O cambio de sexo non é unha cuestión banal

imagen

Nestes días nos que se falou tanto da cuestión “trans” por un motivo ben triste como é a transfobia, aproveitamos para aclarar algunhas cuestións referentes aos tratamentos de cambio de sexo.

No caso dun home transexual (Muller- Home) existen catro tipos de cirurxía:

  • Cirurxía de busto: retira o tecido dos peitos e dálle un aspecto máis masculino.
  • Histerectomía: Extracción do útero. A miúdo vai acompañado da salgo-ooferoctomía (extracción das trompas de falopio e dos ovarios).
  • Vaxinectomía: cirurxía para extirpar a vaxina.
  • Cirurxía xenital: Consiste na construción dos xenitais masculinos (pene e testículos) (faloplastia).

No caso dunha muller transexual (Home- Muller):

  • Vaxinoplastia: É a cirurxía de creación dunha vaxina.
  • Orquidectomía: extirpación cirúrxica total ou parcial dos testículos.

Se a todo isto sumamos os efectos do tratamento hormonal ao que deben someterse para toda a súa vida: testosterona para os homes, estróxenos para as mulleres, non parece unha cuestión banal a do cambio de sexo… É para pensar que as persoas que deciden facelo non tomaron a decisión á lixeira e que, como mínimo, merecen respecto; non vos parece?

 

Tags: , ,

7 Respostas a “O cambio de sexo non é unha cuestión banal”

  1. guillermo.a.br Dixo:

    Os transexuais son persoas que sofren un grave trastorno polo cal a súa identidade de xénero, isto é, a percepción subxectiva que teñen sobre si mesmo en canto a sentirse homes ou mulleres, non coincide ca súa identidade sexual, determinada pola súa xenética. Este discordancia entre a identidade de xénero e o sexo biolóxico está recoñecida pola psicoloxía e medicina moderna que entenden que a súa única cura consiste en cambiar a anatomía para que coincida co súa verdadeira sexualidade.
    Tendo en conta isto e todas as dificultades e sacrificio que conleva un cambio de sexo é absurdo pensar que este proceso trátase dunha cuestión banal e como mínimo estas persoas merecen respeto polo seu coraxe.
    As persoas que en España se opoñen ao cambio de sexo e sosteñen que é algo “inatural” falan dende a ignorancia e a incomprensión hacia estas pobres persoas. Por sorte, dende 2007 en España este paso de home a mulle/de muller a home está aceptado polas leis, pero non é ese o caso no resto do mundo, nin sequera no resto de Europa. Aínda queda moito camiño para que este sector discriminado poida vivir comodamente e sen medo a sentirse como eles mesmos queren ser.

  2. samantha.br Dixo:

    A transexualidade é un problema grave para quen a sofre, o seu sexo psicolóxico non coincide cos seus caracteres sexuais e isto crea neles unha situación de desconformidade. Se nós espertásemonos un día no corpo dun xénero contrario ao noso, como sentiriamos? Isto é o que deberían pensar as persoas antes de xulgar e discriminar. O feito de ser muller e vivir con corpo de home, ou ao contrario, resulta insustentable desde calquera punto de vista e debemos ir concienciando á xente diso e conseguir unha situación libre de exclusións sociais e discriminacións. Non é un tema banal, nin moito menos, é algo que debe tomarse en serio completamente.

  3. belen.m.br Dixo:

    Na miña opinión é realmente penoso que en pleno século XXI teñamos que ver determinadas manifestacións, que creo que estaredes comigo ao dicir que son indefendibles, polas rúas. O respecto e a tolerancia son a clave da convivencia dunha sociedade e obviamente a transfobia non entra dentro destes valores morais básicos, así como tampouco o fan a homofobia, o racismo…
    Parece ser que moita xente pensa que os trans só queren chamar á atención e que por iso se travisten, se hormonan ou incluso se operan para cambiar o seu sexo. Pero estas decisións non son tomadas á lixeira, a persoas transexuais, transxénero ou travestis teñen grandes dilemas a nivel psicolóxico, pois o mundo no que viven non está acostumado a este tipo de actitudes.
    Ademais, aínda que haxa quen crea que o feito de que alguén non se identifique co sexo co que naceu é algo recente na historia, non é así. A transexualidade xa era común hai decenas de séculos, o personaxe grecolatino Ovidio e Gallae, a sacerdotisa da Antiga Roma que autocastrou os xenitais masculinos, son só dous exemplos dos máis populares.

