Superbacterias resistentes aos antibióticos

O descubrimento de antibióticos como a penicilina revolucionaron a loita médica contra as infeccións bacterianas. Xunto coas vacinas, a gran mellora na hixiene e outros avances, o seu desenvolvemento foi o responsable do aumento espectacular da esperanza de vida da poboación en Occidente, que se mantiña por baixo dos cincuenta, cunha media mundial de trinta e un, entre outras cousas porque, se en 1900 as tres primeiras causas de falecemento nos países eran enfermidades infecciosas como a pneumonía, a tuberculose e a diarrea ou a gastroenterite, no presente ningunha delas o é. Non por nada a aplicación da penicilina é considerada por moitos científicos o logro máis importante da medicina no século pasado. Malia isto, a resistencia que teñen adquirido miles de millóns de bacterias en todo o mundo contra os antibióticos convencionais, como a bacteria Streptococcus pneumoniai (bacteria responsable da penumonia que actualmente é totalmente resistente ao efecto da penicilina), pon en xaque a medicina moderna e ameaza con devolvernos a ese escuro pasado anterior ao descubrimento de Fleming.

imagen

O mal uso dos antibióticos por parte de gran parte da poboación explica este aumento progresivo das resistencias bacterianas. A crenza popular de que os antibióticos serven para curar a gripe ou o arrefriado, as cales son enfermidades causadas por virus, ou a automedicación sen consultar aos médicos de cabezeira conleva unha serie de repercusións moi serias para a saúde global.  Ademáis a vertedura de antibióticos nas augas e o seu uso intensivo en gando para consumo humano tamén contribúen a aumentar as resistencias e o contaxio directo por carne mal cociñada. Os antibióticos matan bacterias atacando algunha das súas funcións esenciais para a vida. As penicilinas por exemplo bloquean a síntese da parede celular, outros antibióticos evitan que se formen proteínas e tamén os hai que paralizan a replicación do ADN. Ao final sobreviven as bacterias que son capaces de desenvolver estratexias bioquímicas que destrúen o antibiótico. Segindo a máis pura concepción darwinista, conseguen adaptarse  e evolucionan ata que dan coa fórmula para facerse inmunes en cuestión de poucas xeracións, é dicir, en semanas. Así, no momento en que se introduce un antibiótico na práctica clínica, empeza a conta atrás da súa vida útil. Canto máis expostas estean as bacterias aos antibiótico antes faranse resistentes. Por iso é fundamental usar o antibiótico idóneo no momento, a dose e duración adecuadas.

Case todos os antibióticos actuais prodúcenos a partir de bacterias ou fungos que viven no chan. Estes microbios, presentes en todo o planeta, íllanses nos laboratorio, multiplícanse e enfróntaselles as bacterias patóxenas. Para defenderse segregan substancias que os científicos recollen para explotar o seu potencial terapéutico. As compañías farmacéuticas adicáronse durante decadas a recoñecer e aproveitar estes mecanismos de defensa e poder desenvolver  con eles os actuais antibióticos. Con todo, cada vez resulta máis difícil para os investigadores atopar novos bactericidas naturais, o que lles leva a buscalos nos lugares máis inhóspitos como a fosa das Marianas, de 10 quilómetros de profundidade no Océano Pacífico, ou o deserto de Namibia. Nas profundidades do mar de Xapón achouse a bacteria Verrucosispora maris, que produce unha molécula que funciona contra a tuberculose multirresistente e as cepas imbatibles de estafilococo dourado,  Staphylococcus aureus, que deixou de ser sensible ás penicilinas habituais hai décadas e agora é moi letal. Outra solución que se plantexou para facerlle fronte a aparición destas superbacterias foi deseñar novos antibióticos sintéticos con novos mecanismos de defensa capaces de sorprender aos parasitos evolucionados, aínda que a súa posta en práctica non é doada xa que a creación dun mecanismo así leva moita experimentación e creatividade, resultando moito máis sinxelo coller os resultados que a natureza obtivo empiricamente mediante millóns de anos de evolución que ter que inventalos nos mesmos nun laboratorio.

Despois de todo o explicado nesta noticia sobre as bacterias e os antibióticos: Que pensades sobre a problemática actual das bacterias super resistentes aos antibióticos? Cal creedes que é a mellor forma de facerlles fronte? Creedes que se deberían tomar medidas dende o goberno ou as asociacións internacionais da saúde?  Que máis sabedes sobre o descubrimento da penicilina? Coñcedes outros casos de bacterias inmunes a antibióticos convencionais?

Fontes da noticia:

https://www.elindependiente.com/futuro/2016/10/23/superbacterias-jaque-humanidad/

 

 

 

 

Tags: , ,

Unha resposta a “Superbacterias resistentes aos antibióticos”

  1. daniel.br Dixo:

    Noticia moi interesante, ben explicada e que, ademais, nos afecta a todos. Penso que é un problema moi grave e que o goberno e as asociación internacionais da saúde deberían tomar cartas no asunto, xa sexa con anuncios na televisión ou algo polo estilo. Supoño que a mellor maneira de facer fronte a este problema é usar os antibióticos só cando sexa estritamente necesario, ou irase convertendo nun problema maior. A dicir verdade, xa coñecía este problema, pero non pensaba que fose tan grave. Todos debemos axudar a que este problema non aumente.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.