Atopan unha nova estrutura no noso ADN distinta á da “dobre hélice”

  O modelo da dobre hélice estudado durante tantos anos como a única forma de organización do ADN nas células xa non está só. Un equipo de biólogos australianos acaba de descubrir que o noso ADN se organiza en outras estruturas máis complexas e que ata o de agora só se manifestaran en mostras de laboratorio. Este estudo publicado na  Nature Chemistry  describe como ”nudo retorcido” de ADN a nova forma, e confirma que o deseño do noso código xenético é moito máis complexo do que se cría.

imagen

O novo compoñente recibe polos científicos o nome de “motivo intercalado”  e xa fora descuberto na década dos noventa, pero solo fora visto in vitro e nunca en células vivas como é o novo caso.

A partir deste descubrimento os investigadores deberán prestar moita máis atención a esta nova estrutura e ao seu papel na bioloxía das nosas células.

Tendes algunha idea de que son estas novas estruturas? E para que serven?

Fontes: ABC

 

A ILLA DE LIXO NO PACÍFICO XA É TRES VECES MÁIS GRANDE QUE FRANCIA

O continente de plástico, tamén coñecido como illa de lixo, illa tóxica, gran mancha de lixo do Pacífico, remuíño de lixo do Pacífico, illa da contaminación e outros nomes similares, é unha zona do océano cuberta de refugallos mariños e situada no centro do Pacífico Norte. Constitúe un inmenso vertedoiro oceánico que se caracteriza por ter concentracións excepcionalmente altas de plásticos suspendido e outros refugallos atrapados nas correntes superficiais do Pacífico Norte. Segundo un estudo recente da Fundación Ocean Cleanup, a illa de lixo ten xa unha dimensión de 1,6 millóns de quilómetros cadrados. Isto é aproximadamente tres veces o tamaño de Francia ou cinco con respecto ao tamaño de Bos Aires. En comparación, México ten un superficie de 1,9 millóns de quilómetros cadrados, mentres que Perú non pasa de 1,3 millóns. Para a investigación, utilizáronse 18 embarcacións que arrastraron mostras a través de redes de gran envergadura. Con todo, desta maneira non podían medir a extensión total da illa de lixo, así que coa axuda de avións militares, fixéronse fotografías aéreas con sensores especiais para escanear a superficie. Os resultados obtidos teñen moito que dicir sobre a falta total de preocupación polo medio ambiente dos países máis industrializados de América e Asia.

imagen

Por suposto, o 100% dos refugallos son de orixe humana. Os estudos realizados coas mostras recollidas permiten estimar que polo menos o 80% do lixo acumulado neste vórtice provén de zonas terrestres e o 20% de lixo tirado ao mar por barcos. Entre os materiais que compoñen a devandita mancha de lixo, atópase de todo: desde as típicas bolsas de plástico e redes de buques pesqueiros, ata conos de sinalización de tráfico, zapatos, lámpadas e todo produto antrópico que se poida un imaxinar. Dende que se detectou a mancha do Pacífico en 1950, o seu tamaño multiplicouse por 100 e as previsións que hai auguran un crecemento aínda máis acelerado. Na actualidade non existe plan algún por parte de organismos estatais nin supranacionais para limpar estas manchas da vergoña. O feito de que estean localizadas en augas internacionais parece eximir de toda responsabilidade individual aos países que verten os desfeitos. Con todo, esta non é a única illa de lixo que se atopa nos océanos do noso planeta. Detectáronse, polo menos, dous máis: unha no mar dos Sargazos, ao norte das costas de Haití e outra no Atlántico Norte, esta última de centos de quilómetros de longo e cunha densidade de 200.000 fragmentos de lixo por quilómetro cadrado. Debido a estas enormes masas de vertidos flotantes, a superficie dos océano vese ensombrecida por pedazos dispersos de plástico que superan ao plancto nesa parte do océano e expoñen riscos para os peixes, as tartarugas e as aves que se alimentan do lixo. Segundo a ONU, só a mancha do Pacífico causa a morte de 1 millón de paxaros e preto de 100,000 mamíferos cada ano. O máis perigoso son os ínfimos fragmentos que flotan nas augas e son inxeridos por aves e peces. Estes residuos flotantes están formados por compoñentes tales como bifenilos policlorados e hidrocarburos aromáticos policíclicos, os cales producen efectos tóxicos cando son consumidos por erro, provocando mesmo graves problemas hormonais nos animais. As toneladas de plástico tardan varios anos en degradarse é cando o fan pasan a integrarse na dieta de miles de organismos a través das cadeas tróficas. Cabe destacar o desolador caso do cachalote que foi encontrado morto nas costas de Murcia despois de ter inxerido cantidades desorbitadas de plástico.

