BiOM, as primeiras pernas biónicas que predicen os movementos.

Un enxeñeiro mecánico do MIT recibiu o premio Principe de Asturias de Investigación Científica por deseñar, segundo dixo o xurado, “as primeiras próteses que logran emular a perfección a locomoción humana”. Este logro non foi fácil e levoulle a Hugh Herr e o seu equipo décadas de desenvolvemento e investigación cuxo resultado está a revolucionar o mundo da biónica e das próteses medicinais.

 

 

imagen

As novas próteses biónicas diferéncianse das prótese correntes en que non son elementos pasivos que se moven co resto do corpo, senón que responden de maneira independentemente aos impulsos eléctricos do noso cerebro e reaccionan en consecuencia como se se tratase dunha perna ordinaria de carne e oso. Esta comunicación establécese mediante uns electrodos que captan o impulsos eléctrico dos músculos onde está suxeita a prótese e que transmiten esa información a una computadora que, grazas a un algoritmo matemático, é capaz de comprender e asimilar esa información para que as pernas biónicas se movan como o cerebro quere que o faga, isto é, de maneira natural. Ademais, as BiOM utilizan uns tecidos sintéticos con variacións na súa rixidez que se adaptan a superficie da pel sen causar molestias e constan tamén dun  sistema de “propulsión biónica” que imita a acción dos músculos agonista e antogonista da pantorrilla permitindo andar con gran fluidez. En conclusión,  estas próteses son tan avanzadas que calquera persoa discapacitada que as leva podería vestir uns pantalóns longos e alguén ao seu lado nunca se daría conta de que o é.

Con todo, para Herr e o seu equipo de investigación en biomecatrónica do MIT isto non é suficiente e seguen a investigar na creación e desenvolvemento doutras novas tecnoloxías que poidan permitir aos discapacitados “sentir” as súas próteses ou que sirvan de axuda as persoas sas para realizar unha actividade física sin risco de lesionarse. Para moitos científicos todos estes avances abren un futuro no que as discapacidades tanto físicas como mentais poidan ser algo do pasado grazas á tecnoloxía e no que, por que non, a limitación física pode ser compensada con robótica.

Que pensades sobre este avance no campo da medicina? Sabedes en que consiste a biónica? Que pensades da visión futurista que se da a entender no final da noticia? Creedes que ese futuro pode ser posible?

URL da noticia orixinal:

http://clipset.20minutos.es/asi-son-las-piernas-bionicas-de-hugh-herr/

 

As neuropróteses: a salvación para as persoas tetrapléxicas

Investigadores pertencentes, na súa maioría, á Universidade Case Western Reserve de Cleveland (EEUU) crearon unha neuroprótese, capaz de conectar o cerebro cos músculos, que permite o movemento dos brazos e mans dunha persoa con tetraplexia. Trátase dun sistema que descodifica os sinais cerebrais e os transmite a sensores que están colocados nos músculos.

Durante o proceso de investigación os expertos implantaron uns electrodos no interior do cerebro do paciente (un home tetrapléxico de 53 anos), concretamente sobre a cortiza motora, e a continuación lle implantaron uns electrodos dentro dos músculos do brazo.

imagen

Esta nova neuroprótese resulta moi importante xa que pode mellorar a calidade de vida das persoas que sofren este tipo de discapacidades, dándolles a posibilidade de recuperar as funcións do brazo e da man para realizar actividades cotiás, ofrecéndolles así maior independencia.

Non obstante, o estudio aínda se atopa nunha fase temperá de investigación e estímase que se tardaran entre 20 e 30 anos ata que esta innovadora prótese chegue a hospitais e ao público en xeral.

Que outras utilidades poderían ter este tipo de próteses? Criades que isto era posible tendo en conta os avances tecnolóxicos no ámbito da medicina nos últimos anos?

Fonte:  http://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2017/03/29/58da989be5fdea88698b467a.html

 

 

O cancro de pulmón ameaza cada vez máis ás mulleres.

