Cannabis para asmáticos; mito ou realidade?

O finalidade deste post e tentar explicar o uso terapéutico que poden ter a utilización das plantas do Cannabis, comunmente coñecidas como Marihuana, para  tratar o asma, sopesando todos os pros e os contras relacionados co seu consumo e expoñéndoos de maneira obxectiva.

Antes de nada é necesario explicar que o asma é uha enfermidade pulmonar, producida en moitos casos por unha alerxia, que afecta as paredes dos bronquios facendo que estas se contraian e diminúan o seu calibre, o que impide o intercambio gaseoso nos alvéolos e ocasiona insuficiencia respiratoria nas persoas afectadas. Dito isto, unha serie de experimentos en persoas asmáticas demostrou que o consumo de Cannabis en pequenas doses pode ter un efecto broncodilatador nos pacientes, relaxando e expandindo os seus bronquios e permitindo así o paso do aire. Ademais demostrouse que a administración de só 500 mligramos de marihuana pode chegar incluso a ser máis eficiente e ter unha acción máis duradeira que as doses habituais doutros fármacos broncodilatadores utilizados en clínicas.

Resultado de imagen de hoja de marihuana

 

 

Con todo hai que ter en conta que o fume da combustión da marihuna, ao igual que o do tabaco, contén sustancias tóxicas, como alquitrán ou monóxido de carbono, que a largo prazo poden danar as paredes das vías respiratorias e causar outras enfermidades como bronquite crónica ou cancro de pulmón. Debido a isto recoméndase recorrer a outras vías de administración (dixestiva ou subligual) para o seu uso terapéutico ou tamén utilizar vaporizadores que evitan as sustancias tóxicas da combustión e disminúen o risco de consumo. En conclusión, o cannabis pode ter un uso terapéutico en asmáticos sempre e cando sexa moderado e non se administre por vía inhalada mediante combustión.

 

Sabedes doutros usos terapéuticos que pode ter o Cannabis?, Qué pensades sobre o uso medicinal do Cannabis? e sobre o seu uso recreativo? Pensades que pode ser considerada como un medicamento máis?

 

URL da noticia

 

http://www.lamarihuana.com/cannabis-y-pulmones/

 

 

Tags: , ,

4 Respostas a “Cannabis para asmáticos; mito ou realidade?”

  1. j.manuel.m.br Dixo:

    Un dos usos terapéuticos e para os dores de cabeza xa que pequenas doses de cannabis parecen ser eficaces para imitar os propios produtos químicos do cerebro e crear un equilibrio neurolóxico que pode diminuír ou incluso reverter una migraña. De feito, un estudo levado a cabo pola Universidade de Colorado encontrou que o 85% dos pacientes estudados tiñan menos migrañas cando se utiliza o cannabis inhalado ou inxerido. Tamén axuda aos dores menstrual porque o sistema endocannabinoide está conectado intimamente co sistema endócrino, o cal é responsable de regular ducias de hormonas no corpo.

  2. maria.p.b.br Dixo:

    Esta noticia pareceume bastante importante xa que estamos acostumados a escoitar que a marihuana é mala para a saúde e que só se consume como un vicio, pero nesta noticia temos un exemplo de que o cannabis pode ser usado no ámbito terapéutico, non so para o asma se non que tamén o seu consumo moderado e controlado pode axudar a reducir os espasmos da epilepsia, parkinson… E tamén axuda a depresión, a ansiedade, e pode actuar tamén como analxésico en problemas de medula espiñal ou esclerose múltiple… Eu penso que aínda que estea considerada como unha droga se é certo que o seu consumo regulado nos beneficia para a nosa saúde, porque non consideralo medicamento? Creo que conforme máis pacientes vaian consumindo desta sustancia e vexan que os benefician, vaise acabar considerando como un medicamento controlado

  3. cristina.c.br Dixo:

    Si ben o abuso da marihuana provoca efectos nocivos para a saude, tamén e capaz de axudar a vivir mellor a determinadas persoas. Ainda que o seu uso terapéutico ainda e moi limitado, en algunos países permitese a sua prescripción médica como forma de apaliar enfermidades terminais e trastornos neuronais dexenerativos. De feito, existen incluso fármacos elaborados con sustancias cannabinoides.

    Os principais beneficios para apaliar enfermidaes que se llr atribue a marihuana terapéutica son:

    - Inhibe as náuseas e o vómito que padecen os enfermos de cáncro e sida que son sometidos a quimioterapia.
    - Actúa como analxésico para as dores en enfermidades como a esclerose múltiple, ou no caso de lesiones de médula espiñal.
    -Estimula o apetito e facilita o aumento do peso de pacientes con anorexia derivada de patoloxías graves.
    -Atenúa os espasmos e las contraccions causados por enfermidades como a epilepsia, esclerose múltiple e o párkinson.
    -Combate a ansiedad e a depresión.
    -Conten axentes que protexen as neuronas en caso dun traumatismo craneoencefálico ou ictus.

    Ao marxe de todo isto, hay que ter claro que o feito de que o cannabis sexa utilizado para fins terapéuticos non significa que sexa bó para a saude. Por moito que se modifique a composición para que os efectos perjudiciales diminuan, as sustancias nocivas seguen estando presentes.

  4. alba.g.br Dixo:

    Esta noticia chamoume a atención pois eu son asmática. Aínda que non preciso o Ventolín seguido pero si para un elevado esforzo físico, nunca oíra falar desta propiedade da droga máis famosa.

    O estudo que se cita aquí foi levado a cabo tanto con individuos sans como en pacientes asmáticos, mediante a administración dun porro (cun 2% de THC). Neles viuse unha resposta broncodilatadora equivalente á producida por fármacos broncodilatadores.

    Pola contra, como aquí ben se di, o fume da combustión da marihuana que se daría co porro, produce partículas irritantes para o aparello respiratorio, polo que este método non é admitido pola comunidade científica, pois pode darse como resultado unha crise aguda de broncoespasmo e tose. Desta maneira habería que tomalo por via oral o que pode causar moitos efectos secundarios e un abuso podería levar facilmente a adicción.

    Como din os meus compañeiros o cannabis xa é receitado de forma moi controlada e moderada medicinalmente como analxésico para pacientes con fortes dores, ansiedade…. Así poden levar unha vida mellor e a algunha xente é o método que mellor lle funciona.

    Aínda así, se o consumo de cannabis en enfermidades crónicas como é a asma debe ser como terapia de mantemento, de momento non creo que vaia a aplicar ese método para a miña enfermidade sen que se fagan máis estudos e se eliminen todos os efectos prexudiciais.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.