Unha planta capaz de medrar sen auga!

A escaseza de auga é unha das grandes ameazas para a poboación mundial. As secas son as responsables de arredor do 40% das perdas de cultivos en todo o mundo e as previsións científicas sobre o impacto do cambio climático invítannos a augurar un futuro máis optimista. Un equipo de científicos españois rebelouse contra este prognóstico catastrofista e tras cinco anos de traballo, agora poden ensinarnos os resultados deste traballo: conseguiron deseñar plantas tolerantes ao estrés hídrico, que se produce cando a demanda de auga é máis alta cá cantidade dispoñible, sen prexudicar o seu crecemento.       imagen

Todo un avance da biotecnoloxía vexetal que lidera a investigadora do CSIC, Ana I. Caño-Delgado desde o Centro de Investigación en Agrixenómica (CRAG) de Barcelona.

Non obstante, ela e os demais membros do seu equipo tamén se enfrontan as súas propias ameazas: a falta de incentivación de patentes e as restricións europeas á edición xenómica.

Pero a investigadora non se rende e asegura estar disposta a seguir “dando caña” para minimizar os efectos adversos da seca na seguridade alimentaria do planeta.

E vós que opinades sobre este descubrimento? Credes que se deberían cambiar as normas sobre as restricións  á modificación dos xenes? Credes que se podería aplicar esta técnica a outro tipo de cultivos?

https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2018/12/19/5c18e5c0fc6c837a3d8b4593.html

 

Tags: , ,

2 Respostas a “Unha planta capaz de medrar sen auga!”

  1. tania.br Dixo:

    Unha noticia moi boa, Antía!
    Como ben dis na túa noticia, nos nosos días a escaseza de auga podería causarnos un gran problema! As plantas son fundamentais, xa que son un dos grupos sobre os que se constrúe a base da vida. Ante a ameaza de que a vexetación siga a diminuír, non debemos quedar parados. Alégrame saber que grupos de científicos profesionais dedican as súas investigacións e o seu tempo a este problema. Por outra banda, podo comprender que existan unhas normas para regularizar e restrinxir a modificación dos xenes, xa que é unha cuestión moi delicada, pero baixo ningún concepto estas normas deberían ser un impedimento que non permita avanzar aos científicos. Sen dúbida, deberíanse facilitar máis medios para estas investigacións que, estou convencida, acabarán por salvar o noso planeta.

  2. hugo.b.br Dixo:

    A min paréceme que se é para lograr un beneficio para a humanidade e o planeta, coma neste caso, si deberían ser máis flexibles en canto a modificación de xenes. Sería importantísimo encontrar una solución para facer fronte ós problemas que o cambio climático está producindo nos cultivos xa que por desgracia parece que estes problemas irán a peor se os humanos non deixan de contaminar.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.