España, o país coa taxa máis alta de cáncer de gorxa no mundo

Aínda que coloquialmente é chamado cáncer de gorxa, en realidade, este tumor afecta á boca, larinxe e farinxe. Esta demostrado que as principais causas da aparición deste tumor son o tabaco e o alcol, aínda que nos últimos anos tamén se descubriu que tamén existen outros factores de risco como son o sexo oral e o refluxo ácido do estómago. Non obstante, tamén entran en xogo os factores xenéticos.

Detectar a tempo o cáncer de gorxa é esencial para curarse, pois se o tumor se atopa na súa fase inicial o 90% dos pacientes cúranse. Para poder mellorar a detección de tumores deste tipo, hai que concienciar á xente de que existen síntomas, aparentemente inofensivos, que poden estar dando unha sinal de alarma.

No caso do cáncer de larinxe, adoita vir precedido da afonía. Cos cánceres de farinxe e orofarinxe, a persoa detecta dificultade para tragar, molestias na gorxa, cospen sangue ou notan un vulto no pescozo (metástase rexional). Por iso os profesionais recomendan que cando unha persoa note unha afonía de máis de 15 días ou unha protuberancia no pescozo, acudo ao médico canto antes.

imagen

O doutor Son Llàzter diagnostica unha media de 51 cánceres de gorxa cada ano. Iso supón unha persoa nova con cáncer cada semana.

Existen gran variedade de técnicas para contraatacar estes tumores. Cando o tumor é pequeno pódese elixir a radioterapia controlada ou as cirurxías por láser, dentro da boca, sen facer cirurxías externas. Estas técnicas deixan unha boa calidade na capacidade de falar e tragar. En cambio, ante un tumor avanzado é necesario facer “cirurxías moi mutilantes”, nas cales se realizan larinxectomías (extirpación total ou parcial da farinxe e a larinxe).

Tras a operación chega a dura recuperación na que os pacientes aprenden a falar de novo, a tragar e a cheirar, xa que se perde este sentido ao seren incapaces de inspirar aire pola nariz.

Por isto todo aínda que a cura para o cáncer sexa o diagnóstico precoz pero o mellor para evitalo é levar unha vida sen factores de risco. Os parece interesante esta noticia. Coñecedes  algunha outra técnica para tratar o cáncer de gorxa?

Fonte: http://www.elmundo.es/baleares/2017/02/04/5895b66522601dcf178b4686.html

 

Tags: , , , ,

4 Respostas a “España, o país coa taxa máis alta de cáncer de gorxa no mundo”

  1. andrea.br Dixo:

    Como na maioría de enfermidades os malos hábitos están detrás de todo. O tabaquismo e o alcol son as causas máis comúns do cancro de gorxa. Consumir estas substancias aumenta a exposición da nosa boca a axentes canceríxenos ou produtos químicos que poden danar o ADN e facer as nosas células cancerosas. Segundo diversos estudos, 7 de cada 10 pacientes que sofren este tipo de cancro son bebedores e as persoas que consumen ambas substancias teñen un risco 100 veces maior de padecelo que as persoas que non fuman nin toman bebidas alcólicas.
    Outras causas menos comúns son a luz ultravioleta, que adoita darse en persoas que traballan ao aire libre onde están expostas á luz solar durante moito tempo; os enxaugues bucais con alto contido en alcol; ou mesmo as dentaduras postizas mal adaptadas.

    Por outra parte, contestando a pregunta que nos presenta Carmen, a quimioterapia tamén é outra das técnicas habituais para tratar este tipo de cancros. Consiste no uso de fármacos para destruír as células canceríxenas, xeralmente ao impedir a súa capacidade para crecer e dividirse. Habitualmente, recoméndase o uso da quimioterapia en combinación coa radioterapia, da que xa nos falou a miña compañeira nesta entrada.

  2. marta.s.br Dixo:

    Esta noticia pareceume moi interesante, xa que descoñecía que o cancro de gorxa fose o cancro coa taxa máis alta en España. Despois de leer a noticia de Carmen considero que este cancro resulta unha enfermidade moi dura e perigosa tanto no seu diagnóstico coma na súa ciruxía. O factor máis importante é detecata con tempo e realizar as técnicas necesarias para contraatacar o tumor. Se esté se encontra nos súa fase inicial, non é tan preocupante, a maioría dos pacientes cúranse. Pero en cambio, se a detectación do tumor é tardía falaríamos dunha cuestión máis grave, na cal se tería que realizar a extirpación total ou parcial da farinxe e da larinxe cunha recupereción moi dura na que o paciente tería que volver a aprender a falar, tragar e cheirar. Deste modo creo que teníamos que controlar moito os síntomas para poder chegar a detectalos con tempo e non ter complicacións.

  3. guillermo.a.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante que nos fala das causas máis comúns e dos diferentes tratamentos actuais para o cancro de gorxa. O cancro de gorxa, e o cancro en xeral, é unha das causas principais de morte en todo o mundo polo que a investigación e o desenvolvemento de novos tratamentos menos agresivos que a quimioterapia e as operacións cirúrxicas que ademais doten ao organismo de total inmunidade contra esta patoloxía. Un deles é inmunoterapia ou terapia biolóxica que consiste na utilización de diversas moléculas, entre elas citocinas e anticorpos monoclonales como o bevacizumab, cetuximab e trastuzumab, deseñados mediante técnicas de enxeñería xenética, que dalgunha forma tentan destruír as células cancerosas empregando a capacidade do sistema inmunitario para atacar os procesos celulares disfuncionais concretos causante dos cancro. O mecanismo de acción destas sustancias é máis específico que o da quimioterapia e preténdese de está forma minimizar o dano ás células normais, con todo esta terapia non alcanzou o desenvolvemento da quimioterapia.

  4. ramon.f.br Dixo:

    Tendo en conta o tratado nesta noticia na que pon de manifesto os efectos producidos no home o cancro de gorxa, unha das enfermidades que cada día ten unha maior afectación entre a sociedade. Unha das funións que podemos destacar deste artículo é a prevención e técnicas preventivas ante dito cancro e pon de manifesto algúns dos síntomas máis característicos desta doenza.
    Debemos prestar atención ante a cantidade de novos casos que se detectan e as duras recuperacións que hai que levar a cabo.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.