Cal é a vosa opinión ao respecto destas enormes manchas de lixo flotante do tamaño de países nos océanos? Pensades que estas acumulacións anormais de plástico nos mares poden chegar a afectar a nosa saúde o benestar? Que posibles soluciones creedes que pode haber para este problema? Pensades que este problema débese a unha mala ordenación do terreo?

URL de noticias relacionadas co tema:

http://www.bbc.com/mundo/noticias-43515386

http://www.pensandoelterritorio.com/islas-de-basura-los-vertederos-del-siglo-xxi/

 

Remataron as gripes?

Compañeiros e compañeiras, parece ser que as gripes producidas polos cambios de temperatura están a piques de rematar!

Estas gripes prodúcense debido a uns virus que se transmiten principalmente polo aire e son moi resistentes, xa que hai moitos tipos e ademais, reprodúcense moi rápido. En resume, o virus da gripe é un virus moi difícil de combater. A pesar disto, uns coñecidos investigadores de Nova York fixeron unha exitosa demostración de como eliminar estes virus coa utilización de luz ultravioleta C. Ao realizar emisións baixas de esta luz, os virus da gripe que se atopan no aire desaparecen case ao momento, isto ocorre porque as bacterias e os virus son moito máis pequenas que as células humanas, polo que esta luz pode alcanzar o seu ADN e así, conseguir eliminalos. Esta luz non dana os tecidos humanos, polo que tamén é considerado un método seguro.

Aínda hai máis! Se esta investigación continúa dando resultados positivos, é posíbel que se poida utilizar en hospitais e en centros médicos para evitar as enfermidades transmitidas mediante o aire, como por exemplo: a gripe, a tuberculose, a neumonía ou a meninxite.

E vós.. Qué opinades ante isto? Gustaríavos que este método continuara ou considerades que á larga pode supoñer un risco para o corpo humano?

Resultado de imagen de virus de la gripe

 

 

Fonte(s)

DIARIO16: Crean una luz que extermina los virus de la gripe

GIZMODO:  Crean una bombilla cuya luz destruye el virus de la gripe

20MINUTOS: Un tipo de luz ultravioleta que podria eliminar la gripe

 

O papel “escuro” das mitocondrias

 As mitocondrias son esenciais para o organismo, pois son as responsables de obter a enerxía que precisan as células mediante a respiración celular. Pero, son tamén prexudiciais?

Resultado de imagen de liberacion de adn mitocondrial

Como mostra, mediante video, un estudo dirixido por investigadores da Universidade Monash (Australia), a destrución das mitocondrias fai liberar o ADN mitocondrial, que é moi parecido ao bacteriano. Esta similitude pode explicarse coa teoría da simbiose, que dí que as mitocondrias foron na súa orixe bacterias que, tras ser engulidas polas células eucariotas, quedáronse a vivir no seu citoplasma. O ADN mitocondrial é inofensivo sempre e cando estea dentro da mitocondria. Sen embargo, una vez a célula se ve destruída, o ADNmt libérase ao medio extracelular, donde será identificado polo sistema inmunitario como un patóxeno invasor. Cal é o resultado disto? Pois una resposta inmune similar á que ten lugar nas enfermidades  inflamatorias e autoinmunes.