  4. andrea.br Dixo:

    Na miña opinión ademais do sufrimento que a transexualidade xera por si mesma, o maior problema ao que se teñen que enfrontar estas persoas é ao rexeitamento social e incluso familiar que desgraciadamente adoitan padecer.

    Ademais, moitas persoas transxénero deben superar enormes dificultades para ter a identidade de xénero que lles corresponde, e os problemas adoitan complicarse debido á discriminación do Estado.
    Estas persoas vense obrigadas a someterse a tratamento cirúrxico, xa que se deciden non facelo, deben seguir portando documentos nos cales figura un xénero baseado no sexo que se lles asinou ao nacer, aínda que este contradiga a súa apariencia e identidade. Isto tamén ocorre en España, onde é necesario un informe psiquiátrico e tratamento médico de dous anos previo á solicitude.
    Os que optan pola ciruxía, expóñense a diversos riscos médicos, por exemplo: non aplicar a terapia hormona adecuada, o que provocaría problemas como a trombose (obstrución das veas); embolia pulmonar; osteoporosis; desenvolvemento de prolactinomas, que son un tipo de tumores benignos que segregas prolactina (hormona responsable da produción do leite nas mulleres). En canto ao metabolismo, preséntase un elevado risco a desenvolver algún tipo de diabete.

    Segundo un médico experto neste tema, afirma que o principal problema das persoas transexuais é o tema económico. Por este motivo, algúns/as acoden a clínicas clandestinas ou a cirurxiáns non certificados para levar a cabo a reasignación sexual, o que aumenta os riscos citados anteriormente.

  5. marta.s.br Dixo:

    Os transexuais son persoas que se encontran nunha seria e profunda disconformidade entre o sexo psicolóxico e os demáis caracteres sexuais. O transexual sabe que o seu corpo pertence a un xénero no cal está atrapado e non se sinte identificado. Non está loco nin é un farsante, é plenamente consciente da súa dicotomía. O transexualismo é real, non producto da imaxinación.
    A transexualidade resulta un problema grave para a persoa que a sofre, xa que non é fácil o cambio psicolóxico no que se encontran e ademáis as ciruxías ás que se someten son moi duras e poden ter diversas complicacións. Considero que as persoas que toman estas decisións non merecen ser discriminadas nin excluídas na sociedade, senón ser respetadas. A súa decisión non foi tomada dun día para outro.

  6. carmen.c.br Dixo:

    A transexualidade non é unha enfermidade, do mesmo xeito tampouco se trata dun trastorno psicolóxico. As persoas que deciden cambiar de sexo non tomaron unha decisión á lixeira e, como mínimo, merecen un respecto. Ao fin e ao cabo temos que recordar que o sexo non nos define e que todos temos os mesmos dereitos como persoas que somos.

    Cambiar de xénero masculino a feminino fisicamente, ou volverte unha muller transxénero, representa un proceso único e persoal. Non existe unha maneira “correcta ou “incorrecta” de cambiar de xénero a nivel físico.

    As mulleres transexuais sométense a diversos procedementos moi duros coa finalidade de adquirir caracteres sexuais femininos. Un destes procedementos é a Terapia de Substitución hormonal cuxo propósito é causar o desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios do xénero desexado. Non obstante, a terapia hormonal sustitutoria non modifica o ton da voz, pero definitivamente si é posible cambialo mediante terapias de cambio de voz nas que os patólogos da fala e a linguaxe, axudan ás mulleres transxénero a lograr o ton, resonancia e inclinación mais adecuados a unha voz feminina.

    Moitas mulleres transexuais sométense a gran cantidade cirurxías de feminización corporal como as vaxinoplastias (cirurxía de creación dunha vaxina), mamoplastias, liposuccións…

    Con todo isto quero recalcar que os transexuais non son persoas que merezan ser humilladas e discriminadas publicamente; mais ben todo o contrario, merecen un aplauso por toda a súa valentía e coraxe.

  7. maria.p.b.br Dixo:

    Este tema é realmente preocupante xa que os transexuais sofren moito, tanto psicoloxicamente porque sinten que os seus órganos sexuais non compaxinan co que a súa mente quere, e tamén sofren fisicamente xa que estos sométense a operacións moi pouco agradables e inxiren hormonas para cambiar os seus aspectos biolóxicos.

    Ahora na sociedade utilízase o término “trans” para englobar todo, pero existen tres términos esenciales para cada grupo, os transexuais son os que non se atopan a gusto co seu sexo e se operan para cambiar os seus xenitais, os tranxénero son as persoas desconformes co seu sexo pero que non se operan, e os travestis son os que so se visten do sexo oposto.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.