sistema vivo.

  E vos que pensades? Creedes que isto dentro duns anos vai ser estudado nas aulas de bioloxía ou que vai ter gran importancia no campo da medicina?

   Fonte:https://elpais.com/elpais/2019/02/27/ciencia/1551299080_087335.html

 

Científicos “resucitan” a 32 porcos!

A día de hoxe a “resurrección” seméllasenos algo imposible, e, aínda que pode que algunhas persoas desexarían que existise, a realidade é ben distinta. Porén, agora un equipo de científicos en Estados Unidos, baixo a dirección dun neurólogo de sona, acaban de facer un descubrimento que pode supoñer un gran avance no campo de neurorresucitación. Estes científicos realizaron un experimento con 32 cabezas de porcos destinados á industria cárnica. Estes porcos levaban clinicamente mortos máis de 4 horas, porén, os científicos conseguiron, mediante un circuíto, facerlles chegar ao cerebro hemoglobina, osíxeno, nutrientes e algúns medicamentos. Unha vez feito isto, observaron que a actividade das células destes animais se restablecía, é dicir, as células estaban vivas de novo e consumían os mesmo nutrientes e osíxeno que consumirían outras en estado normal. Aínda así, os científicos apuntan que non había constancia de ondas cerebrais nin signos de consciencia, e, como eles apuntaron literalmente; “é un cerebro celularmente activo, mais non é un cerebro vivo”. Con todo, os expertos non descartan poder reestablecer a actividade cerebral normal algún día, o que sería verdadeiramente útil para aquelas persoas que sofren unha lesión cerebral grave. Cabe destacar que para realizar este experimento e para seguir coa investigación, os científicos deben pasar por un tribunal ético, xa que cabe a posibilidade de que os animais decapitados puideran chegar a ser conscientes nalgún momento da investigación, e, aínda que polo de agora iso non ocorreu, débese decidir se continuar coa experimentación aínda sendo conscientes dese risco.

 

Neste contexto, fágovos dúas preguntas, compañeiros. Credes que a resucitación será posible algún día? Cal é a vosa opinión respecto da utilización destes animais para a experimentación?

Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2019/04/17/5cb7561d21efa0ee748b4656.html

 

“Cambiar”o ADN comeza a ser posible!

Ata hai moi pouco tempo o feito de intentar facer algunha terapia mediante o ADN semellaba unha loucura, agora cada vez aumenta máis o número de estudos e investigacións que contemplan esta posibilidade. Fai pouco, realizouse en Estados Unidos unha técnica pioneira en todo o mundo con oito bebés acabados de nacer. Estes bebés naceron cun trastorno hereditario, grave e mortal como é a inmunodeficiencia asociada a un determinado xene. Si ben é certo que os pacientes afectados por este trastorno son escasos, os que o teñen contan con poucas posibilidades para sobrevivir, isto débese a que o seu sistema inmune non funciona correctamente, polo que calquera pequeno virus ou bacteria é extremadamente perigoso para eles.  Ata o de agora, o único tratamento que había para esta enfermidade era un transplante de medula ósea que debía proceder dun doante totalmente compatible. Como poderedes imaxinar, os casos nos que se atopaba un doante destas características non superaba o 20%, ademais, si a esto lle engadimos que despois do transplante a inmunidade dos pacientes só se restablecía parcialmente, poderemos observar que a técnica empregada non é en absoluto eficiente. Pola súa parte, a técnica empregada nos oito bebés, presentou numerosas melloras. O tratamento realizado centrouse en corrixir o erro xenético que causaba a enfermidade. Para isto, o que fixeron foi modificar os chamados lentivirus para que estes servisen como vehículo para a introdución de material xenético no ADN alterado dos pacientes. Os resultados que se obtiveron foron moi favorables, xa que nos oito pacientes se acadou o número adecuado de células inmunolóxicas. Os médicos recalcan que, polo de agora, a técnica aínda está en fase de proba e que se levou a cabo nun número moi reducido de pacientes, mais de continuar así, todo apunta a que este avance servirá para salvar moitas vidas.

Na miña opinión este é un importante avance e unha gran mellora no terreo da saúde, pois as persoas que nacen con este erro xenético terán a posibilidade de ter unha boa calidade de vida.

Cal é a vosa opinión sobre este avance? Credes que modificar o ADN pode traer algún inconveniente a longo prazo?

 Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/04/18/5cb7245c21efa0ba708b4631.html

 

Olímpic@s por 2ª vez!

 Aínda que a Olimpíada xa foi fai case catro meses, recordo ese día con especial emoción. Tal e como podedes ver nas nosas caras de felicidade, este ano ademais de ser o segundo que nós participamos, non viñemos coas mans baleiras!

A X edición da fase galega da Olimpíada de  Xeoloxía celebrouse o mércores 13 de febreiro na facultade de Bioloxía da USC. Ademais, este ano batéronse récords de participación, pois se o ano pasado na sede de Santiago eramos pouco máis de cincuenta participantes, este ano superouse o cento.