Que vos parece este descubrimento? Servirá nun futuro para facer novos fármacos para as enfermidades autoinmunes?

Fontes da noticia:

http://www.abc.es/salud/enfermedades/abci-mitocondrial-podria-causante-enfermedades-autoinmunes-201802231427_noticia.html

 

Científicos chinos crean os primeiros monos clonados coa técnica da ovella “Dolly”

imagen

A principios de este ano 2018, científicos do Instituto de Neurociencias da Academia Nacional de Ciencias China presentaron os primeiros primates clonados da historia, usando a técnica de transferencia nuclear, que permite desenvolver clons idénticos a partir dunha célula dun so individuo.

Os investigadores usaron un fibroblasto do tecido conectivo dun feto de mona. O núcleo destas células metéronse en óvulos baleiros que, unha vez fertilizados, foron incubados por nais ata que naceron os dous clons, bautizados como Zhong e Hua, que significa nación china.

Os investigadores desenvolveron 109 embrión transferidos con fibroblastos. So conseguiron seis embarazos e de dous deles naceron os dous clons sans. A Clave do éxito foi o uso de epixenéticos que facilitan a reprogramación celular do embrión.

Segundo o director do Instituto de Neurociencias de Shanghai e coautor da investigación, o señor Mu- Mig Poo o obxetivo desta investigación e producir primates para a investigación. Crear grupos de monos xenéticamente iguais, esencial para a investigación de certas enfermidades. Para moitas doenzas, sobre todo mentais necesitamos modelos de animais o mais parecidos os humanos.

Segundo a opinión de Poo, moitas compañías farmacéuticas empregan deceas de miles de monos cada ano en ensaios preclínicos de fármacos. Necesitan moitos animais porque teñen unha xenética moi variada. Usar monos clonados reducirá o número de exemplares nestes estudos, co que neste sentido sería moito más ético.

Creedes que a clonación pode darnos a clave para atopar solucións a enfermidades que hoxe en día son incurables?

Fonte: El País

 

MÚSCULOS ARTIFICIAIS MELLORES QUE OS HUMANOS?

A creación de estes músculos artificiais non imitan aos humanos, se non que os superan con diferencia.

Este avance foi realizado por científicos en Texas, e estes músculos son capaces de expandirse e contraerse en cuestión de milisegundos con aplicarlle un voltaxe, foi descuberto mediante a nanotecnoloxía, é teñen unha composición de millóns de fibras trenzadas entre elas para así lograr un material flexible, resistente e forte, e tamén ten ao seu favor, que será lixeiro xa que con pouco peso deste material pódese cubrir unha gran área no noso corpo.

http://www.novaciencia.com/category/biologia/

Resultado de imagen de músculos artificiales

 

Un novo material para transformar enerxía solar a un prezo “case regalado”

Denomínase Perovskita e, grazas as súas prometedoras propiedades, permitirá fabricar células fotovoltaicas máis eficientes e baratas sen algunhas das desvantaxes que ten o silicio, o material máis usado na actualidade nos paneis solares. Este estraño mineral é relativamente difícil de encontrar no codia terrestre e foi descuberto por primeira vez no ano 1839 durante unha expedición do xeólogo alemán Gustav Rose polo montes Urais, o cal nomeo esta peculiar estrutura cristalina en honor ao famoso mineraloxista ruso Lev Perovski(1792-1859). A principal facultade deste mineral é que, a diferenza doutras redes cristalinas, pode estar constituída por un amplo mosaico de compostos químicos tantos orgánicos como inorgánicos, o que lle permite absorber moi ben a luz e  faino un bo condutor. Esta propiedade fixo que o interese da comunidade científica por esta rede cristalina híbrida fora aumentando progresivamente nos últimos cinco anos. Na actualidade, utilízase a base química deste mineral para producir novos exemplares de Perovskita en laboratorios de investigación de todo o mundo.

