Riqueza material contra riqueza ambiental.

Cada día son máis os perigos que ameazan a nosa biodiversidade a nivel mundial. Un exemplo disto é a tala de bosques tropicais na selva amazónica de xeito indiscriminado e que non para de aumentar xa que, ademais da ameaza da gandaría e agricultura, agora tamén está a da minaría. Hai que ter en conta que este problema non só afecta ás especies, tamén ao clima.
A actividade mineira no Amazonas foi responsable do 10% da deforestación entre 2005 e 2015. Estes resultados mostran que a minaría é unha das principais causas da tala de bosques amazónicos. Un estudo demostrou que o 90% da deforestación tivo lugar fóra das reservas estatais. Esta deforestación foi 12 veces maior ao arredor das minas que dentro delas.

Dúas das máis coñecidas compañías extractoras de minerais en Brasil cooperaron nuns estudos para investigar os impactos da minaría nestes bosques a largo prazo. Encontraron que eran responsables da deforestación de 70 quilómetros de bosque dentro das súas reservas. Isto mostra que a deforestación da selva amazónica estendese a grandes distancias desde a extracción dos minerais.

Tamén hai que ter en conta que as actividades da minaría e todas as relacionadas teñen un impacto ambiental, incluíndo isto dende a creación de novas rutas de transporte (carreteiras, ferrocarrís e aeroportos) ata diversas infraestruturas como expansión urbanística.

imagen

 

Na actualidade, as empresas precisan de licencias medioambientais, que non contemplan os posibles danos que poidan causar fora das reservas estatais e que constitúen un factor fundamental na deforestación. Nesta disputa entre riqueza material contra riqueza ambiental que tan presente se atopa no mundo actual, cal pensades vós que é o camiño que pode levarnos a unha solución que non acabe en catástrofe?

Fonte:  http://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2017/10/24/59ee41e822601d936b8b4605.html

 

Tags: , ,

2 Respostas a “Riqueza material contra riqueza ambiental.”

  1. guillermo.a.br Dixo:

    Unha das maiores ameazas para a vida do home é a deforestación, acción que implica espir o planeta dos seus bosques, e aquilo dá un efecto similar ao de queimar a pel do ser humano. Con todo, a pesar da gravidade que leva implícita a comprobación deste dano non se pode evitar por completo, xa que o ser humano require da madeira para construír vivendas e mobles, utensilios utilizados na vida diaria; como tamén para fabricar papel para diferentes propósitos. Débese insistir na reciclaxe do papel e a madeira para volvelos a reutilizar, debéndose obrigar que por cada árbore tallada, débanse sementar dúas ou máis; debendo as autoridades respectivas normar esta situación. Con todo, é un crime a talla de árbores, pois son os verdadeiros pulmóns do planeta, xeradores de aire, auga; protectores dos ríos e as concas; melloran o ecosistema. Moitos países teñen políticas preventivas e coercitivas para combater este dano. É necesario promover a cultura de sementar árbores, conservalos e mantelos nas escolas, os colexios, as universidades; e ao pobo en xeral, direccionar ás comunidades o dereito que teñen a gozar dun aire puro, incentivar ás persoas que sementan e conservan árbores

  2. antia.br Dixo:

    Buscar un camiño para que esta situación non acabe en desastre é complicado. No mundo no que vivimos tan globalizado e industrializado, só se lle da importancia á riqueza material mentres que nin sequera se pensa na riqueza ambiental. Para poder poñer fin a esta situación e que ambas riquezas poidan vivir en equilibrio todos podemos axudar, desde os gobernos endurecendo as medidas contra certos tipos de industrias e produtos nocivos ata un simple cidadán de a pé que con pequenos xestos pode conseguir grandes cousas.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.