O incógnito pasado das mitocondrias

Todos sabemos que as mitocondrias son estruturas pequenas situadas no interior da célula, que tamén se denominan orgánulos celulares. Estas se encargan de subministrar a maior parte da enerxía.

Pero, algunha vez vos preguntastes sobre o seu pasado ou a súa orixe?

Un estudo realizado por biólogos, presenta a posibilidade de que o antepasado das mitocondrias fose realmente un parásito denominado ” rickettsia” que en lugar de subministrar enerxía a extraía.  Para realizar este estudo, os biólogos baseáronse nunha construción dunha árbore evolutiva das mitocondrias que resolvería a relación hereditaria entre os orgánulos e os seus parentes bacterianos vivos segundo os estudos dos seus xenes. O resultado do análise do ADN afirmou con seguridade que as mitocondrias pertencían  a esta clase de bacterias patóxenas.  O antecesor desde parasito nalgún momento perdeu ese xene e adquiriu outro que produce enerxía, como fan hoxe en día as mitocondrias.

Ouros científicos non están de acordo cos resultados deste estudo, xa que opinan que interpretaron erroneamente a descendencia da árbore evolutiva. Tamén pensan que debido a rápida evolución deste orgánulo non se pode saber con certeza á rama da árbore evolutiva a que pertence.

Estas observacións doutros científicos, fan dubidar sobre a fiabilidade e credibilidade do estudo. Que opinades sobre este estudo? Parécevos fiable?

imagen

 

 

Tags: , , ,

5 Respostas a “O incógnito pasado das mitocondrias”

  1. alba.g.br Dixo:

    Penso que para falar e dar unha teoría e preciso comprobar e recomprobar todos os pasos feitos, os resultados obtidos os cálculos feitos…. vamos, todo o método científico senón, a nosa idea quédase nunha hipótese.

    Penso que a este estudo aínda lle queda para ser teoría pois parece ser que precisa de mais comprobación pero ao mellor está no bo camiño. Xa Lynn Margulis en 1967 deulle unha orixe as mitocondrias, que eran antigas bacterias que entraron na célula por fagocitose e quedaron dentro en simbiose debido a que estas bacterias proporcionaban
    enerxía e a célula proporcionáballe alimento.
    Evidencias desta teoría foron a dobre membrana das mitocondria, a exterior igual a membrana plasmática devido a envoltura que se fixo na facocitose, e a interna mais de carácter bacteriano ao igual que o seu propio ADN, ARN e ribosomas.
    Se a bacteria fagocitada en vez de proporcionar enerxía a extraera, non habería simbiose pois á célula non lle proporcionaría ningún beneficio.
    Se o antecesor dese parasito, do que estamos a falar, nalgún momento perdeu ese xene de absorber enerxía e adquiriu outro que a produce, confirmaría a teoría endosimbióntica de Lynn Margulis.

  2. guillermo.a.br Dixo:

    Paréceme unha noticia moi interesante que tenta darlle outra explicación a orixe das mitocondrias, e polo tanto das células eucariotas, diferente ao dado por Lynn Margulis na súa Teoría da Endosimbiose.
    Segundo esta teoría, a máis aceptada actualmente pola comunidade científica, as primeiras células eucariotas xurdiron a partires doutras células máis sinxelas que estableceron unha relación de simbiose con bacterías que fagocitaron. Estas bacterias hóspedes acharían nutrientes e protección nas células hospedadoras, mentres que estas obtiñan beneficios enerxéticos do seu hospedador, e darían lugar as primeiras mitocondrias e cloroplastos. Neste estudo plantéase o contrario: que en realidade estas bacterías estableceron unha relación de parasitismo cos seus supostos hospedadores.
    A pesar de que o planteamento sexa interesante as probas para demostrar este hipótese son escasas ademáis hai que ter en conta que aínda falta moito para descubrir o orixe tanto deste orgánulo como o da propia célula no noso planeta.

  3. estefania.v.br Dixo:

    Paréceme unha noticia moi interesante, xa que da un punto de vista distinto sobre a orixe das mitocondrias. É unha noticia que contén moita información e un pouco difícil de entender, pero analizándoa un pouco captase en que se basea esta teoría.

  4. ramon.f.br Dixo:

    Esta noticia pareceme moi interesante xa que demostra que un organulo celular como as mitocondrias que son moi importantes no noso organismo antes fixesen unha función completamente diferente.

  5. alba.br Dixo:

    Estou moi de acordo co primeiro comentario publicado nesta noticia pois establecer a orixe de algo que non vivimos e que sucedeu fai tanto tempo é moi complicado. Poderían surxir moitas teorías, pero ese é o problema, que só se quedan en teorías e para demostrar cen por cen a súa fiabilidade farían falta máis probas, máis cálculos etc.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.