A intelixencia artificial ao rescate do medioambiente

Como todos sabemos, a situación do medio natural é grave. Se queremos conservar o planeta, todos e cada un de nós debemos esforzarnos con xestos diarios. Reciclar, por exemplo, é unha das pautas básicas para axudar ao planeta, mais non tirar lixo ao chan é igual ou aínda máis importante. Pero… que ocorre cando nunha gran cidade o sistema de recollida de lixo é ineficiente e a situación escapa ao noso control? Pois ben, precisamente iso é o que ocorría na cidade de San Francisco ata hai ben pouco. As papeleiras desta cidade desbordaban continuamente, contaminando o ambiente e sen que os servizos de recollida de lixo puideran facer nada. Agora, Manuel Maestrini acaba de crear uns aparellos que poderían acabar con estes problemas. Trátase duns sensores que detectan cando unha papeleira precisa ser baleirada. Os sensores dispóñense en todas as papeleiras da cidade e recollen datos que son filtrados posteriormente por un algoritmo. Deste modo, pódese coñecer facilmente as horas do día e os puntos da cidade nas que o lixo se volve masivo, e, polo tanto, é posible trazar rutas máis rápidas e eficientes para os vertedoiros. Pero non pensedes que isto é todo, se non que os sensores tamén son quen de interpretar se as papeleiras están realmente cheas ou só o parece (imaxinade por exemplo que hai un cartón de gran volume na papeleira, a sensación que teríamos sería a de que a papeleira está chea, mais esa non sería a realidade), así que deste xeitos evítanse erros e moito tempo. Os técnicos instalaron estes sensores durante un curto período de tempo para poñer a proba o invento, e os resultados foron espectaculares. As zonas nas que se instalaron viron reducido o lixo nun 80%. Agora,  só queda agardar a que os sensores se instalen de maneira definitiva e por toda a cidade, iso si, esta nova técnica para axudar ao medioambiente non será nada barata, pois custaralle á cidade 26.000 euros!

imagen

Que opinades vós deste novo invento, compañeiros? Gustaríavos que se instalase tamén na vosa cidade? Que facedes vós no voso día a día para axudar ao noso planeta?

Fonte:  https://elpais.com/elpais/2019/04/08/ciencia/1554710887_763760.html

 

Tags: , ,

Unha resposta a “A intelixencia artificial ao rescate do medioambiente”

  1. antia.br Dixo:

    Esta é unha iniciativa verdadeiramente innovadora e que parece bastante efectiva. Cada vez máis cidades buscan diferentes alternativas para frear a contaminación e contribuír á mellora do noso planeta. O proxecto que se está levando a cabo en San Francisco, permite rematar cun dos principais problemas do lixo nas cidades. Sen dúbida esta é unha boa solución para evitar que a basura se acumule nas cidades. Ademais os seus inventores pensaron en todos os inconvenientes que puideran xurdir e puxéronnlle solución a cada un deles, como no exemplo que Tania puxo sobre a detección dun cartón grande, deste modo esta medida é moito máis eficaz. A moit@s pódeslle parecer unha medida cara, pero todo o diñeiro que se gaste en salvar o planeta, é un diñeiro ben invertido; e máis cidades deberían instalar esta medida e pensar noutras. E nós como cidadáns e cidadás debemos coidar o planeta desde os nosos xestos na casa ata as accións que levamos a cabo na rúa.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.