Os Koalas están funcionalmente extintos?Ou non?

Como ben sabedes estes días empezou a arder Australia, aínda non se sabe exactamente cantos Koalas morreron e cantos sobreviviron, pero os informes indican que morreron uns 350 e 1000, ata a actualidade. A Lista Vermella da Unión de Conservación Internacional di que a poboación de koalas está en declive e vulnerable, pero non está en perigo de extinción non obstante, moitos expertos din que estamos esaxerando coa palabra extinción.

Hai moitas noticias na que falan de isto, pero hai outra que din que estas noticias son falsas. Os koalas poden morrer por calquera circunstancia, pero tardarán moito en extinguirse.

E agora seguro que non sabedes que opinar non? Vale, a palabra funcionalmente extinta indica que xa non hai individuos  suficientes para producir xeracións futuras, e no caso dos koalas iso non sucede. Hai millóns de koalas reproducíndose en Zoos especiais.

Asi que vos que pensades con este tema, estaranse extinguindo ou non?

 

imagen

FONTE: Primera Edición e Nacional Geographic

 

A verdade sobre a suposta existencia do megalodón nos nosos tempos

 Antes de comezar, debémonos preguntar o seguinte: que é o megalodón?

O megalodón (Carcharodon Megalodon) é o peixe da familia dos escualos máis grande que se coñece, os máis grandes podían medir 20 m e pesar 60 toneladas, mentres que os máis pequenos podían medir 11 m e pesar 13 toneladas, ademais de que cada un dos seus dentes alcanzaban os 18 cm. Pertence ao mesmo xénero que o gran tiburón branco (Carcharadon Carcharius) anque ambas especies non están relacionadas directamente. Viviu entre o Oligoceno e o Plioceno no que hoxe coñecemos como América, Australia, Asia e as Illas Canarias. Sabendo isto, podemos comezar.

Hoxe en día existen moitas lendas urbanas falsas sobre a suposta existencia do megalodón en zonas como o máis profundo da Fosa das Marianas, como podemos estar tan seguros da súa falsidade? Debido a varias razóns:

A primeira e a máis obvia é que o megalodón é un peixe de augas cálidas e pouco profundas, polo que en primeiro lugar, a teoría conspirativa sobre que o megalodón atópase no máis profundo da Fosa das Marianas, queda completamente obsoleta xa que lle sería imposible vivir nun entorno tan hostil coa súa anatomía.

A segunda é a falta de alimento, o megalodón é un verdadeiro monstro mariño, polo que necesita de enormes cantidades de alimento para poder sobrevivir. O megalodón no seu tempo alimentábase das baleas Piscobalaena nana e a Piscophoca pacífica, que sufriron un colapso que provocou a súa extinción e por consecuencia a do megalodón ao non poderen encontrar un substituto. Se o megalodón vivise nos nosos tempos, non só deixaría un rastro de cadáveres inconfundibles ao seu paso, senón que nin sequera podería sobrevivir alimentándose das especies mariñas que coñecemos hoxe en día.

A terceira e que non coñecemos animais vertebrados que viviran tanto tempo como dende a extinción do megalodón (obviando ao celacanto que é un peixe que críase extinto ata hai pouco). A razón disto é que para que hoxe en día puidera existir un megalodón, tería que nacer nunha poboación de centos, incluso de miles! Para que o seu nivel xenético e ecolóxico sea estable, e por suposto non existe ecosistema no noso planeta capaz de soportar semellante aberración.

E a última é a total ausencia de restos actuais, os escualos posúen unha característica, que é que cáenselle os dentes moi a miúdo pero o seu corpo os rexenera, sabendo isto, como é posible que non tiveramos encontrado ningún tendo en conta que miden 18 cm! Ademais de que as súas marcas de mordedura sexan inconfundibles e a día de hoxe non hai ningún avistamento.

 Sí, o océano é un territorio practicamente descoñecido e moi fascinante que agarda criaturas e misterios que escapan do noso control, pero non hai indicios de que o megalodón nos nosos días sexa un deles.

Aínda despois disto seguides pensando que o megalodón podería existir actualmente e estar nadando libremente mentres ti les estas liñas?

 

Resultado de imagen de megalodon esquema

Fonte: es.gizmodo.com

 

 

 

Un cancro que xa non é cancro!