A Olimpíada dou comezo sobre as 11h cunha pequena presentación para despois continuar ata a hora de comer coa proba por equipos, que coma o ano pasado foi unha xincana polo campus na que tiñamos que responder unha serie de cuestións relacionadas coa xeoloxía. Como consecuencia do maior número de participación, este ano tívose que ampliar o percorrido para evitar as aglomeracións por iso nos deixaron máis tempo.

Ao rematar de comer, tivo lugar a proba tipo test das 15h as 16h, e mentres corrixían as probas dividímonos en grupos e realizamos diversas actividades: visitamos o herbario da universidade e o Instituto de Cerámica e amosáronnos unha presentación sobre científicas influentes.

Despois dunha longa espera, pois tardaron máis en corrixir porque eramos moitos, sobre as 18:15h comezou a entrega de premios. O primeiro premio que anunciaron foi o do mellor equipo, e para a nosa sorpresa fomos nós! A verdade e que non o esperabamos e levamos unha alegría enorme. A obtención deste premio é unha nova mostra do poder do traballo en equipo, unha maneira de aprender cooperando, pois sen as achegas que fixemos cada un de nós non teriamos gañado;  cada un/unha de nós aportou algo que nos achegou ata este éxito.

Teño que engadir, que mentres esperabamos a entrega de premios nos estabamos desesperando un pouco xa que ao día seguinte tiñamos exame de matemáticas, pero ao recibir a boa nova a alegría foi tal que nos esquecemos de todo.

Este, foi sen dúbida un día que recordaremos cun cariño moi especial!

 

Un paso adiante na ivestigación do cancro de páncreas

O cancro de páncreas é un dos tumores máis temidos, pois aínda que non é unha enfermidade moi frecuente, e un dos que máis mortalidade ten, e no noso país é o terceiro que causa más mortes. Isto é debido a que o seu avance é difícil de frear porque, xeralmente, detectase tarde e aínda non se desenvolveron armas efectivas que lle fagan fronte. Non obstante, científicos do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) acaban de presentar os resultados dunha prometedora investigación que, no futuro, podería cambiar ese panorama desolador.

Liderados por Mariano Barbacid, estes investigadores conseguiron a remisión do tipo máis frecuente e tamén máis agresivo deste tumor, en modelos experimentais de rato. Lográrono inhibindo en conxunto dúas das vías que emprega o cancro para medrar e que están detrás de máis do 90% destes tumores de páncreas. Os científicos probaran previamente os efectos da eliminación por separado destas vías, pero non observaron ningún beneficio; pero a eliminación xénica combinada produciu en aproximadamente a metade dos animais tratados unha gran efectividade: os tumores non só deixaban de crecer, senón que ao cabo dunhas semanas desaparecían por completo. Ademais, esta estratexia non produciu apenas efectos secundarios, só “unha dermatite facilmente controlable”.

É a primeira vez que se observa a desaparición dun cancro de páncreas avanzado nun modelo experimental. Mais, Mariano Barbacid quixo subliñar na presentación do estudo ante os medios que iso non significa que poida lograrse o mesmo en humanos a corto prazo. “Preocúpame crear falsas esperanzas” sinalou. “Quero deixar claro que o noso achado non vai servir as persoas que hoxe en día teñen cancro de páncreas”. A súa aplicación clínica, prognosticou, estará dispoñible “como mínimo en cinco ou dez anos”.

Sen dúbida unha esperanzadora nova aínda que haxa que esperar para ver os resultados en persoas que padecen esta enfermidade. E vos que pensades? Credes que se se investira máis diñeiro en investigacións oncolóxicas poderíanse obter resultados máis rápido?

imagen

 Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/04/09/5cac7b88fdddff4d1b8b4584.html

 

De que cor son as vogais?

imagen

Investigadores dunha universidade dos Países Baixos levaron a cabo un estudo que demostra que a maioría de xente relaciona as vogais coas mesmas cores, teñan ou non sinestesia, que é a experimentación de dous sentidos mesturados entre eles, como por exemplo “ver” sons.

No estudo foron entrevistadas 1.000 persoas, ás que se lle pediu que asignaran a cada vogal unha cor. Os investigadores déronse conta de que a maioría de individuos relacionaban as vogais coas mesmas cores. Entre os suxeitos había persoas con sinestesia, que asignaban con máis precisión as cores coas vogais.

Así, a letra ‘A’ adoitase relacionar co vermello, rosa ou laranxa; o ‘E’ co verde ou laranxa; o ‘I’ co verde e amarelo; o ‘O’ co azul e morado e o ‘U’, co azul ou vermello.

Mark Dingemanse, un dos autores do estudo, declara que “parece que hai algunha lóxica na que conectamos sons e cores, e a estrutura da linguaxe ten un papel importante neste proceso”. O estudo mostra que asociamos cores claras (amarelo, verde) con vogais que producimos na parte frontal da boca. As cores escuras (vermello, marrón, azul) asócianse coas vogais xeradas na parte traseira da boca.

