Canta forza pode ter unha onda?

Na costa noroeste de Irlanda, ademais de atopar a Calzada dos Xigantes, unha paisaxe de prismas basálticos producidos polo arrefriamento dunha caldeira volcánica. Na península de Annagh Head, atópase unha zona onde se acumulan rochas tan grandes coma coches, que poden chegar a pesar 50 toneladas, arrastradas por algún tipo de forza moi potente ata decenas de metros cara a costa. Pero, que as moveu?

Imagen de la península de Annagh Head

 Segundo un novo estudo publicado por unha universidade irlandesa e grazas as novas simulacións por ordenador, concluíron que as ondas habituais nesta tormentosa rexión son capaces de arrancar anacos de rochas de ata 100 toneladas e lévalas terra ata a costa.

Normalmente, só se considera que os tsunamis poden arrastrar rochas de 30 toneladas, as tsunamitas, pero nesta zona atopouse unha rocha de 48 toneladas e 4’3 metros de largo, 115 metros máis alá da liña da marea; e os investigadores encontraron probas de que non foron arrastradas por tsunamis. Esas probas, baseáronse na comparación de rochas de Nova Zelandia (zona na que hai rochas arrastradas por tsunamis), coas irlandesas. Ao combinar datos históricos e oceanográficos e ao aplicar modelos matemáticos concluíron que o tamaño das rochas de Annagh Head, é compatible coas ondas das tormentas que alí se forman.

Cos resultados deste estudo esperan que se poidan estudar formacións en todo o mundo.

 

http://www.abc.es/ciencia/abci-arrastro-rocas-pesadas-como-camiones-costa-irlanda-201711282157_noticia.htm

 

Novas: máis perto do que esperábamos?

Antes de empezar a falar da noticia principal, débese ter claro a diferencia entre “nova” e “supernova”.

-As novas son un fenómeno frecuente na Vía Láctea, e actualmente calcúlase que hai 35 cada ano. Ocorren cando unha anana branca (estrela colapsada por falta de hidróxeno) se xunta nun sistema binario con outra estrela e lentamente lle rouba o gas das súas capas externas, utilizando ese gas para as fusiones termonucleares, o que causa que brille máis do normal.

-Cando estas ananas brancas absorben demasiada masa e superan o límite de Chandrasekhar, proceden á fusión instantánea de todo o seu núcleo: isto dispara unha cadea de explosións termonucleares (supernova) que destrúe a estrela expulsando todo o material que a formaba e posiblemente formando un “burato” negro.

Nova/sistema binario                                                 Supernova

      imagen imagen

Agora que (espero) o entendestes, conto a noticia:

Detectouse unha nova a 200.000 anos luz da Terra,  nunha galaxia veciña. Creen que é a nova de unha das ananas brancas más luminosas de todos os tempos.

Grazas a que, aparte de luz visible, as novas emiten grandes cantidades de radiación en forma de raios UV e raios X, os astrónomos puideron analizar a temperatura e a composición química de este obxecto.

«Os datos de raios X mostraron que a masa da anana branca está cerca do máximo teórico: a acreción de máis material podería facer que acabara destruída en forma de supernova», dixo nun comunicado Kim Page, investigador na Universidade de Leicester e coautor do estudio.

Sabedes algo máis do universo? Esqucín algo na noticia? Contádeo nos comentarios.

Fuente principal: http://www.abc.es/ciencia/abci-detectan-explosiones-nova-mas-luminosas-todos-tiempos-201710130232_noticia.html

 

Son as moscas tan inofensivas como pensamos?

   As moscas, si, esas molestas criaturas que revolotean sempre cerca da túa cara. Son pesadas, si, pero poden ser máis perigosas do que pensábamos. ¿Como? Ao transportar patóxenos daniños para o ser humano. Segundo un estudio do microbioma de 116 moscas e moscardóns de tres continentes diferentes, un grupo de investigadores liderados por Donald Bryant, descubriron que, en algúns casos, estas moscas portaban centos de especies diferentes de bacterias, moitas das cales son daniñas para os humanos. Debido a que as moscas a miúdo viven cerca nosa, os científicos sospeitan que desempeñan un papel na propagación de enfermidades. Según Bryant, nas patas e nas ás é onde  hai maior diversidade microbiana no corpo da mosca, o que suxire que as bacterias utilizan as moscas como lanzadeiras.” É posible que as bacterias sobrevivan á viaxe, crezan e se estendan sobre unha superficie nova”. De feito, o estudio amosa que cada paso de centos que da unha mosca deixa unha pista de colonia microbiana, así, a nova superficie soporta o crecemento bacteriano.