O cancro de pulmón é unha enfermidade con altos niveis de mortalidade e é o tipo de cancro máis frecuente. Aparecen 1,8 millóns de novos casos cada ano que chegan a sumar a redor de 1,6 millóns de mortes anuais.

Pero pensedes que esta enfermidade aparece igual en homes e mulleres?

Antes dos anos 60 esta enfermidade aparecía maioritariamente  en homes e se trataba dun gran descoñecido na poboación feminina. Pero nos últimos 10 anos, debido ao incremento no consumo do tabaco e a elevada iniciación temperá, esta patoloxía afecta cada vez máis a mulleres. Fai anos fumar era un hábito masculino, e os homes empezaron a deixar de fumar cando se extendeu a información sobre o risco de desenvolver cancro de pulmón (en Estados Unidos o numero de varóns fumadores diminuíu a metade nos últimos 40 anos). Sen embargo, as mulleres se incorporaron posteriormente ao hábito e e as súa consecuencias empezaron a notarse máis recentemente. Ademáis as mulleres comezan a fumar a unha idade máis temprá e  en xeral teñen maior dificultade para deixalo. Según o Ministerio de Sanidade, os patróns de consumo actuais reflexan que un 32,2% das adolescentes entre 14 e 18 son fumadoras frente ao 26,6% dos homes, o que supón un dato moi preocupante na saúde dos menores. Se anteriormente a súa aparición dábase entre os 60 e 70 anos, penso que próximamente dará a cara moito antes. Según algúns estudios, ás mulleres son máis susceptibles ás sustancias canceríxenas do tabaco, o que faría que as mulleres fumadoras desenvolvesen cancro de pulmón con máis facilidades que os varóns.

 

imagen

Aínda que o tabaco  o primer causante deste cancro, tamén existen outros factores como a exposición ao radón, ao amianto, a baixa inxesta de froitas e vexetais, a dieta pobre en vitamina A, a toma de alchol ou a inhalación de substancias carcinóxenas do medio ambiente.

Que pensedes desta situación? Pensedes que esta enfermidade darase en idades máis temperás? Resúltavos impactante a diferencia entre homes e mulleres? Cres que existen diferencias de xénero no risco do tabaco?

http://www.laprensagrafica.com/2016/04/17/cancer-de-pulmon-amenaza-cada-vez-mas-a-las-mujeres

 

É bo reprimir un esbirro?

Todos/as nalgún momento nos reprimimos un esbirro por vergoña a facer moito ruido ou por algún outro motivo, pero… isto é realmente bo para a nosa saúde?

O esbirro é ocasionado pola irritación das membranas mucosas tanto do nariz como da garganta. Consiste basicamente nun acto reflexo no que se expulsa o aire pulmonar a través das fosas nasais e, en ocasións, tamén pola boca.

Se temos en conta que o obxectivo do esbirro é expulsar as posibles partículas extrañas ou xermes presentes no nariz, cando o reprimimos non acadamos o noso propósito. É máis, estes xermes e partículas poden ser desprazados cara partes máis internas do nariz, como os senos paranasais ou o oído medio, podendo ocasionar graves infeccións.

Por outra banda, o aire que expulsamos nun esbirro alcanza velocidades tan altas (de ata 150 km/h) que pode acabar danando os nosos propios tecidos, de maneira que o aumento de presión pode causar pequenas roturas vasculares (por exemplo, sangrado polo nariz ou hemorraxias no tímpano), dor de oídos, inflamación das fosas nasais ou do tímpano, dor de cabeza e mareos.

 

imagen

En definitiva, por todas esas consecuencias que pode causarnos, nunca debemos reprimir un esbirro. O axeitado sería facelo sobre un pano rexeitable, para evitar propagar as infeccións.

Vos que opinades? Coñeciades algunhas destas consecuencias?

https://www.natursan.net/es-malo-estornudar-hacia-dentro-y-reprimir-el-estornudo/

http://www.muyinteresante.com.mx/preguntas-y-respuestas/15/06/22/estornudar-hacia-adentro/

 

Cannabis para asmáticos; mito ou realidade?