Á dereita podedes ver o esquema de vogais e cores con persoas con sinestesia, á esquerda, o de persoas sen esta particularidade.

imagen

Este estudo sorprendeume moito, pois nunca pensara en que as letras puideran ter cores. E vos que opinades? Pensarades algún día na cor das vogais? Identificádelas coas mesmas cores ca o estudo?

Fonte: https://www.20minutos.es/noticia/3614944/0/color-nombre-estudio-relaciona-vocales-colores/#xtor=AD-15&xts=467263

 

A mala alimentación, a asasina máis letal

Unha de cada cinco mortes en todo o mundo está causada por una mala alimentación. As dietas pouco saudables xa son responsables de máis falecementos a escala global que o tabaco ou outros factores de risco. Segundo un estudo publicado na revista “The Lancet” no que participaron uns 130 científicos de case 40 países, confírmase que as infeccións e os problemas conxénitos xa non son as principais causas de mortalidade, e que aumentan as mortes por enfermidades cardiovasculares, cancro e diabetes.

Os malos hábitos de vida convertéronse na maior ameaza para a saúde mundial, especialmente as dietas desequilibradas, responsables de case 11 millóns de mortes en 2017. Ademais das tres causas principais de mortalidade xa citadas, hai que engadir as doenzas renais, que están relacionadas coa dieta.

imagen

“A mala alimentación é un asasino que non fai distincións”, advirte o doutor Ashkan Afshin, principal autor do artigo; e segundo di estes riscos afectan de forma similar a toda a poboación, independentemente do nivel de desenvolvemento e de poder e económico.

O estudo centrouse en factores directamente relacionados coa alimentación e non tivo en conta aspectos como a obesidade ou o sedentarismo, e sinala que tres factores dietéticos representan máis do 50% das mortes: a baixa inxestión de cereais integrais e froitas e o alto consumo de sodio (polo exceso de sal). O resto de mortes relaciónanse coa presenza excesiva de carnes vermellas, carnes procesadas, bebidas azucradas e graxas trans.

Aínda que España se atopa entre os países con menor mortalidade por riscos alimenticios, o estudo revela que aínda hai marxe de mellora, pois temos datos positivos no consumo de alimentos saudables como as verduras, pero están por debaixo en cereais integrais.

E vós que opinades? Sabiades que a mala alimentacións pode ser a causante de tantas mortes?

Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/04/04/5ca5004121efa0876a8b466a.html

 

Coñecedes á mona Grady?

 Hoxe en día, máis do 70% de nenos con cáncer logran “sobrevivir” pero aproximadamente un 30% será infértil ao chegar a idade adulta, xa que o seu esperma non é capaz de fecundar debido aos tratamentos (quimioterapia) que destrúen esas células reprodutoras. Porén unha investigación dunha universidade de Pittsburgh descubriu unha solución para que eses nenos poidan ser fértiles.

O proceso chamado, intervención masiva, que fixeron foi que criopreservación, é dicir, conxelan a baixas temperaturas, tecido testicular de macacos rhesus xovénes para producir esperma. Despois cando se acercan a puberdade volven a implantalo e mantívose alí durante 12 meses. Logo ao volvelo extraer comprobaron que, gracias a testosterona do tecido testicular dos monos (que foron castrados) foron capaces de producir esperma. Finalmente, fertilizaron 138 óvulos, conseguindo un 40% de embrións viables. Implantaron 11 de eles en femias de macacos e un deles converteuse nun embarazo. Aí foi cando naceu a mona chamada Grady, iso, quere dicir que foi posible preservar a fertilidade.

imagen

Os investigadores xa pensaron na técnica de uso para as persoas, pero solo valería para aqueles que teñen o risco de azoospermia (ausencia de espermatozoides maior). Ademais, isto non remata aquí, agora os investigadores teñen que comprobar si é igualmente efectiva nos individuos que conservan os testículos e se ao implantar o tecido previamente criopreservado poidan volver implantarse células canceríxenas.

O risco de infertilidade é un problema en pacientes oncolóxicos prepúberes, non vos parece un gran avance para a ciencia? Que opinades disto? Será aplicable pronto para as persoas que teñan esta enfermidade? Non vos parece preciosa Grady?

Fonte: El Mundo

 

As tartarugas en perigo de extinción?

Un estudo realizado por sete investigadores de Canadá, Estados Unidos e Sudáfrica afirman que debido ao aumento das temperaturas as proporcións de machos e femias nas poboacións de tartarugas pintadas van a variar.

Resultado de imagen de tortugas pintadas

O sexo nas tartarugas  pintadas depende da temperatura ambiente mentres se encontran dentro do ovo. Se están expostos a temperaturas máis cálidas, tenderán a producirse femias, en cambio a temperaturas máis frías facilitan que nazan machos. Polo tanto o incremento das temperaturas elevaría a proporción de femias ao nacer e produciríase un colapso na poboación e posiblemente a extinción da especie. Isto mesmo tamén ocorre nalgunhas especies de crocodilos, lagartos e tuátaras.

Esta noticia pareceume bastante seria xa que o tema do cambio climático parecía que nos ía a afectar nun futuro, pero xa está aquí!

Fonte: El país