Un paso adiante na ivestigación do cancro de páncreas

O cancro de páncreas é un dos tumores máis temidos, pois aínda que non é unha enfermidade moi frecuente, e un dos que máis mortalidade ten, e no noso país é o terceiro que causa más mortes. Isto é debido a que o seu avance é difícil de frear porque, xeralmente, detectase tarde e aínda non se desenvolveron armas efectivas que lle fagan fronte. Non obstante, científicos do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) acaban de presentar os resultados dunha prometedora investigación que, no futuro, podería cambiar ese panorama desolador.

Liderados por Mariano Barbacid, estes investigadores conseguiron a remisión do tipo máis frecuente e tamén máis agresivo deste tumor, en modelos experimentais de rato. Lográrono inhibindo en conxunto dúas das vías que emprega o cancro para medrar e que están detrás de máis do 90% destes tumores de páncreas. Os científicos probaran previamente os efectos da eliminación por separado destas vías, pero non observaron ningún beneficio; pero a eliminación xénica combinada produciu en aproximadamente a metade dos animais tratados unha gran efectividade: os tumores non só deixaban de crecer, senón que ao cabo dunhas semanas desaparecían por completo. Ademais, esta estratexia non produciu apenas efectos secundarios, só “unha dermatite facilmente controlable”.

É a primeira vez que se observa a desaparición dun cancro de páncreas avanzado nun modelo experimental. Mais, Mariano Barbacid quixo subliñar na presentación do estudo ante os medios que iso non significa que poida lograrse o mesmo en humanos a corto prazo. “Preocúpame crear falsas esperanzas” sinalou. “Quero deixar claro que o noso achado non vai servir as persoas que hoxe en día teñen cancro de páncreas”. A súa aplicación clínica, prognosticou, estará dispoñible “como mínimo en cinco ou dez anos”.

Sen dúbida unha esperanzadora nova aínda que haxa que esperar para ver os resultados en persoas que padecen esta enfermidade. E vos que pensades? Credes que se se investira máis diñeiro en investigacións oncolóxicas poderíanse obter resultados máis rápido?

imagen

 Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/04/09/5cac7b88fdddff4d1b8b4584.html

 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.