O finalidade deste post e tentar explicar o uso terapéutico que poden ter a utilización das plantas do Cannabis, comunmente coñecidas como Marihuana, para  tratar o asma, sopesando todos os pros e os contras relacionados co seu consumo e expoñéndoos de maneira obxectiva.

Antes de nada é necesario explicar que o asma é uha enfermidade pulmonar, producida en moitos casos por unha alerxia, que afecta as paredes dos bronquios facendo que estas se contraian e diminúan o seu calibre, o que impide o intercambio gaseoso nos alvéolos e ocasiona insuficiencia respiratoria nas persoas afectadas. Dito isto, unha serie de experimentos en persoas asmáticas demostrou que o consumo de Cannabis en pequenas doses pode ter un efecto broncodilatador nos pacientes, relaxando e expandindo os seus bronquios e permitindo así o paso do aire. Ademais demostrouse que a administración de só 500 mligramos de marihuana pode chegar incluso a ser máis eficiente e ter unha acción máis duradeira que as doses habituais doutros fármacos broncodilatadores utilizados en clínicas.

Resultado de imagen de hoja de marihuana

 

 

Con todo hai que ter en conta que o fume da combustión da marihuna, ao igual que o do tabaco, contén sustancias tóxicas, como alquitrán ou monóxido de carbono, que a largo prazo poden danar as paredes das vías respiratorias e causar outras enfermidades como bronquite crónica ou cancro de pulmón. Debido a isto recoméndase recorrer a outras vías de administración (dixestiva ou subligual) para o seu uso terapéutico ou tamén utilizar vaporizadores que evitan as sustancias tóxicas da combustión e disminúen o risco de consumo. En conclusión, o cannabis pode ter un uso terapéutico en asmáticos sempre e cando sexa moderado e non se administre por vía inhalada mediante combustión.

 

Sabedes doutros usos terapéuticos que pode ter o Cannabis?, Qué pensades sobre o uso medicinal do Cannabis? e sobre o seu uso recreativo? Pensades que pode ser considerada como un medicamento máis?

 

URL da noticia

 

http://www.lamarihuana.com/cannabis-y-pulmones/

 

 

OUTRA CAUSA DE ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES!

Moitos de vós saberedes que as enfermidades que lle afectan ao aparato circulatorio son a principal causa de morte no mundo. Habitualmente culpamos a mala alimentación, o consumo de tabaco ou o escaso exercicio físico dos  niveis inadecuados de colesterol e glicosa en sangue, da hipertensión e a diabetes, que poden dar lugar a arterioesclerose, infartos de miocardio, infartos cerebrais… Con todo, descubriuse outro motivo…

A maioría das doenzas mencionadas teñen a súa base na redución do diámetro dos vasos sanguíneos debido á formación de placa. Pois ben, científicos estadounidenses chegaron á conclusión de que as células sanguíneas poden mutar debido ao envellecemento e intervir na aparición de gran parte dos problemas cardiovasculares que non se debían aos motivos anteriormente citados, os médicos prognosticábanos pero moitas veces os pacientes non presentaban as características comúns.

imagen

As células mutadas axudan á formación de placa e á inflamación e, ademais, reprodúcense máis rapidamente que as sas. Ata o de agora sabiamos que estas modificacións celulares eran causa de cancros, pero non de outras enfermidades, polo que posiblemente se nos estea a abrir un importante camiño no que avanzar a nivel médico.

Que opinades deste descubrimento? Credes que coa investigación sobre o tema se  poderán ir paliando os efectos destas enfermidades? Lograremos baixalas do podio das principais causas de morte?

FONTE:  http://elpais.com/elpais/2017/01/19/ciencia/1484850164_436171.html

 

Estrés e infarto… en que quedamos?

