É bo reprimir un esbirro?

Todos/as nalgún momento nos reprimimos un esbirro por vergoña a facer moito ruido ou por algún outro motivo, pero… isto é realmente bo para a nosa saúde?

O esbirro é ocasionado pola irritación das membranas mucosas tanto do nariz como da garganta. Consiste basicamente nun acto reflexo no que se expulsa o aire pulmonar a través das fosas nasais e, en ocasións, tamén pola boca.

Se temos en conta que o obxectivo do esbirro é expulsar as posibles partículas extrañas ou xermes presentes no nariz, cando o reprimimos non acadamos o noso propósito. É máis, estes xermes e partículas poden ser desprazados cara partes máis internas do nariz, como os senos paranasais ou o oído medio, podendo ocasionar graves infeccións.

Por outra banda, o aire que expulsamos nun esbirro alcanza velocidades tan altas (de ata 150 km/h) que pode acabar danando os nosos propios tecidos, de maneira que o aumento de presión pode causar pequenas roturas vasculares (por exemplo, sangrado polo nariz ou hemorraxias no tímpano), dor de oídos, inflamación das fosas nasais ou do tímpano, dor de cabeza e mareos.

 

imagen

En definitiva, por todas esas consecuencias que pode causarnos, nunca debemos reprimir un esbirro. O axeitado sería facelo sobre un pano rexeitable, para evitar propagar as infeccións.

Vos que opinades? Coñeciades algunhas destas consecuencias?

https://www.natursan.net/es-malo-estornudar-hacia-dentro-y-reprimir-el-estornudo/

http://www.muyinteresante.com.mx/preguntas-y-respuestas/15/06/22/estornudar-hacia-adentro/

 

Tags: , ,

6 Respostas a “É bo reprimir un esbirro?”

  1. maria.p.b.br Dixo:

    Eu opino sobre esta noticia xa que a maioría de nos casi seguro que nunca se parou a pensar neste tema, e moito menos pensar que podría ter consecuencias tan graves como as que esta noticia cita.
    Eu despois de ler nesta noticia que Andrea publicou as consecuencias que pode causarnos reprimir un esbirro, penso que é perxudicial para nós facelo e como di a noticia o mellor sería usar un pano para evitar que as infeccións se contaxien

  2. j.manuel.m.br Dixo:

    Esta noticia é moi interesante xa que advirte do malo que pode ser reprimir o esbirro. Ainda que o esbirro podese deber á necesidade de expulsar as partículas extrañas presentes no nariz, tamén se pode deber a catarros e gripes, reacións alérxicas ou ao contacto co sol. Un dato sorprendente sobre os esbirros é que casi nunca “chegan sos”. ¿Isto que quere dicir? Que é probable que cando aparece o primeiro logo se repita varias veces, isto pode variar e en algunhas persoas o normal é que expulsen aire hasta dez veces.

  3. marta.s.br Dixo:

    É interesante esta noticia, xa que nunca me parara a pensar nesta cuestión.E nin moito menos penseis que a represión dun esbirro puidese causar algúns problemas e infeccións nas fosas nasais. Pero as veces, sen nós ser conscientes de querer reprimir un esbirro, por sí só o noso propio organismo cando queremos estornudar reprime o esbirro e perdemos o estornudo. Por que pasa iso?

  4. cristina.c.br Dixo:

    Si, coeñecia alguns dos efectos de reprimir un r¡esbirro entre eles atopase una posible infeccion pola presion probocada ao reprimilos , xa que non deixas deste xeito expulsar os xermens ect…
    Tamen pode probocar unha afeccion de audicion, de feito nalguns casos pode chegar a ocasionar danos cerebrais.

  5. paula.e.br Dixo:

    En conclusión,estou de acordo en absoluto,que as veces reprimimos un esbirro,polo tan sinxelo feito de non querer molestar, por vegoña ou porque ocorra algo indesexado…Pero iso,efectivamente, conleva a unha serie de consecuencias non favorables para a nosa saúde . Por iso cando sintamos a necesidade de esbirrar,fagamolo sen ningunha prohibición , nin medo….só pensando en que nos vai a perxudicar se non o facemos.

  6. alba.g.br Dixo:

    Teño que confesar que case sempre por non dicir sempre, reprimo os meus esbirros polas causas que ben dixo Paula. Eu, teño moita alerxia ao po e practicamente en todas as primeiras clases no instituto as paso esbirrando seguido e para non molestar reprímome. Tamén é certo que algunha vez doéronme os oídos pola presión. Pero agora sabendo todo o que explica o post aínda que xa oíra falar de que reprimir un esbirro é malo tentarei deixar de farelo pola miña saúde, pois se o meu corpo leva a cabo ese acto reflexo para expulsar partículas estrañas non debo ser eu mesma o que impida a niña propia protección.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.