                             mosca.jpg - 83.36 Kb

Os moscardóns e as moscas domésticas, ámbalas dúas especies de moscas carroñeiras, a miúdo están expostas a materia antihixiénica porque usan feces e materia orgánica en descomposición para alimentar as súas crías. Alí poderían recoller bacterias que actuarían como patóxenos para os seres humanos, plantas e animais. Sorprendentemente, as moscas recolectadas en cortes do gando portaban menos patóxenos que as de ambientes urbanos, o que indica que o potencial para que as moscas transmitan enfermidades pode aumentar cando hai máis persoas presentes.

A min sorprendeume a noticia, xa que non me esperaba que criaturas coas que convivimos diariamente poidan transmitir certas enfermidades. Aínda así, non creo que sexa para tanto nin que causen ningunha enfermidade grave. Vos que opinades?

Fontes; Quo

 

Adeus as bolboretas

Un recente estudo da unión europea descubriu algo que xa moitos no demos conta e é que a cantidade de especies de insectos coma os saltón ,as bolboretas ,as abellas etc… que se encargan de polinizar as plantas que nós consumimos están a decrecer en numero de forma case alarmante levándoa algunhas especies case ata estar en perigo de extinción. Isto xera un efecto en cadea que fai desaparecer as especies que se alimentan deles.

 

imagen

As causas  disto debémolas ao uso de pesticidas extremadamente prexudiciais contra as abellas e outros insectos ademais da continua destrución do seu hábitat natural .

Que opinades de isto? Algunha vez vos puxestes a pensar o difícil que e encontrar una xoaniña cando antes estaban por todas partes?
Fontes :El pais ,https://elpais.com/elpais/2017/09/19/ciencia/1505835144_925754.html

 

Godwana;un continente baixo illa Mauricio

Un grupo de científicos encontraron no océano Índico algúns restos dun posible continente que se desintegrou hai 200 millóns de anos.

 

imagen

 

Este descubrimento levouse a cabo grazas ao achado duns minerais de fai 3000 millóns de anos sobre a superficie desta illa. Os científicos chegaron á conclusión de que non era normal que se atoparan minerais con tanta antigüidade nun lugar tan recente. Así concluíron que se trataba dunha pequena peza do antigo continente que se rompeu dende a illa de Madagascar, cando África, a India, Australia e a Antártida se separaron formando o océano Índico.

O xeólogo Ashwal di que o feito de ter encontrado minerais tan antigos en Mauricio demostra que alí “ existen materiais da codia terrestre moito máis antigos que soamente puideron orixinarse nun continente”. Tamén sostén que a ruptura implicou “ unha fragmentación complexa que tivo lugar con fragmentos de codia continental de varios tamaños deixados á deriva dentro da conca do océano Índico en evolución”

 

Este descubrimento danos información sobre os mecanismos das placas tectónicas e sobre os epicentros oceánicos novos.

 

 

FONTE: EL ESPAÑOL

 

 

Riqueza material contra riqueza ambiental.

Cada día son máis os perigos que ameazan a nosa biodiversidade a nivel mundial. Un exemplo disto é a tala de bosques tropicais na selva amazónica de xeito indiscriminado e que non para de aumentar xa que, ademais da ameaza da gandaría e agricultura, agora tamén está a da minaría. Hai que ter en conta que este problema non só afecta ás especies, tamén ao clima.
A actividade mineira no Amazonas foi responsable do 10% da deforestación entre 2005 e 2015. Estes resultados mostran que a minaría é unha das principais causas da tala de bosques amazónicos. Un estudo demostrou que o 90% da deforestación tivo lugar fóra das reservas estatais. Esta deforestación foi 12 veces maior ao arredor das minas que dentro delas.

