Que causa o insomnio?

É hora de deitarse e o corpo pídeche descanso, cerras as pálpebras e o corpo reláxase… pero a  sensación de desconexión só dura un instante. Unha vez máis, o insomnio aparece e sabes que pasará contigo toda a noite.

Entre un 10% e un 20% da poboación mundial ten problemas para iniciar o sono, espertan a miúdo ou demasiado pronto. Aínda que hai diversos factores ambientais, como o estrés, o abuso do alcohol ou outras substancias psicoactivas, estudos con xemelgos demostraron que boa parte do problema está nos xenes.

Resultado de imagen de insomnio

Realizáronse dous estudos independentes con datos combinados de case 1,8 millóns de persoas para demostrar a complexa base xenética do insomnio. Ambos estudos descubriron que parte destes xenes interveñen na función dos axóns cando levan o impulso nervioso as células xa que o realizan en exceso.

Pareceume unha noticia interesante porque nunca cheguei a pensar que o insomnio estaba relacionado cos xenes, senón por outras causas. A que vos nunca pensastes que puidera ser causado por iso?

Fonte: El país

 

Morre unha balea despois de tragar 40 kilos de plástico

Un equipo de biólogos, en Filipinas, descobren dentro do estómago desta balea un enorme vertedoiro, 40 quilos de bolsas de plástico. Este equipo de biólogos descubrírono cando xa estaban a investigar a causa de morte  dun cetáceo nesa mesma costa. Afirman que esta balea contén a maior cantidade de plástico que eles viron ata o momento.

Resultado de imagen de ballena muerta por plastico

Nos últimos dez anos xa se encontraron 57 baleas e delfíns mortos por inxestión de plásticos e outros tipos de lixo. O dano que o plástico lle causa aos animais mariños é moi grave, eles reducen o consumo de comida e prodúcenselles úlceras e perforacións nos seus órganos dixestivos, e en moitos casos estas lesións acaban na morte.

Eu penso que o Goberno debería tomar a iniciativa contra quen seguen tratando  as vías acuáticas e os océanos como vertedoiros. Desde 1960 ata 2015 isto multiplicouse por 200 e aínda que os principais produtores de plástico sexan os países desenvoltos, os de ingresos medios e os baixos xestiónano peor e contaminan máis.

Hai que solucionar este problema canto antes, vos que pensades ao respecto?

Fonte: El país

 

Houbo máis dun berce da Humanidade?

Fai 2,6 millóns de anos, un primate excepcional tivo a brillante idea de recoller un canto rodado, mentres camiñaba pola ribeira dun río no Gran Val do Rift en África, e tallalo a golpes ata obter un fío cortante co que poder facer anacos a carne dos animais. Esa primeira tecnoloxía tan rudimentaria e sinxela era abandonada polos seus creadores ao rematar de usala, o que supuxo un salto na conciencia humana. Xa non estabamos ligados á selección natural, a diferenza das demais criaturas do planeta. A nosa forza xa non dependía só das mans que apertaran e dos dentes que morderan. Tiñamos coitelos para cortar e rebandar.

imagen

 Ata agora, criase que tivo que transcorrer moito tempo ata que, a través de migracións, a mesma escena se reproducise no resto do continente nai. Non obstante, segundo un novo estudo, publicado na revista “Science” e dirixido por un equipo do Centro Nacional de Investigación para a Evolución Humana (CENIEH), suxire que esa revolución non ocorreu só una vez en nun único lugar.

Os científicos descubriron por primeira vez en Arxelia, a miles de quilómetros das fosas tectónicas do leste do continente nai, utensilios de pedra e carnicería de fai 2,4 millóns de anos. O achado indica que xa entón había homínidos na rexión, o que reescribe un importante capítulo da prehistoria e apoia a idea, como xa sospeitaban moitos investigadores, de que puido existir máis dun berce da humanidade.

imagen

 Tras máis de dez anos de duras escavacións nun xacemento arxelino, os científicos desenterraron 22 metros de sedimentos ata dar cunha vintena de artefactos tallados e múltiples ósos con marcas de corte en dous niveis, un de 2,4 millóns de anos e outro de 1,8 millóns, os investigadores dataron o lugar con modernas técnicas de paleomagnetismo e resonancia paramagnética electrónica, unha antigüidade que corroboraron coa dos animais atopados nas inmediacións.

https://www.abc.es/ciencia/abci-descubren-argelia-nueva-cuna-humanidad-201811292006_noticia.html

 

Unha planta capaz de medrar sen auga!