 

 

imagen

 

O material en si mesmo é moito máis fácil e barato de fabricar que o silicio porque o seu proceso de cristalización é sinxelo e empréganse materiais que non son caros. Para obter unha lámina de perovskita nun laboratorio mestúranse dous sales, normalmente Ioduro de chumbo e Ioduro de metilamonio sobre un placa delgada de vidro e quéntase a 100 graos centígrados durante 60 minutos. Ademais, o material é moi tolerante aos defectos, é dicir, non necesita unha calidade excelente, a diferenza doutros materiais semicondutores como o silicio, que requiren unha estrutura perfecta porque a presenza de defectos limita as súas posibilidades de semicondutor. A pesar das limitacións que aínda presenta, converteuse nun dos materiais máis interesantes que están a ser investigados na actualidade e considérase un dos avances máis prometedores para mellorar a vida dos cidadáns e transformar os procesos industriais. A eficiencia das celas solares aumentou rapidamente en poucos anos xa que a primeira cela de perovskita que se fixo tiña unha eficiencia do 3%. Hoxe en día superouse o 20% e fai cinco anos era inferior ao 8%, convertendo esta tecnoloxía na de maior rendemento ata a data. Con todo, as celas de perovskita  lles falta moito para saíren ao mercado debido a que son aínda unha tecnoloxía incipiente que segue a presentar moitos problemas sen resolver. O problema máis grave está relacionado ca estabilidade da súa estrutura. Ao parecer, os dispositivos necesitan ser moito máis estables fronte á humidade, a presenza de osíxeno e a temperatura. Non é estable cando se expón á luz, o que supón un problema moi serio porque o seu principal uso é para fabricar celas solares. Mentres un panel solar de silicio ten agora unha vida de 25 ou 30 anos, a perovskita ben encapsulada pode durar uns catro meses, pero logo degrádase. Por outra banda, tamén se presentou unha liña de investigación con máis posibilidades a curto prazo, que consiste en combinar as celas de perovskita coas de silicio en dispositivos tándem que poidan absorber unha parte máis ampla do espectro electromagnético para lograr que sexan máis eficientes, é dicir, aproveitar as vantaxes de ambos para conseguir mellores resultados. Con todas as súas vantaxes e inconvenientes, está nova tecnoloxía levantou moita espectación ao seu redor e non son poucas as empresas que xa amosaron o seu interese por introducila no mercado tan pronto como para 2020.

Que pensades sobre este novo material e o súa posible aplicación na obtención de enerxía eléctrica? Que importancia creedes que pode ter para o medio ambiente esta noticia?, e para nós? Que outras fontes de enerxía renovable coñecedes a parte da solar? Saberiades explicar cal é o mecanismo de funcionamento dunha placa fotovoltaica?

URL de noticias relacionadas co post:

http://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2018/01/29/5a64c234268e3e497a8b4601.html

https://www.technologyreview.es/s/3709/un-material-para-generar-energia-solar-precio-casi-regalado

 

O grave problema dos opiáceos en EEUU

Para aqueles que non o saiban, en farmacoloxía utilízase tradicionalmente o termo “opiáceo” para referirse a calquera derivado natural o semi-sintético da morfina, unha potente droga usada frecuentemente en medicina como analxésico ou anestesia. A morfina, a súa vez, obtense do opio, una sustancia que se extrae da adormideira ou planta da mapoula, e que da nome a estas substancias. O opio lévase utilizando dende fai séculos para tratar a xente con dores moi intensas e aparentemente irremediables, pero tamén é unha das sustancias máis aditivas do mundo e un consumo de opiáceos excesivo ou descontrolado pode levar a graves problemas de drogodependencia que na maioría dos casos, se non son tratados a tempo, acaban desembocando na morte por sobredose. Debido a isto, é responsabilidade dos profesionais sanitarios, como os médicos, a de administrar e prescribir opiáceos só a aqueles pacientes que verdadeiramente os necesitan e estean nunha situación de dor insoportable, facéndolles previamente conscientes dos riscos que o seu consumo pode levar consigo.