Dúas das máis coñecidas compañías extractoras de minerais en Brasil cooperaron nuns estudos para investigar os impactos da minaría nestes bosques a largo prazo. Encontraron que eran responsables da deforestación de 70 quilómetros de bosque dentro das súas reservas. Isto mostra que a deforestación da selva amazónica estendese a grandes distancias desde a extracción dos minerais.

Tamén hai que ter en conta que as actividades da minaría e todas as relacionadas teñen un impacto ambiental, incluíndo isto dende a creación de novas rutas de transporte (carreteiras, ferrocarrís e aeroportos) ata diversas infraestruturas como expansión urbanística.

imagen

 

Na actualidade, as empresas precisan de licencias medioambientais, que non contemplan os posibles danos que poidan causar fora das reservas estatais e que constitúen un factor fundamental na deforestación. Nesta disputa entre riqueza material contra riqueza ambiental que tan presente se atopa no mundo actual, cal pensades vós que é o camiño que pode levarnos a unha solución que non acabe en catástrofe?

Fonte:  http://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2017/10/24/59ee41e822601d936b8b4605.html

 

Desenvolvemento de dúas potentes ferramentas para correxir o material xenético das células humanas

Dous estudos presentados este mércores, realizados por importantes equipos de investigación fixeron relevantes avances na tecnoloxía de edición xenética. As melloras logradas aumentaran moito as posibilidades de que estos métodos poidan usarse nun futuro para investigar ou curar enfermidades.

Desarrollan dos potentes herramientas para corregir el material genético

No estudo presentado na revista ” Nature ” o equipo de David Lui desenvolveu un novo método capaz de cambiar unha das letras coas que está escrito o código xenético humano : A, C, G e T. Cada unha delas representa unha molécula , chamadas adenina, citosina, guanina e timina, e todas elas caracterízanse pola súa tendencia a colocarse en parellas, por exemplo a A coa T, a C coa G, e viceversa.

Este avance é moi importante xa que ao redor da metade das 32.ooo enfermidades xenéticas relacionadas coa presencia dunha letra errónea e a súa correspondente parella, poderíanse resolver con este cambio de parella, A-T a G-C.

Pola outra banda temos o estudo presentado para revista “Science” realizado polo equipo de Feng Zhang. Os autores presentaron unha modificación de potente técnica de edición do ADN, CRISPR ( “Clustered Regularly Interespaced Short Palindromic Repeats” ) e adaptárona para modificar o ARN, unha molécula xenética que actúa coma intermediario nas células, entre o ADN e as funcións que son necesarias para a vida. A nova técnica, chamada REPAIR, permite solucionar as “avarías” que causan enfermidades a un nivel distinto do ADN, o que ten moita importancia na investigación e na busca de novas terapias.

Fonte: http://www.abc.es/ciencia

 

Peixes drogados?

Así é, un estudo realizado en varias universidades (Unha estadounidense e as outras dúas tailandesas) chegou á conclusión de que no río Niágara, río no cal foi realizado o estudo e está localizado entre a fronteira de Estados Unidos con Canadá, os peixes que habitan nel, maioriatariamente percas negras americanas, teñen un elevado nivel de antidepresivos no seu corpo, especialmente no cerebro e no fígado. Xusto estas dúas partes do peixe son as que o ser humano non consume, e se fose así, a persoa estaría recibindo tamén antidepresivos.

Esto débese principalmente á contaminación. No caso do río Niágara o que ocorre é que, estatisticamente, un de cada oito estadounidenses toma algunha medicina para o cerebro, maioritariamente antidepresivos ou ansiolíticos, que ao defecar e urinar, sóltanse no sistema de alcantarillado pero as depuradoras non detectan e eliminan os principios activos dos medicamentos, de momento, polo tanto, cando todo isto chega ao río no cal viven os peixes e consúmeno e co paso do tempo van acumulando as moléculas dos medicamentos no seu cerebro. Isto afecta ao comportamento dos peixes, tanto en grandes cantidades coma en pequenas cantidades. Non é tan visible en pequenas cantidades pero en certos comportamentos nótase, coma por exemplo movéndose moi rápido. Tamén afecta á identidade sexual dos peixes, xa non só no río Niágara, se non, incluso en Galicia está ocorrendo; os peixes están cambiando de sexo debido á contaminación que non permite a producción de hormonas. Todo isto non só afecta a estes peixes, se non aos outros animais que os comen, coma por exemplo garzas ou nutrias. No caso das persoas, estos niveis non son tan altos coma para non consumilos xa que onde se concentran máis as moléculas dos medicamentos destes peixes, non é consumido por o ser humano.