O Comité Ibérico de Tumores Tiroideos abordou no hospital de Santiago as últimas novidades sobre un tumor desta glándula denominado NIFPT que ata fai dous anos era considerado como un cancro e agora se trata como un tumor benigno. O CHUS está considerado como un centro relevante nesta patoloxía, pois no servizo de anatomía patolóxica  exercen José Manuel Cameselle e Ihab Abdulkader, considerados expertos da OMS, os cales interviñeron na reunión. En España só hai outro centro máis con esa condecoración.

imagen

A xerencia da área sanitaria destaca que o cancro de tiroides é un dos que máis aumenta. Un estudo da endocrinóloga Gemma Rodríguez Carnero na área sanitaria concluíu que entre os anos 2006 e 2010 se diagnosticaron 250 casos. Non obstante, entre o 2011 e o 2015 diagnosticáronse 392. Esas cifras indican un incremento en cinco anos de case un 57%. O 76% dos casos detectáronse en mulleres, cunha media de idade de 52 anos.

“ Afortunadamente, exceptúase o tipo de carcinoma indiferenciado, que é un dos cancros humanos máis letais, a maioría dos pacientes (máis do 95%) estarán vivos e ben ós 10 anos do diagnóstico”, destaca a xerencia. “No Hospital Clínico realízanse máis de 200 intervencións cirúrxicas de tiroides anuais, que examina o servizo de Anatomía Patolóxica, onde tamén se diagnostican máis de 500 citoloxías realizadas mediante punción-aspiración”, agrega a xerencia da área sanitaria.

Sen dúbida unha boa e sorprendente noticia como un cancro pasa a ser tratado como un tumor benigno. E vos que pensades? Credes que podería pasar o mesmo con outros cancros?

Fonte: La Voz de Galicia

 

Estanos saíndo un corno no cranio!

Varias persoas chegaron á consulta do seu médico nos últimos días preguntando se, realmente, podían ter un “corno” na cabeza.  Pasou en Galicia e non deixa de ser unha anécdota, si, pero, é posible? A alerta dérona os medios de comunicación de todo o mundo facéndose eco de dous estudos. O último, saíu á luz no ano 2018 na revista Nature, foi rescatado pola BBC que publicou un artigo titulado: Como a vida moderna está transformando o esqueleto humano.

imagen

No punto de mira está David Shahar, un investigador dunha universidade australiana, que concluíu que ese corno “estaría vinculado a posturas sostidas asociadas coa aparición e o uso extensivo de tecnoloxías contemporáneas de man, como os teléfonos intelixentes e as tabletas”. Tamén dixo que “os nosos achados tráennos unha preocupación sobre a futura saúde musculoesquelética da poboación adulta moza e reforzan as necesidades dunha intervención de prevención a través da educación para mellorar a postura”.

Shahar estudou xunto ao seu equipo 1200 radiografías dos cranios de varios pacientes de entre 18 e 86 anos. Inesperadamente, a aparición do “corno” foi maior no grupo de 18 a 30 anos. O novo óso máis longo que acharon foi de 3cm nun home e de 2,7 nunha muller. A explicación que atoparon está na vida moderna. Na postura encurvada que usamos para mirar as pantallas, cada vez, durante máis tempo.

Que pasa en realidade? Propiamente falando, non é un corno, é unha protuberancia occipital externa e non é algo novo. “Trátase do que coñecemos como exostose que se forma debido a un sobreuso muscular. Claro que é posible que apareza, pero non sabemos se é debido as novas tecnoloxías”, comenta Vanessa González Vilariño, traumatóloga dun hospital de A Coruña.

A cabeza promedio peso ao redor de 4,5 quilos. Ao mirar o móbil, estiramos o pescozo cara diante. O que sucede, é que os músculos que conectan o lombo coa cabeza se tensan e “deféndense” creando novas capas de tecido óseo; polo que si que podemos ter ese mal chamado “corno”, e incluso, poderiamos chegar a tocalo dependendo da lonxitude que teña. Pero todo isto está moi lonxe de formar parte da evolución do ser humano, pois trátase de algo adaptativo, e como di a doutora “ É algo adquirido e nin sequera é beneficioso. Por ter ese óso non mellora o noso alcance ou equilibrio. Tampouco, en principio, é prexudicial. O único que nos indica é que debemos mellorar a hixiene postural”.

E vos que opinades sobre este descubrimento? Credes que nos deberían ensinar máis sobre o correcto uso das novas tecnoloxías? E ensinarnos máis sobre o mantemento dunha boa hixiene postural?

