Peixes drogados?

Así é, un estudo realizado en varias universidades (Unha estadounidense e as outras dúas tailandesas) chegou á conclusión de que no río Niágara, río no cal foi realizado o estudo e está localizado entre a fronteira de Estados Unidos con Canadá, os peixes que habitan nel, maioriatariamente percas negras americanas, teñen un elevado nivel de antidepresivos no seu corpo, especialmente no cerebro e no fígado. Xusto estas dúas partes do peixe son as que o ser humano non consume, e se fose así, a persoa estaría recibindo tamén antidepresivos.

Esto débese principalmente á contaminación. No caso do río Niágara o que ocorre é que, estatisticamente, un de cada oito estadounidenses toma algunha medicina para o cerebro, maioritariamente antidepresivos ou ansiolíticos, que ao defecar e urinar, sóltanse no sistema de alcantarillado pero as depuradoras non detectan e eliminan os principios activos dos medicamentos, de momento, polo tanto, cando todo isto chega ao río no cal viven os peixes e consúmeno e co paso do tempo van acumulando as moléculas dos medicamentos no seu cerebro. Isto afecta ao comportamento dos peixes, tanto en grandes cantidades coma en pequenas cantidades. Non é tan visible en pequenas cantidades pero en certos comportamentos nótase, coma por exemplo movéndose moi rápido. Tamén afecta á identidade sexual dos peixes, xa non só no río Niágara, se non, incluso en Galicia está ocorrendo; os peixes están cambiando de sexo debido á contaminación que non permite a producción de hormonas. Todo isto non só afecta a estes peixes, se non aos outros animais que os comen, coma por exemplo garzas ou nutrias. No caso das persoas, estos niveis non son tan altos coma para non consumilos xa que onde se concentran máis as moléculas dos medicamentos destes peixes, non é consumido por o ser humano.

Que pensades sobre isto? Pensades que realmente é algo perigoso que pode chegar a peor ou non ten tanta importancia?

 

imagen

FONTE: El mundo.

 

Tags: , ,

Unha resposta a “Peixes drogados?”

  1. tania.br Dixo:

    Ola, Iria. Decidín comentar a túa noticia porque me parece que é unha noticia moi interesante e que trata un tema que non debemos pasar por alto. Respondendo a túa pregunta, a min, persoalmente, non só me parece un feito grave, se non que me horroriza. De por si mesmas, hai especies de peixes velenosas para os humanos, como é o caso dalgúns peixes que producen alucinacións (Kyphosus fuscos, sarpa salpa…), pero, dende logo, non me parece para nada lóxico o que está ocorrendo con estes peixes. A noticia débenos facer reflexionar e preguntarnos: a onde foi chegar aquel papeliño inofensivo que tiraches na rúa? Pois ben, case todos os residuos que imos tirando pola rúa, acabarán introducíndose polos sumidoiros, que os levarán aos ríos e aos mares contaminando eses lugares e facendo que moitas especies morran ou, ao igual que nesta noticia, se altere a súa composición. Debemos tomar conciencia de que estamos a destruír o mundo no que nós mesmos habitamos. Tiramos aproximadamente oito millóns de toneladas de plástico ao mar cada ano. Se todo esa lixo se colocase ao longo das costas da Terra, habería cinco bolsas da compra cheas de plástico por cada trinta centímetros, o que constitúe unha auténtica barbaridade. Sen dúbida, debemos tomar conciencia xa, antes de que sexa tarde e, non tanto por nós (que acabamos consumindo peixes intoxicados dos nosos propios residuos), se non pola conservación dos ecosistemas mariños, esenciais para a vida.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.