Que pensades sobre isto? Pensades que realmente é algo perigoso que pode chegar a peor ou non ten tanta importancia?

 

imagen

FONTE: El mundo.

 

Os volcáns empuxaron ao colapso ao Antigo Exipto.

Como todos sabemos, a fame, a inestabilidade interna e o acoso dos romanos acabaron co Antigo Exipto, coincidindo co suicidio de Cleopatra VII no 30 a.C.. Toda esta inestabilidade comezou no 43 a.C. cando o Nilo non medrou, gran problema xa que todo o sistema exipcio dependía desta crecida anual.

Actualmente, una complexa investigación estuda o por que do comportamento do Nilo por aquel entón. Todas as probas recollidas sinalan a unha redución das precipitacións na planicie ecuatorial africana e na meseta etíope, nas fontes do Nilo, que eran as que provocaban as crecidas que mantiñan o Antigo Exipto. Os maiores sospeitosos son as erupcións volcánicas.

As erupcións volcánicas emiten grandes cantidades de gases sulfurosos á estratosfera, onde se oxidan formando pequenas partículas (aerosois de sulfato). Estes reflicten a luz solar incidente de volta ao espazo provocando que chegue menos enerxía á superficie. Esto causa un arrefriamento, menos evaporación e menos potencial para a chuvia. Erupcións preto da cunca do Nilo puideron provocar este fenómeno desencadeando consecuencias no Antigo Exipto. Pero tamén poderían ser erupcións volcánicas no hemisferio Norte as responsables da seca no Nilo. O arrefriamento  pola erupción nesa parte do globo afectado puido provocar ventos cara o Sur creando unha zona de converxencia intertropical (rexión onde ventos de ambos hemisferios de atopan). Polo tanto, os ventos monzónicos non chegarían  a terras altas etíopes onde o Nilo Azul debería encherse de auga.

Esto dáme que pensar, como esta civilización tan avanzada non atopou una alternativa ou saída a esta situación? Que vos pareceu a noticia?  Credes que houbo máis factores que contribuíron na desaparición desta sociedade?

Fonte:    https://elpais.com/elpais/2017/10/17/ciencia/1508227377_259419.html

 

A equivocación dos científicos sobre Marte

O planeta vermello cada día sorpréndenos máis,  demostrouse que os volcáns se formaron 1.000 veces máis lentos que os terrestres. Marte empezou a formar os seus volcáns activos nun período da súa evolución, pero a partir duns análises dos restos duns meteoritos determinaron que os actuais volcáns de Marte formáronse con maior lentitude que os terrestres.

Os seus volcáns teñen a mesma estrutura cos da Terra ao estaren formados pola maior parte de columnas de material ascendente debaixo da codia chamadas plumas de manto. En Marte a codia que se encontra sobre as plumas de manto non se move a diferencia da Terra, como consecuencia as erupcións prodúcense no mesmo punto da superficie durante máis tempo e chegan a formarse volcáns de grandes dimensións.

Ao determinar a idade de meteoritos que se xeraron a partir dun impacto na superficie de Marte fai 10,7 millóns de anos, os científicos puideron determinar o ritmo de crecemento do volcán.Os autores de este descubrimento consideran que redefine o noso coñecemento sobre o vulcanismo en Marte e suxire que o planeta roxo comezou a estar activo a nivel volcánico antes do que se pensaba ata agora.

Vós creedes que este novo descubrimento era imprescindible para entender a evolución do planeta vermello?

imagen

FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.rtve.es/noticias/20171003/marte-tuvo-volcanes-activos-antes-se-pensaba/1625682.shtml