Remataron as gripes?

Compañeiros e compañeiras, parece ser que as gripes producidas polos cambios de temperatura están a piques de rematar!

Estas gripes prodúcense debido a uns virus que se transmiten principalmente polo aire e son moi resistentes, xa que hai moitos tipos e ademais, reprodúcense moi rápido. En resume, o virus da gripe é un virus moi difícil de combater. A pesar disto, uns coñecidos investigadores de Nova York fixeron unha exitosa demostración de como eliminar estes virus coa utilización de luz ultravioleta C. Ao realizar emisións baixas de esta luz, os virus da gripe que se atopan no aire desaparecen case ao momento, isto ocorre porque as bacterias e os virus son moito máis pequenas que as células humanas, polo que esta luz pode alcanzar o seu ADN e así, conseguir eliminalos. Esta luz non dana os tecidos humanos, polo que tamén é considerado un método seguro.

Aínda hai máis! Se esta investigación continúa dando resultados positivos, é posíbel que se poida utilizar en hospitais e en centros médicos para evitar as enfermidades transmitidas mediante o aire, como por exemplo: a gripe, a tuberculose, a neumonía ou a meninxite.

E vós.. Qué opinades ante isto? Gustaríavos que este método continuara ou considerades que á larga pode supoñer un risco para o corpo humano?

Resultado de imagen de virus de la gripe

 

 

Fonte(s)

DIARIO16: Crean una luz que extermina los virus de la gripe

GIZMODO:  Crean una bombilla cuya luz destruye el virus de la gripe

20MINUTOS: Un tipo de luz ultravioleta que podria eliminar la gripe

 

Tags: , , , , ,

2 Respostas a “Remataron as gripes?”

  1. antia.br Dixo:

    Sen dúbida un avance no que se debería seguir investigando, xa que suporía a eliminación dun dos virus que afecta a máis persoas. E como dixo Cristina o virus pode ser eliminado na súa totalidade sen danar os tecidos do nosos corpo, polo que sería un método seguro e ademais eficaz. Eu penso que sería magnífico poder usar esta luz ultravioleta C nos centros médicos e hospitais, xa que así se aforraría diñeiro en vacinas e medicamentos e quizais se puidera reducir a masificación das instalacións sanitarias nas épocas de gripe.

  2. tania.br Dixo:

    Esta noticia sorpréndeme moito, xa que nunca pensei que con luz ultravioleta se puidera eliminar a gripe, que é un virus moi frecuente, sobre todo no inverno. Aínda que é certo que esto pode supoñer un avance, por exemplo, nos hospitais, onde moitas veces os pacientes contraen enfermidades estando ingresados, penso que na vida cotiá non sería tan positivo. O noso corpo, está preparado para combater ese tipo de virus, e incluso outros máis fortes, e, aínda que é certo que os síntomas son molestos, se nunca deixamos que as nosas defensas actúen, estas debilitaranse, facendo que despois a mínima enfermidade nos afecte o dobre. Por todo isto, a miña opinión respecto desta noticia é que os avances están ben, pero non deberíamos pretender vivir nun entorno completamente esterilizado.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.