 

imagen

Con todo, nos últimos anos os casos de adición aos analxésicos opiáceos en EEUU teñen aumentado de maneira alarmante por todo o país. Na maioría dos casos os afectados, ao non poder conseguir máis receitas dos seus médicos de cabeceira, recorren a unha alternativa máis barata: a heroína, a cal obteñen de forma ilegal nas calles de mans de traficantes. Desgraciadamente esta secuencia de eventos prodúcese con cada vez máis frecuencia no Estados Unidos ata o punto ser a primeira causa de morte accidental entre os seus habitantes. Segundo o Centro Estadounidense de Control e Prevención de Enfermidades, cada día morren 91 estadounidenses por sobredoses de substancias opiáceas. Catro veces máis que fai 15 anos. Só en 2015 os opiáceos, entre medicamentos e heroína, mataron a 33.000 persoas; máis do dobre de vítimas que os homicidios. O actual problema da adición aos opiáceos é tan grave que o propio goberno chegou a caraterizalo como unha “epidemia” e segundo as súas declaracións vai ser tratado coma “unha emerxencia de saúde pública” e non como un simple problema de “trafico de drogas”. Un dos culpables sinalados desta terrible situación foron as industrias farmacéuticas que dende 1999 cuadriplicaron a súa venta de opiáceos ao público. Ao parecer, ao longo das últimas dúas décadas estas empresas levaron a cabo varais campañas de marketing nas que promocionaban opiáceos como a oxicodona ou o fentanilo como calmantes “de gran fiabilidade e sen elevados riscos”, cando estes dous mesmos medicamentos foron responsables da maior parte dos casos.  Un comité do Senado norteamericano está a investigar ata que punto as cinco maiores fabricantes de opiáceos, Purdue Pharma, Johnson & Johnson, Insys, Mylan e Depomed, foron responsables dos casos de adición a analxésicos. Por outra banda, tamén se puxo en cuestión o papel de varios médicos que receitaron opiáceos aos seus pacientes en situacións que nos que non eran realmente necesarios como para calmar unha simple dor de costas ou unhas migrañas. Aínda así, na maioría dos casos os médicos nunca se veron afectados xa que sempre que prescribían un opiáceo, como medida de seguridade persoal, facían firmar ao paciente un formulario no que se deixaba claro que o médico non era de ningún modo responsable de que o seu paciente puidera desenvolver unha adición aos opiáceos en xeral.

A actual epidemia de adicción aos opiáceos que sofre este país foi definida como a peor crise de drogas en toda a súa historia polo que o goberno federal está destinando moitos recursos a tratar este grave problema de saúde nacional que chegou incluso a reducir a esperanza de vida media norteamericana no último ano. Entre as medidas levadas a cabo destacan as destinadas a construir novos centros de rehabilitación e mellorar os tratamentos para os adictos e as campañas de prevención contra o abuso destes medicamentos. En España, dende 2015 o número de casos de adictos a opiáceos de prescripción tamén ten aumentado, aínda que a situación aquí está moi lonxe das cifras de afectados EEUU.

Por que pensades que son máis abundantes os casos de adición a opiáceos de prescripción en EEUU que en España? Creedes que pode ter algo que ver co noso sistema de saúde pública? Que opinades sobre a responsabilidade das farmacéuticas nestes casos de adición? Ata que punto son responsables das consecuencias dos medicamentos que elaboran e venden aos seus pacientes? Coñecedes algúns dos tratamentos típicos que reciben as persoas que están intentando rehabilitarse dun problema de adición a analxésicos opiáceos?