Como xa saberedes o infarto de miocardio é unha das enfermidades cardiovasculares máis frecuentes, provocada por un coágulo (composto por graxas, colesterol, calcio…) que bloquea unha das arterias que leva  sangue e osíxeno ao corazón. Deste modo o corazón non recibe osíxeno e as células cardíacas morren. Existen diversas causas dun infarto, pero tendemos a pensar que as máis comúns son provocadas polo estrés,  a tensión, a presión… Pero se hai que buscar  un culpable principal desta enfermidade o estrés non o sería. Algúns profesionais aseguran que o estrés pode ser un desencadeante dun infarto pero non é quen o provoca, é dicir, non é unha causa. O feito de estar nunha situación de moito estrés pode axudar a formar ese coágulo que bloquea as arterias. Antes do estrés existen outros factores de risco máis comúns como o tabaco, o sobrepeso, a hipertensión,  a diabetes, os niveis do azucre na sangue,  a ausencia de exercici fisico ou incluso a predisposición xenética. En conclusión podemos observar que o estrés non é un factor coronario desta enfermidade, senón máis ben unha causa secundaria. Compre destacar que existen diferentes niveis de estrés, o prolongado é o peor  para o corazón e estaría máis exposto a sufrir esta enfermidade polo que o mais aconsellable seria acudir a un especialista, mentres que os puntuais (como por exemplo unha mala noticia, un episodio tráxico…) serían de menor gravedade.

O infarto de miocardio non afecta por igual aos homes e mulleres. O prognostico é peor nos mulleres que nos homes, un porcentaxe maior morre antes de chegar ao hospital, xa que adoitan presentar máis complicacións como insuficiencia cardíaca ou ictus. As mulleres adoitan sufrir infartos en idades máis avanzadas que os homes, sobre todo despois da menopausa, e o prognostico de infarto nunha persoa maior é moito peor que  unha persoa nova. Antes da menopausa as mulleres están parcialmente protexidas polos estróxenos fisiolóxicos, pero tras a menopausa os niveis de colesterol e a tensión arterial tenden a alterarse e o risco aumenta.

 

imagen

Os principais síntomas inclúen dolor opresivo na parte central do peito ou na zona epigástrica (estómago) que pode irradiarse aos ambos brazos, pescozo, mandíbula, espalda. Tamén provoca sudoración, náuseas e dificultade respiratoria. Entre homes e mulleres tamén existen diferencias en canto aos síntomas que presentan: As mulleres presentan síntomas moi variados que fan máis difícil o seu diagnostico. Os máis comúns son a fatiga inusual, dificultade respiratoria, suor frío e os días previos poden chegar a sufrir insomnio ou ansiedade. Se as mulleres combinan o tabaco coa toma de anticonceptivos orais o risco aumenta de forma considerable.

Coñeciades estes casos nas mulleres?

http://elpais.com/elpais/2016/11/23/buenavida/1479900750_404521.html

 

O cambio de sexo non é unha cuestión banal

imagen

Nestes días nos que se falou tanto da cuestión “trans” por un motivo ben triste como é a transfobia, aproveitamos para aclarar algunhas cuestións referentes aos tratamentos de cambio de sexo.

No caso dun home transexual (Muller- Home) existen catro tipos de cirurxía:

  • Cirurxía de busto: retira o tecido dos peitos e dálle un aspecto máis masculino.
  • Histerectomía: Extracción do útero. A miúdo vai acompañado da salgo-ooferoctomía (extracción das trompas de falopio e dos ovarios).
  • Vaxinectomía: cirurxía para extirpar a vaxina.
  • Cirurxía xenital: Consiste na construción dos xenitais masculinos (pene e testículos) (faloplastia).

No caso dunha muller transexual (Home- Muller):

  • Vaxinoplastia: É a cirurxía de creación dunha vaxina.
  • Orquidectomía: extirpación cirúrxica total ou parcial dos testículos.

Se a todo isto sumamos os efectos do tratamento hormonal ao que deben someterse para toda a súa vida: testosterona para os homes, estróxenos para as mulleres, non parece unha cuestión banal a do cambio de sexo… É para pensar que as persoas que deciden facelo non tomaron a decisión á lixeira e que, como mínimo, merecen respecto; non vos parece?