A escaseza de auga é unha das grandes ameazas para a poboación mundial. As secas son as responsables de arredor do 40% das perdas de cultivos en todo o mundo e as previsións científicas sobre o impacto do cambio climático invítannos a augurar un futuro máis optimista. Un equipo de científicos españois rebelouse contra este prognóstico catastrofista e tras cinco anos de traballo, agora poden ensinarnos os resultados deste traballo: conseguiron deseñar plantas tolerantes ao estrés hídrico, que se produce cando a demanda de auga é máis alta cá cantidade dispoñible, sen prexudicar o seu crecemento.       imagen

Todo un avance da biotecnoloxía vexetal que lidera a investigadora do CSIC, Ana I. Caño-Delgado desde o Centro de Investigación en Agrixenómica (CRAG) de Barcelona.

Non obstante, ela e os demais membros do seu equipo tamén se enfrontan as súas propias ameazas: a falta de incentivación de patentes e as restricións europeas á edición xenómica.

Pero a investigadora non se rende e asegura estar disposta a seguir “dando caña” para minimizar os efectos adversos da seca na seguridade alimentaria do planeta.

E vós que opinades sobre este descubrimento? Credes que se deberían cambiar as normas sobre as restricións  á modificación dos xenes? Credes que se podería aplicar esta técnica a outro tipo de cultivos?

https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2018/12/19/5c18e5c0fc6c837a3d8b4593.html

 

Que debemos esperar da ciencia para o próximo ano?

Pódese dicir que este ano 2018 foi un bo ano a nivel científico, pero que debemos esperar da ciencia no 2019? Isto é o que prevé a revista Nature:

imagen

-          Grandes misións á Antártida

Investigadores ingleses e americanos emprenderán a maior campaña de exploración na Antártida, para descubrir o estado de diversos glaciares. Máis tarde un grupo europeo de investigación perforará o xeo deste continente na busca de xeo con 1,5 millóns de anos de antigüidade.

-          China poñerase en cabeza

No 2019, China podería converterse no maior inversor en investigación e desenvolvemento científico.

-          As orixes do home

As escavacións no sueste asiático poderían revelar novos capítulos perdidos sobre a historia do ser humano. En concreto, poderían aparecer novos fósiles dos primeiros habitantes da illa filipina de Luzón, o que podería permitir descubrir se o illamento lles levou a adquirir unha altura diminuta.

-          O futuro dos colisionadores de partículas

No novo ano descubriremos se o goberno xaponés asumirá os custos do Colisionador Lineal Internacional. Este colisionador permitiría estudar o bosón de Higgs (partícula subatómica) con grande detalle.

-          As consecuencias de editar bebés humanos

Despois das polémicas da modificación xenética de bebés xurdidas durante este ano, será no 2019 cando se traballe en crear un marco para asegurar que os futuros intentos de editar o ADN humano teñan lugar dunha forma responsable e regulada.

-          Acceso máis fácil á ciencia

O novo ano podería ser a data na que as revistas científicas de pago se volvan gratuítas de acordo ó plan S.

-          Cambios na “Biblia” da bioseguridade

A Organización Mundial da Saúde (OMS) rematará unha grande revisión no seu manual de Bioseguridade en laboratorios a mediados de ano. Isto repercutirá na manipulación de patóxenos como o ébola; e está previsto que a OMS poña o foco en mellorar a formación do persoal de laboratorio e en crear protocolos máis específicos para cada situación.

-          O arrefriamento do clima

En 2019 poñeranse en práctica as primeiras probas de xeoenxeñería, unha práctica destinada a contrarrestar o quecemento global causado polos gases de efecto invernadoiro liberados pola actividade humana. Científicos estadounidenses lanzarán a atmosfera pequenas cantidades dunhas partículas moi similares ás cinzas para estudar como se dispersan e se poderían axudar a arrefriar o clima .

-          Investigación en cannabis

No 2019 está previsto que cheguen os primeiros resultados de varias investigacións canadenses que analizan o cultivo e a bioloxía básica desta planta. E está previsto que a finais do próximo ano se inaugure o primeiro centro de investigacións enfocado neste cultivo, no que se estudará a xenética e os beneficios para a saúde do cannabis.