Noticias relacionadas co post:

http://www.eldiario.es/sociedad/opioides-adiccion-tramadol-fentanilo_0_685932151.html

https://www.elconfidencial.com/mundo/2017-04-12/opiaceos-adiccion-heroina-estados-unidos-epidemia_1360874/

http://www.elperiodico.com/es/sociedad/20171221/opiaceos-reduce-esperanza-vida-eeuu-6511395

 

ERUPCIÓN DO VOLCÁN AGUNG NA ILLA DE BALI

A erupción do volcán Agung, na illa indonesia de Bali, levou ás autoridades do país a elevar a alerta ao máximo e a ordenar a evacuación dunhas 140.000 persoas, o equivalente ao número de residentes nun radio de 10 quilómetros desde o volcán. Polo menos 22 pobos próximos ao volcán víronse afectados pola choiva de cinza e os oficiais recomendaron á poboación o uso de máscaras como medida preventiva ante posibles intoxicacións. Ademais, a gran columna de cinzas de ata 3.000 metros de altura que saía do volcán provocou que se cancelaran todos os voos que puideran pasar preto da illa, deixando e milleiros de turistas atrapados en Bali a espera de que a situación non vaia a máis e poidan volver aos seus fogares.

imagen

O aumento esporádico e alarmante da actividade sísmica durante o mes de Setembro na illa advertiu as autoridades de Indonesia da erupción que estaba por vir polo que reuniron a un grupo de xeólogos que se adicaron a estudar o estado do volcán. A través dun estudo detallada da cámara magmática situada debaixo do monte Agung  puideron determinar que o incremento na actividade sísmica foi provocada pola ascensión dunha masa de magmas que durante a súa elevación deu lugar a rotura de varias fallas orixinando diversos sísmos por toda a illa. Conscientes de que a erupción estaba preto de acontecer as autoridades esperaron a que aparecesen as primeiras sinais de perigo para levar a cabo o plan de evacuación que tiñan preparado para un radio de 10 km ao redor do crater. O arquipélago indonesio aséntase dentro do denominado Anel de Lume do Pacífico, unha zona de gran actividade sísmica e volcánica formada polos límites da placa do pacífico que é sacudida por miles de tremores ao ano, a maioría de escasa magnitude. Neste caso, a illa volcánica de Bali situase nun límite entre a Placa do Pacífico e a placa Australiana, polo que non é a primeira vez que experimenta un proceso xeolóxico como este: entre febreiro de 1963 e xaneiro de 1964 se produciu non monte Agung unha forte erupción volcánica, considerada a máis devastadora en Indonesia en todo o século XX,  que provocou unha enorme cantidade de danos materiais e a perdida de centos  de vidas humanas. Ironicamente, a illa de Bali é un dos destinos turísticos máis visitados de todo o arquipélago debido as súas fermosas praias tropicais. Pese ao éxito desprazamento de miles de persoas fora da zona de perigo de volcán, as autoridades indonesias están tendo problemas ca evacuación de poboación dos pobos preto de Agung. A meirande parte deles son granxeiros que se negan a marchar ata que os seus animais sexan evacuados con eles, pero tamén existen residentes que pensan que están a salvo do perigo e queren permanecer nos seus fogares.  As autoridades tentan persuadirlles para que o fagan  adiantando que poderían ter que recorrer á forza.

Que medidas preventivas e preditivas contra erupcións volcánicas coñecedes a parte das mencionadas nesta noticia? Creedes que as autoridades de Indonesia realizaron un bo traballo de prevención contra o volcán Agung? Cal e vosa opinión sobre as persoas que se negan a deixar o seus fogares? Creedes que deberían ser evacuados a forza? Que riscos coñecedes que estean asociados a unha erupción volcánica?

 

Superbacterias resistentes aos antibióticos

O descubrimento de antibióticos como a penicilina revolucionaron a loita médica contra as infeccións bacterianas. Xunto coas vacinas, a gran mellora na hixiene e outros avances, o seu desenvolvemento foi o responsable do aumento espectacular da esperanza de vida da poboación en Occidente, que se mantiña por baixo dos cincuenta, cunha media mundial de trinta e un, entre outras cousas porque, se en 1900 as tres primeiras causas de falecemento nos países eran enfermidades infecciosas como a pneumonía, a tuberculose e a diarrea ou a gastroenterite, no presente ningunha delas o é. Non por nada a aplicación da penicilina é considerada por moitos científicos o logro máis importante da medicina no século pasado. Malia isto, a resistencia que teñen adquirido miles de millóns de bacterias en todo o mundo contra os antibióticos convencionais, como a bacteria Streptococcus pneumoniai (bacteria responsable da penumonia que actualmente é totalmente resistente ao efecto da penicilina), pon en xaque a medicina moderna e ameaza con devolvernos a ese escuro pasado anterior ao descubrimento de Fleming.

