“Cambiar”o ADN comeza a ser posible!

Ata hai moi pouco tempo o feito de intentar facer algunha terapia mediante o ADN semellaba unha loucura, agora cada vez aumenta máis o número de estudos e investigacións que contemplan esta posibilidade. Fai pouco, realizouse en Estados Unidos unha técnica pioneira en todo o mundo con oito bebés acabados de nacer. Estes bebés naceron cun trastorno hereditario, grave e mortal como é a inmunodeficiencia asociada a un determinado xene. Si ben é certo que os pacientes afectados por este trastorno son escasos, os que o teñen contan con poucas posibilidades para sobrevivir, isto débese a que o seu sistema inmune non funciona correctamente, polo que calquera pequeno virus ou bacteria é extremadamente perigoso para eles.  Ata o de agora, o único tratamento que había para esta enfermidade era un transplante de medula ósea que debía proceder dun doante totalmente compatible. Como poderedes imaxinar, os casos nos que se atopaba un doante destas características non superaba o 20%, ademais, si a esto lle engadimos que despois do transplante a inmunidade dos pacientes só se restablecía parcialmente, poderemos observar que a técnica empregada non é en absoluto eficiente. Pola súa parte, a técnica empregada nos oito bebés, presentou numerosas melloras. O tratamento realizado centrouse en corrixir o erro xenético que causaba a enfermidade. Para isto, o que fixeron foi modificar os chamados lentivirus para que estes servisen como vehículo para a introdución de material xenético no ADN alterado dos pacientes. Os resultados que se obtiveron foron moi favorables, xa que nos oito pacientes se acadou o número adecuado de células inmunolóxicas. Os médicos recalcan que, polo de agora, a técnica aínda está en fase de proba e que se levou a cabo nun número moi reducido de pacientes, mais de continuar así, todo apunta a que este avance servirá para salvar moitas vidas.

Na miña opinión este é un importante avance e unha gran mellora no terreo da saúde, pois as persoas que nacen con este erro xenético terán a posibilidade de ter unha boa calidade de vida.

Cal é a vosa opinión sobre este avance? Credes que modificar o ADN pode traer algún inconveniente a longo prazo?

 Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/04/18/5cb7245c21efa0ba708b4631.html

 

Tags: , ,

Unha resposta a ““Cambiar”o ADN comeza a ser posible!”

  1. antia.br Dixo:

    Que boa noticia! É increíbel pensar que persoas cuxa esperanza de vida era mínima, poidan chegar a gozar dunha vida completamente normal. O feito de que se poida chegar a cambiar o ADN para curar enfermidades resulta un éxito para a ciencia. Deste xeito, as persoas que padezan transtornos xenéticos que non teñen cura ou que esta é moi complexa, poderían someterse a esta técnica que solucionaría os seus problemas de maneira máis rápida e eficaz. Para que isto sexa posible, é necesario continuar coa investigación, e probar esta técnica en novos doentes para ver se os resultados seguen a ser favorables.
    Con respecto aos inconvenientes, penso que non terá ningún se se realiza co fin axeitado, pero se se comeza a cambiar o ADN de maneira irresponsable si poden chegar a aparecer problemas.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.