O grave problema dos opiáceos en EEUU

Para aqueles que non o saiban, en farmacoloxía utilízase tradicionalmente o termo “opiáceo” para referirse a calquera derivado natural o semi-sintético da morfina, unha potente droga usada frecuentemente en medicina como analxésico ou anestesia. A morfina, a súa vez, obtense do opio, una sustancia que se extrae da adormideira ou planta da mapoula, e que da nome a estas substancias. O opio lévase utilizando dende fai séculos para tratar a xente con dores moi intensas e aparentemente irremediables, pero tamén é unha das sustancias máis aditivas do mundo e un consumo de opiáceos excesivo ou descontrolado pode levar a graves problemas de drogodependencia que na maioría dos casos, se non son tratados a tempo, acaban desembocando na morte por sobredose. Debido a isto, é responsabilidade dos profesionais sanitarios, como os médicos, a de administrar e prescribir opiáceos só a aqueles pacientes que verdadeiramente os necesitan e estean nunha situación de dor insoportable, facéndolles previamente conscientes dos riscos que o seu consumo pode levar consigo.

 

imagen

Con todo, nos últimos anos os casos de adición aos analxésicos opiáceos en EEUU teñen aumentado de maneira alarmante por todo o país. Na maioría dos casos os afectados, ao non poder conseguir máis receitas dos seus médicos de cabeceira, recorren a unha alternativa máis barata: a heroína, a cal obteñen de forma ilegal nas calles de mans de traficantes. Desgraciadamente esta secuencia de eventos prodúcese con cada vez máis frecuencia no Estados Unidos ata o punto ser a primeira causa de morte accidental entre os seus habitantes. Segundo o Centro Estadounidense de Control e Prevención de Enfermidades, cada día morren 91 estadounidenses por sobredoses de substancias opiáceas. Catro veces máis que fai 15 anos. Só en 2015 os opiáceos, entre medicamentos e heroína, mataron a 33.000 persoas; máis do dobre de vítimas que os homicidios. O actual problema da adición aos opiáceos é tan grave que o propio goberno chegou a caraterizalo como unha “epidemia” e segundo as súas declaracións vai ser tratado coma “unha emerxencia de saúde pública” e non como un simple problema de “trafico de drogas”. Un dos culpables sinalados desta terrible situación foron as industrias farmacéuticas que dende 1999 cuadriplicaron a súa venta de opiáceos ao público. Ao parecer, ao longo das últimas dúas décadas estas empresas levaron a cabo varais campañas de marketing nas que promocionaban opiáceos como a oxicodona ou o fentanilo como calmantes “de gran fiabilidade e sen elevados riscos”, cando estes dous mesmos medicamentos foron responsables da maior parte dos casos.  Un comité do Senado norteamericano está a investigar ata que punto as cinco maiores fabricantes de opiáceos, Purdue Pharma, Johnson & Johnson, Insys, Mylan e Depomed, foron responsables dos casos de adición a analxésicos. Por outra banda, tamén se puxo en cuestión o papel de varios médicos que receitaron opiáceos aos seus pacientes en situacións que nos que non eran realmente necesarios como para calmar unha simple dor de costas ou unhas migrañas. Aínda así, na maioría dos casos os médicos nunca se veron afectados xa que sempre que prescribían un opiáceo, como medida de seguridade persoal, facían firmar ao paciente un formulario no que se deixaba claro que o médico non era de ningún modo responsable de que o seu paciente puidera desenvolver unha adición aos opiáceos en xeral.

A actual epidemia de adicción aos opiáceos que sofre este país foi definida como a peor crise de drogas en toda a súa historia polo que o goberno federal está destinando moitos recursos a tratar este grave problema de saúde nacional que chegou incluso a reducir a esperanza de vida media norteamericana no último ano. Entre as medidas levadas a cabo destacan as destinadas a construir novos centros de rehabilitación e mellorar os tratamentos para os adictos e as campañas de prevención contra o abuso destes medicamentos. En España, dende 2015 o número de casos de adictos a opiáceos de prescripción tamén ten aumentado, aínda que a situación aquí está moi lonxe das cifras de afectados EEUU.

Por que pensades que son máis abundantes os casos de adición a opiáceos de prescripción en EEUU que en España? Creedes que pode ter algo que ver co noso sistema de saúde pública? Que opinades sobre a responsabilidade das farmacéuticas nestes casos de adición? Ata que punto son responsables das consecuencias dos medicamentos que elaboran e venden aos seus pacientes? Coñecedes algúns dos tratamentos típicos que reciben as persoas que están intentando rehabilitarse dun problema de adición a analxésicos opiáceos?

Noticias relacionadas co post:

http://www.eldiario.es/sociedad/opioides-adiccion-tramadol-fentanilo_0_685932151.html

https://www.elconfidencial.com/mundo/2017-04-12/opiaceos-adiccion-heroina-estados-unidos-epidemia_1360874/

http://www.elperiodico.com/es/sociedad/20171221/opiaceos-reduce-esperanza-vida-eeuu-6511395

 

Tags: , ,

Unha resposta a “O grave problema dos opiáceos en EEUU”

  1. iago.lopez.br Dixo:

    Eu creo que os maiores responsables de ese tipo de adición son os médicos que receitaron ese opiáceos como medicina a pesar dos seus efectos secundarios como xerar adición .

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.