 

España, o país coa taxa máis alta de cáncer de gorxa no mundo

Aínda que coloquialmente é chamado cáncer de gorxa, en realidade, este tumor afecta á boca, larinxe e farinxe. Esta demostrado que as principais causas da aparición deste tumor son o tabaco e o alcol, aínda que nos últimos anos tamén se descubriu que tamén existen outros factores de risco como son o sexo oral e o refluxo ácido do estómago. Non obstante, tamén entran en xogo os factores xenéticos.

Detectar a tempo o cáncer de gorxa é esencial para curarse, pois se o tumor se atopa na súa fase inicial o 90% dos pacientes cúranse. Para poder mellorar a detección de tumores deste tipo, hai que concienciar á xente de que existen síntomas, aparentemente inofensivos, que poden estar dando unha sinal de alarma.

No caso do cáncer de larinxe, adoita vir precedido da afonía. Cos cánceres de farinxe e orofarinxe, a persoa detecta dificultade para tragar, molestias na gorxa, cospen sangue ou notan un vulto no pescozo (metástase rexional). Por iso os profesionais recomendan que cando unha persoa note unha afonía de máis de 15 días ou unha protuberancia no pescozo, acudo ao médico canto antes.

imagen

O doutor Son Llàzter diagnostica unha media de 51 cánceres de gorxa cada ano. Iso supón unha persoa nova con cáncer cada semana.

Existen gran variedade de técnicas para contraatacar estes tumores. Cando o tumor é pequeno pódese elixir a radioterapia controlada ou as cirurxías por láser, dentro da boca, sen facer cirurxías externas. Estas técnicas deixan unha boa calidade na capacidade de falar e tragar. En cambio, ante un tumor avanzado é necesario facer “cirurxías moi mutilantes”, nas cales se realizan larinxectomías (extirpación total ou parcial da farinxe e a larinxe).

Tras a operación chega a dura recuperación na que os pacientes aprenden a falar de novo, a tragar e a cheirar, xa que se perde este sentido ao seren incapaces de inspirar aire pola nariz.

Por isto todo aínda que a cura para o cáncer sexa o diagnóstico precoz pero o mellor para evitalo é levar unha vida sen factores de risco. Os parece interesante esta noticia. Coñecedes  algunha outra técnica para tratar o cáncer de gorxa?

Fonte: http://www.elmundo.es/baleares/2017/02/04/5895b66522601dcf178b4686.html

 

O incógnito pasado das mitocondrias

Todos sabemos que as mitocondrias son estruturas pequenas situadas no interior da célula, que tamén se denominan orgánulos celulares. Estas se encargan de subministrar a maior parte da enerxía.

Pero, algunha vez vos preguntastes sobre o seu pasado ou a súa orixe?

Un estudo realizado por biólogos, presenta a posibilidade de que o antepasado das mitocondrias fose realmente un parásito denominado ” rickettsia” que en lugar de subministrar enerxía a extraía.  Para realizar este estudo, os biólogos baseáronse nunha construción dunha árbore evolutiva das mitocondrias que resolvería a relación hereditaria entre os orgánulos e os seus parentes bacterianos vivos segundo os estudos dos seus xenes. O resultado do análise do ADN afirmou con seguridade que as mitocondrias pertencían  a esta clase de bacterias patóxenas.  O antecesor desde parasito nalgún momento perdeu ese xene e adquiriu outro que produce enerxía, como fan hoxe en día as mitocondrias.

Ouros científicos non están de acordo cos resultados deste estudo, xa que opinan que interpretaron erroneamente a descendencia da árbore evolutiva. Tamén pensan que debido a rápida evolución deste orgánulo non se pode saber con certeza á rama da árbore evolutiva a que pertence.

Estas observacións doutros científicos, fan dubidar sobre a fiabilidade e credibilidade do estudo. Que opinades sobre este estudo? Parécevos fiable?

imagen