Canta forza pode ter unha onda?

Na costa noroeste de Irlanda, ademais de atopar a Calzada dos Xigantes, unha paisaxe de prismas basálticos producidos polo arrefriamento dunha caldeira volcánica. Na península de Annagh Head, atópase unha zona onde se acumulan rochas tan grandes coma coches, que poden chegar a pesar 50 toneladas, arrastradas por algún tipo de forza moi potente ata decenas de metros cara a costa. Pero, que as moveu?

Imagen de la península de Annagh Head

 Segundo un novo estudo publicado por unha universidade irlandesa e grazas as novas simulacións por ordenador, concluíron que as ondas habituais nesta tormentosa rexión son capaces de arrancar anacos de rochas de ata 100 toneladas e lévalas terra ata a costa.

Normalmente, só se considera que os tsunamis poden arrastrar rochas de 30 toneladas, as tsunamitas, pero nesta zona atopouse unha rocha de 48 toneladas e 4’3 metros de largo, 115 metros máis alá da liña da marea; e os investigadores encontraron probas de que non foron arrastradas por tsunamis. Esas probas, baseáronse na comparación de rochas de Nova Zelandia (zona na que hai rochas arrastradas por tsunamis), coas irlandesas. Ao combinar datos históricos e oceanográficos e ao aplicar modelos matemáticos concluíron que o tamaño das rochas de Annagh Head, é compatible coas ondas das tormentas que alí se forman.

Cos resultados deste estudo esperan que se poidan estudar formacións en todo o mundo.

 

http://www.abc.es/ciencia/abci-arrastro-rocas-pesadas-como-camiones-costa-irlanda-201711282157_noticia.htm

 

Tags: , , , ,

4 Respostas a “Canta forza pode ter unha onda?”

  1. victor.br Dixo:

    Eu sabía que as ondas tiñan máis forza da que un cree, e que só 30 cm de auga pode mover un coche, pero non sabía que podía mover rochas de tantas toneladas coas ondas do mar normais, sen ser un tsunami. Tamén oín hai pouco que as ondas do mar poden afundir un barco facendo un buraco no lado del, e estrañoume moito. Agora sei que non é tan raro.

  2. iago.lopez.br Dixo:

    E incrible a forza da agua estou seguro de que deberiamos poder encontrar algunha maneira para usar esa forza para xenerar enerxia ou outro fins seria algo moi beneficioso para todos.

  3. alba.m.br Dixo:

    Paréceme unha noticia moi interesante, pois sempre que nos falan dun tsunami pensamos na grandísima forza que ten e nos estragos que pode facer. Pero, e as ondas? Como esta noticia indica hai ondas que poden ser máis fortes que os tsunamis e ante as cales tamén deberiamos ter coidado e medidas de seguridade.
    Actualmente penso que estas ondas non se chegarían a xerar na medida que o fixeron para formar estas estruturas, pero nunca se sabe, a natureza sempre sorprende.

  4. clara.br Dixo:

    Nunca cheguei a imaxinar que unhas ondas poderían ter semellante forza! Se estivéramos falando dun tsunami o mesmo chegaría a parecerme normal que movera rochas desas dimensións, pero unhas ondas normais? Calquera vai a nadar por esa zona… ;)
    Creo que o que dixo Iago de aproveitar tanta forza para xerar enerxía é MOI intelixente. Temos que aproveitarnos dos recursos que nos da a terra, e neste caso serían recursos renovables, polo que serían ecolóxicos.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.