Fonte: La Voz de Galicia

 

O CÁNCER DE FÍGADO TEN OS DÍAS CONTADOS!!!

Os enfermos de cáncer de fígado benefícianse dende hai uns meses dunha nova técnica gracias á cal poden salvar as súas vidas.No fígado hai numerosos vasos sanguíneos que dificultan as operación. Cando o tumor está pegado a un deses vasos o sangue non circula ben, o cal é incompatible coa vida. As probas de diagnóstico por imaxe non deixan facerse una idea aos médicos do que se poden encontrar nas intervencións.

Isto acaba de solucionarse cunha nova técnica que permite reconstruír o fígado en tres dimensións. Fáiselle un TAC e unha resonancia ao paciente e a partir de aí cunha impresora 3D imprímese un fígado de resina idéntico ó do enfermo que os médicos poden meter no quirófano no momento da intervención. Así a operación é máis rápida e eficaz e tamén menos molesta para o paciente xa que pode realizarse por laparoscopia.

imagen

Esta noticia chamou moito a miña atención xa que o ano pasado perdín ao meu avó por un tumor deste tipo.  Para el este descubrimento chegou tarde pero para outras persoas que padecen esta terrible enfermidade pode significar seguir vivindo. Oxalá esta nova técnica teña moito éxito e poida ser útil tamén noutros tipos de tumores.

Hoxe en día todos temos algún familiar, amigo ou coñecido que está loitando  contra o cáncer. Non vos parece marabilloso que se descubran novas técnicas coma esta que signifiquen unha esperanza tanto para o enfermo coma para os seus seres queridos?

FONTE: el español

 

Antibióticos modernos!

Os antibióticos son o principal medio para loitar contra as infeccións bacterianas. Un dos efectos negativos dos antibióticos é que atacan de maneira indiscriminada a case todas a bacterias do noso corpo,  incluídas as beneficiosas para o noso organismo.

Un grupo de  investigadores acaba de deseñar un novo tipo de antibiótico programable que só ataca as ”bacterias malas” e que evita a aparición de resistencias. Este antibiótico posúe “bacterias sentinelas” programadas para activarse e matar só cando recoñece unha bacteria mala , xa sexa virulenta ou resistente a antibióticos . Este mecanismo de activación selectiva é posible gracias a una molécula denominada “inteína” para a cal o instituto Pasteur solicitou unha patente.

imagen

O antibiótico probouse con peixes  infectados con cólera e logrou eliminar a enfermidade sen afectar a outras bacterias beneficiosas. Isto é relevante xa que o cólera afecta a máis dun millón de persoas cada ano e pode ocasionar a morte nos casos graves.

Pero sin dúbida a mellor noticia é que os científicos pensan que quizais este descubrimento sexa un precedente para atopar un axente anticanceríxeno.

Non vos parece que isto abre moitos camiños para acabar con moitas enfermidades que hoxe en día son difíciles de tratar sen prexudicar a saúde do paciente?

FONTE: ABC

 

A contaminación ambiental está cambiando a cor do pelo dos monos?

Nunha zona moi concreta de Costa Rica están aparecendo monos ouladores de cor amarela.

imagen

Os científicos relacionan este feito coa contaminación ambiental procedente dalgún agroquímico rico en xofre utilizado nunha  zona moi concreta de monocultivos.O estudo levouse a cabo en España, no CSIC, xa que en Costa Rica non contan con expertos na materia, nin co equipamento necesario.

Analizáronse as proteínas presentes nas mostras de pelo amarelo procedente dun dos primates e atopouse que a eumelanina (pigmento responsable da cor escura nos animais) tiña incorporado na súa composición química grupos de xofres e convertérase en feomelanina (pigmento de cor amarela).

Os científicos aínda non contan con probas definitivas sobre estes feitos. Pero, que pensades? Serán os humanos da zona os seguintes en cambiar de cor? Os primates amarelos xa son máis vulnerables para os depredadores, se os humanos da zona se volven loiros e de pel branca serán máis propensos a padecer un cancro de pel?

Fonte:  https://noticiasdelaciencia.com/art/32837/el-misterio-de-los-monos-amarillo

 

Fomos os Homo Sapiens os primeiros en conquistar o “teito do mundo”?

Os científicos chinos e europeos identificaron un fósil que foi encontrado no ano 1980 na cova de Baishiya, que se sitúa na provincia China de Gansu. O fósil que se encontrou son restos da metade da mandíbula inferior e dous molares de un denisovano adolescente dun sexo descoñecido que viviu fai menos de 160.000 anos.