-          Sinais do espazo en China

China poñerá a traballar o maior radiotelescopio do mundo, e espérase que pronto comece a cazar fenómenos como nubes de gas interestelar.

 

https://www.abc.es/ciencia/abci-sera-ciencia-llegara-2019-201812252137_noticia.html

 

Xapón volverá a cazar baleas

Xapón acaba de anunciar que decidiu retirarse da Comisión Baleeira Internacional (CBI), un organismo creado fai sete décadas para garantir a preservación destes cetáceos e evitar a súa caza indiscriminada, e comunicou que volverá a caza de baleas con fins comerciais desde o próximo xullo.

A decisión foi exposta polo ministro portavoz do goberno, quen indicou que os baleeiros nipóns volverán as súas actividades nas súas augas territoriais e na súa zona económica exclusiva. Tamén dixo que a caza de baleas se levará a cabo de acordo co dereito internacional  e dentro dos límites de captura calculados de acordo co método adoptado pola CBI.

imagen

Xapón era membro da CBI desde o 21 de abril de 1951 e ata agora respectara as normas propostas, aínda que segundo organización animalistas realizaban unha caza comercial encuberta.

A retirada do Xapón desta organización é o resultado dunha serie de ameazas tras intentar convencer a outros integrantes co fin de modificar a moratoria na caza de baleas e permitir unha pesca regulada pola CBI.

A pesar desa moratoria, Xapón seguiu capturando baleas en augas do Océano Antártico e no Pacífico Norte, pero supostamente con fins científicos.

A CBI está integrada por 89 países e a decisión do goberno nipón segue a outras nacións que anteriormente se retiraron desta institución. Canadá, po exemplo, abandonou esta comisión en 1982 por desconformidade cos métodos para definir a moratoria, a pesar que non tiña intereses na industria baleeira. Ademais, esa nación prohibiu en 1972 a caza deses cetáceos.

Sen dúbida esta non é unha boa noticia, pois matar a estes animais con fins comerciais supón a volta a prácticas que atentan contra os animais e penso que se debería penalizar ao Xapón pola tomas desta decisión. E vós que opinades?

http://www.rtve.es/noticias/20181226/japon-se-retira-comision-protege-ballenas/1858920.shtml

 

Enfermidades raras pouco vistas?!

A enfermidade da que vou falar ten un nome bastante raro, chámase Síndrome de Progeria de Hutchinson-Gilford. Esta enfermidade tratase dun trastorno xenético que fai que esa persoa se faga vella a cámara rápida. Esta causado por unha simple mutación, como ben sabedes, iso quere dicir cambios no ADN, especificamente no xene LMNA, un dos 20000 que ten unha célula humana. Esa mutación, o que fai é que desencadea unha acumulación dunha proteína tóxica no núcleo celular e iso provoca o envellecemento prematuro.

O descubrimento desta posible cura foi grazas a Sammy. Este rapaz sufría a enfermidade e dixéronlle de pequeno que ía morrer antes dos 13 anos…Por sorte, sigue vivo. Entón, o que fixo foi investigar seguindo os pasos dun especialista sobre o envellecemento chamado Carlos López. A solución sería corrixir o ADN un por un. Os investigadores probaron esta técnica cos ratos mediante unha tesoira molecular que sirve para editar o ADN de calquera organismo con moita facilidade. Mediante virus inxectados en crías de ratos con esta enfermidade para recoñecer o xene LMNA e modificalo para evitar a produción da proteína tóxica. Despois de facer todo isto, lograron modificar o 14% de todas as células.

Agora mesmo, estarédesvos preguntando que iso é moi pouco ou algo parecido, pois non, xa que para esta enfermidade non é necesario modificar o 100% das células. Ese 14% proporcionou mellorías aínda que pareza raro. Dentro de algúns anos esta solución xa se poderá aplicar en humanos, o cal, é moi boa noticia xa que hai bastantes persoas que sofren isto.

Ver las imágenes de origen

Na miña opinión, esta noticia fíxome reflexionar bastante, xa que, si Sammy non iniciara esta investigación pois igual non habería unha solución, é dicir, como soamente afecta a 156 persoas non hai ninguén que se poña a investigar. Con iso quero dicir, que por moito que haxa “poucas” persoas deberían tamén investigar este tipo de enfermidades raras porque non creo que a ninguén lle gustara ter isto. A verdade é que me alegrou un montón esta noticia, xa que penso nesas persoas e deben estalo pasalo moi mal, como dicía Sammy, somos como extraterrestres…Agora estarédesme dicindo que en todas as enfermidades se sofre pero nesta é un caso bastante especial xa que es diferente ao resto fisicamente. Espero que dentro dalgúns anos, esta técnica sexa aplicable aos humanos e sea todo un éxito!