imagen

O mal uso dos antibióticos por parte de gran parte da poboación explica este aumento progresivo das resistencias bacterianas. A crenza popular de que os antibióticos serven para curar a gripe ou o arrefriado, as cales son enfermidades causadas por virus, ou a automedicación sen consultar aos médicos de cabezeira conleva unha serie de repercusións moi serias para a saúde global.  Ademáis a vertedura de antibióticos nas augas e o seu uso intensivo en gando para consumo humano tamén contribúen a aumentar as resistencias e o contaxio directo por carne mal cociñada. Os antibióticos matan bacterias atacando algunha das súas funcións esenciais para a vida. As penicilinas por exemplo bloquean a síntese da parede celular, outros antibióticos evitan que se formen proteínas e tamén os hai que paralizan a replicación do ADN. Ao final sobreviven as bacterias que son capaces de desenvolver estratexias bioquímicas que destrúen o antibiótico. Segindo a máis pura concepción darwinista, conseguen adaptarse  e evolucionan ata que dan coa fórmula para facerse inmunes en cuestión de poucas xeracións, é dicir, en semanas. Así, no momento en que se introduce un antibiótico na práctica clínica, empeza a conta atrás da súa vida útil. Canto máis expostas estean as bacterias aos antibiótico antes faranse resistentes. Por iso é fundamental usar o antibiótico idóneo no momento, a dose e duración adecuadas.

Case todos os antibióticos actuais prodúcenos a partir de bacterias ou fungos que viven no chan. Estes microbios, presentes en todo o planeta, íllanses nos laboratorio, multiplícanse e enfróntaselles as bacterias patóxenas. Para defenderse segregan substancias que os científicos recollen para explotar o seu potencial terapéutico. As compañías farmacéuticas adicáronse durante decadas a recoñecer e aproveitar estes mecanismos de defensa e poder desenvolver  con eles os actuais antibióticos. Con todo, cada vez resulta máis difícil para os investigadores atopar novos bactericidas naturais, o que lles leva a buscalos nos lugares máis inhóspitos como a fosa das Marianas, de 10 quilómetros de profundidade no Océano Pacífico, ou o deserto de Namibia. Nas profundidades do mar de Xapón achouse a bacteria Verrucosispora maris, que produce unha molécula que funciona contra a tuberculose multirresistente e as cepas imbatibles de estafilococo dourado,  Staphylococcus aureus, que deixou de ser sensible ás penicilinas habituais hai décadas e agora é moi letal. Outra solución que se plantexou para facerlle fronte a aparición destas superbacterias foi deseñar novos antibióticos sintéticos con novos mecanismos de defensa capaces de sorprender aos parasitos evolucionados, aínda que a súa posta en práctica non é doada xa que a creación dun mecanismo así leva moita experimentación e creatividade, resultando moito máis sinxelo coller os resultados que a natureza obtivo empiricamente mediante millóns de anos de evolución que ter que inventalos nos mesmos nun laboratorio.

Despois de todo o explicado nesta noticia sobre as bacterias e os antibióticos: Que pensades sobre a problemática actual das bacterias super resistentes aos antibióticos? Cal creedes que é a mellor forma de facerlles fronte? Creedes que se deberían tomar medidas dende o goberno ou as asociacións internacionais da saúde?  Que máis sabedes sobre o descubrimento da penicilina? Coñcedes outros casos de bacterias inmunes a antibióticos convencionais?

Fontes da noticia:

https://www.elindependiente.com/futuro/2016/10/23/superbacterias-jaque-humanidad/