Os denisovanos son unha especie humana con unha cabeza moi grande, os arcos das cellas moi marcados, dentes voluminosos e fronte huidiza descuberta en 2010, que poboou Asia fai miles de anos e ca que os Homo Sapiens tiveron sexo e fillos cando se encontraron, fai aproximadamente 100.000 anos. Froito dos cruces de estas dúas especies, hai unhas gotas do ADN denisovano nos asiáticos, nos nativos americanos e nos habitantes de Oceanía.

Ata agora críase que os Homo sapiens foran os primeiros en ocupar a meseta do Tíbet, ou tamén chamado o teito do mundo, pero o traballo que se realizou na Universidade de Lanzhou coa axuda do equipo de Hublin comprobou, extraendo secuencias de coláxeno de un dos dentes do fósil, que a secuencia de aminoácidos degradada parecía da especie dos denisovanos. Esto, aparte de implicar que non fomos a primeira especie que conquistamos a meseta, quere dicir que probablemente foran os denisovanos os que nos pasaran aos Homo sapiens algunhas variantes xenéticas necesarias para poder sobrevivir en un entorno con pouco osíxeno.

 

imagen

Esta noticia pareceume interesante xa que nunca se me pasara pola cabeza que outra especie conquistara a meseta antes que os Homo sapiens nin que nos pasara as variantes xenéticas para sobrevivir en contornos con pouco osíxeno. A vos que vos parece? Algunha vez pensastes en nisto?

 

Os pulmóns artificiais de París

Nun futuro, París terase que enfrontar á redución do uso do transporte contaminante e por suposto á contaminación ambiental xa que un cuarto das emisións de CO2 alí, son por parte de coches. Contra este feito, no canle Saint-Martin pasouse á acción dunha maneira pacífica e reivindicando a beleza.

A xove emprendedora Katarina Dear, especialista no uso de plantas para purificar auga e aire, desenrolou un proxecto que consiste na instalación de pequenas embarcacións, que son plataformas descontaminantes. Trátase dunha plataforma feita con material reciclado sobre a que hai terra na que se plantaron plantas para que as súas raíces somerxidas recubertas por bacterias sirvan como un filtro para atacar a calquera elemento contaminante, por exemplo, os metais pesados.

Katarina é a fundadora da asociación Nature&Us cuxo obxectivo é reconectar as persoas ca natureza. Tamén participou xunto con outras 10 mulleres no programa Womens4Climate, que loita contra o cambio climático. Ela iniciou este proxecto debido á fascinación que ten por protexer o planeta e polas expedicións que realizou o comandante Cousteau, que dicía “a xente protexe aquelo que quere. Pero só quere aquelo que coñece”

A miña conclusión é que debería haber un maior número de xente como esta emprendedora xa que agora mesmo non podemos frear o cambio climático, senón adaptarnos a el e minimizar os seus efectos no noso día a día. Paréceme unha iniciativa moi intelixente para limpar as augas deste canle, ademais de que todo sexa de forma ecolóxica e non contaminante. A min gustaríame participar nunha destas iniciativas, e a ti?

Fonte: El país. 7/04/2019

imagen

 

A INVASIÓN DUN NOVO FUNGO

Compañeiros e compañeiras, seguramente que a maioría de vós non escoitastes  falar do fungo Candida auris, pois xa hai máis de 400000 persoas hospitalizadas en 52 países diferentes. Segundo as últimas actualizacións realizadas polos Centros de Control e Prevención de Enfermidades estadounidense (CDC),  en países como  Austria, Bélxica, Irán, Malasia, Países Baixos etc. xa hai unha persoa afectada e en Australia, Canadá, China, Colombia, Francia, Alemania, India, Israel, España e nalgún país máis producíronse diversos casos nos últimos anos.

imagen

 Este fungo é moi resistente aos medicamentos  e  moi daniño para a nosa saúde, porque os pacientes que a padecen falecen nun período de tempo moi curto. Está a estudarse en que circunstancias aparece e o seu tratamento. Provoca dor de cabeza, fatiga e febre, pode chegar a provocar infeccións nas feridas e otite.

  • Sabiades  a existencia deste fungo?  Que medida preventivas utilizariades?

FONTE:https://www.antena3.com/noticias/salud/candida-auris-hongo-que-preocupa-medicos-todo-mundo-registrado-paises_201904145cb320410cf2d4502c715324.html