E vos que opinades? Pensades que será aplicable proximamente nos humanos?

FONTE: El País

 

AS CÉLULAS PODEN CAMBIAR DE “TRABALLO”

      Os investigadores da Universidade de Xinebra (UNIGE) demostran a facilidade de algunhas células pancreáticas para producir insulina. Na diabetes este tipo de conversión celular podería compensar a perda ou difusión das células que producen naturalmente esta hormona, segundo o resultado do seu traballo. O páncreas humano alberga varios tipos de células endócrinas (alfa, beta, delta,épsilon e & Upsih;) que producen diferentes hormonas responsables de regular os niveis de azucre na sangre. Estas células  agrúpanse en pequenos grupos, chamados illotes pancreáticos ou illotes de Langerhans. A diabetes  prodúcese cando, en ausencia de células beta funcionais, os niveis de azucre no sangue se descontrolan. Na Facultade de Mediciña de UNIGE, o profesor Pedro Herrera e o seu equipo xa  demostraran, en ratos, que o páncreas ten a capacidade de rexenerar novas células de insulina a través de un mecanismo espontáneo de cambio de identidade de outras células pancreáticas. Pero… Que pasa co ser humano?

 

imagen

E vos, que pensades? Poderá ser posible isto no ser humano?

Fonte:www.teinteresa.es

 

A Lúa é un anaco de Terra?

Unha nova teoría desenvolvida por investigadores da Universidade de Harvard (Estados Unidos), afirma que a Lúa formaba parte da propia Terra ata que a súa masa saíu disparada ó espazo, durante unha colisión con outro corpo.

imagen

No momento no que se formou a Lúa, a Terra tiña forma de esferoide e xiraba sobre si mesma moito máis rápido do que rota hoxe en día. Un impacto da Terra contra un corpo  dun tamaño equivalente a metade de Marte causou unha escisión de material suficiente como para formar outro corpo, a Lúa. Isto explica as masas da Terra e da Lúa, a baixa composición en ferro do satélite e a composición química tan similar dos seus mantos.

Parécevos que será esta a teoría definitiva? Se isto foi así, pensades que podería haber outro impacto e formarse outro satélite? Credes que podería haber un impacto tan grande como para destruír a Terra?

FONTE:  https://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/la-luna-es-un-trozo-de-tierra

 

Azucre oculto

   Cando falamos de azucre todos pensamos en lambetadas, chocolate…Pero non pensamos  nunca en produtos que comemos case diariamente como son os iogures. Menos aínda pensamos que tomar un petit-suisse, unha cousa tan pequena, nos prexudica máis que comer unha onza de chocolate.

Resultado de imagen de yogurt

Un estudo impulsado pola doutora Bernadette Moore, de Escola de Ciencias da Alimentación da Universidade de Leeds, afirma que os iogures teñen moito máis azucre do que pensamos. Para facer este estudo analizouse a información nutricional de 898 iogures e similares, e resultou que apenas o 9% deles son baixos en azucre. O máis impactante aínda é que os destinados a nenos e nenas, que deberían ser máis sans porque aínda están medrando, son os máis azucrados, xa que dos 101 analizados só dous tiñan menos de 5 g de azucre por cada 100g. Tamén chama a atención que os produtos ecolóxicos ou de soia, vendidos como máis sans, son os de maior cantidade de azucre, pois engádenllo para neutralizar a acidez do ácido láctico, que fai o iogur bo para o aparato dixestivo.

Este tipo de noticias son bastante desconcertantes, pois na maioría das dietas normais aparecen estes derivados lácteos. Prevéñennos moito sobre o dano que nos poden chegar a facer refrescos como a Coca-Cola, pero nunca nos din que consumindo un iogur estamos consumindo a mesma cantidade de azucre.

Así como se impuxo unha subida das taxas ás bebidas azucradas como os refrescos, parécevos que se debería facer tamén cos iogures? Ou simplemente deberían poñer nos envases este tipo de información para saber exactamente o que estamos consumindo?

Fonte: El País