Nova Teoría sobre o orixe da vida

Científicos do Instituto de Investigación Scripps, en EEUU,  puxeron en dúbida o “Mundo ARN”, unha teoría de como as moléculas de ARN evolucionaron para crear as proteínas e o ADN. Na súa opinión é improbable a hipótese dun mundo primitivo só de ARN xa que “tivo que existir  algún outro composto que aparecera co ARN e o axudara a moverse cara adiante” segundo dixo o autor principal do estudo. No seu lugar estes investigadores suxiren unha evolución prebiótica onde o ARN e o ADN desenvolvéronse simultáneamente.

A teoría do Mundo ARN baséase na capacidade dalgunhas moléculas de ARN de autorreplicarse sen axuda de proteinas, a diferencia do ADN, que depende das encimas para reproducirse. Segundo esta teoría o ARN foi evolucionando para crear proteínas e encimas que darían lugar as primeiras formas de vida. Co tempo estas encimas axudaron ao ARN a producir ADN, o que levou a organismos complexos. Se esta hipótese fora certa durante a transición de ARN a ADN poderíanse ter formado febras heteroxéneas entre estes dous ácidos dando lugar a híbridos. Se son estables, estes híbridos terían sido un paso intermedio na formación do ADN. Con todo, os científicos descubriron una perda importante de estabilidade cando o ARN e o ADN comparten un mesmo esqueleto o que compromete a súa capacidade de manter a información xenética e replicarse. Esta inestabilidade parece ser debida a unha diferenza na estrutura de molécula de azucre do ADN(desoxirribosa) fronte á molécula de azucre de ARN(ribosa). Debido a esta inestabilidade as primeiros híbridos terían morto fronte a moléculas máis estables de ARN xa que na actualidade cando por erro núcleobases de ARN únense a unha cadea de ADN, encimas sofisticados precipitaranse para solucionar o erro. Isto demostra que a evolución deu lugar a un sistema que favorece moléculas “homoxéneas” máis estables. Por outro lado estas encimas sofisticadas probablemente non existían durante a evolución prebiótica polo que estes híbridos poderían ter causado un efecto devastador no funcionamento dos primeiros ácidos nucleicos. En resumidas contas, a transición de ARN a ADN non debeu ser fácil sen mecanismos para mantelos separado.

Esta situación levou aos científicos a considerar unha teoría alternativa: o ARN e o ADN puideron xurdir en tándem. Se os dous evolucionaron ao mesmo tempo, o ADN podería establecer o seu propio sistema homoxéneo desde o principio. O ARN podería aínda evolucionar para producir ADN, pero puido ocorrer despois de que se reunise por primeira vez co ADN e chegase a coñecer as súas materias primas. Os científicos engadiron que nunca saberán exactamente como comezou a vida, pero tendo en conta as circunstancias da evolución química temperá, poden facerse unha idea dos fundamentos da bioloxía.

imagen

Que pensades da fiabilidade desta noticia?. Entendedes a súa tese?, Estades de acordo con ela ou ca teoría do Mundo ARN?. Qué sabedes sobre a estrutura do ADN e o ARN? Que similitudes teñen?, e diferencias?. Cales son as funcións do ARN e o ADN na actividade celular?

URL da noticia:

 http://www.20minutos.es/noticia/2851190/0/origen-vida-tierra-nueva-teoria/

 

Somos Marcianos?

A idea da hipótese de Panspermia que enuncia o feito de que a vida na Terra chegou do espazo mediante cometas ou asteroides de Marte que bombardearon o noso planeta non é nada novo. Xa hai tempo que os científicos e investigadores debaten esta posibilidade que aínda agora no presente segue a ser un incógnito sen resolver.

Segundo razóns químicas da vida primitiva, pensase que a vida se orixinou en Marte, xa que este planeta tiña todos os elementos adecuados (boro, molibdeno e osíxeno) que a Terra primitiva non presentaba para producir as primeiras moléculas de ARN consideradas as precursoras do ADN, e polo tanto da vida. Tendo en conta a idea de  que o ARN se formou e se condensou a partir do “Caldo Primitivo” composto por moléculas  orgánicas simples e en ambientes secos ou en ausencia de moita auga podemos chegar a descartar o planeta Terra como fonte de vida xa que está composto maioritariamente por auga.

Non hai moito tempo, un equipo de investigadores  encontrou unha nova evidencia de que unha alga terrestre unicelular atopada no océano chamada Nannochloropsis oculata, sería capaz de sobrevivir aos esforzos físicos dunha viaxe espacial.  Para poder afirmar este estudo usaron unha pistola de gas lixeiro e dispararon gránulos conxelados do alga na auga a velocidades moi altas e logo analizaron as súas mostras para saber se os organismos saíran con vida. Os investigadores din que  este experimento podería ser unha proba de que a vida extraterrestre e a Panspermia non fora imposible.

Tras outros estudos pensase que a viaxe espacial podería non ser tan mala para unha minúscula forma de vida, xa que no interior de rocha e xeo estarían protexidos da radiación e do calor extremo.

imagen

Dentro de todas as hipóteses que existen de formación de vida seguramente  que pensedes que a de Panspermia é a máis complexa e menos crible, e por isto existen moitos estudos e teorías pero que aínda non están probadas e aprobadas. Pero se nos poñemos a pensar, quizais a vida extraterrestre e a Panspermia non son tan imposibles como se cree.

Que opinas sobre a hipótese da Panspermia? Pensas que  este feito pode aumentar a posibilidade de vida en Marte? Se encontramos vida noutro planeta, será verdadeiramente  alieníxena ou estará relacionada con nós?

http://www.cosmonoticias.org/tag/panspermia/

 

EPO, a perigosa droga dos ciclistas

A eritropoyetina, comunmente coñecida como EPO, é unha hormona glicoproteica sintetizada nos nosos riñóns que estimula a produción de glóbulos vermellos, que son as células responsable do transporte do osíxeno na sangue. Estas células sanguíneas créanse e destrúense constantemente na medula ósea polo que a función da EPO é a de regular a súa cantidade no noso corpo. A mediados dos 80 os xenetistas empezaron a sintetizar en laboratorios unha EPO recombinante, moi parecida a humana, co fin de utilizala como un fármaco para combater enfermidades relacionadas cun baixo número de glóbulos vermellos no organismo como a anemia ou a insuficiencia renal.

O impactante foi cando esta hormona ganou  popularidade entre os aficionados ao ciclismo os cales inxectábana vía intravenosa para mellorar o seu rendemento físico, xa que en teoría tiña que aumentar a concentración de osíxeno na sangue. Con todo o que non sabían estes deportistas é que o potencial que ten o EPO para aumentar os niveis de glóbulos vermellos na sangue é moi alto polo que na maioría deles o consumo desta sustancia produciu grandes cambios nos seus niveis de hematocrito(porcentaxe do volume da sangue composta por glóbulos vermellos) que pasaron nalgúns casos dende un 45-50% ata superar o 60%. Isto ocasionou que a súa sangue fixésese moito máis densa do normal provocándolles coágulos ou trombos nos vasos sanguíneos. Estás obstrucións nas arterias dificultaron o paso da sangue osixenada cara o resto dos órganos o que lles acabou producindo graves enfermidades cardiovasculares como  infartos de miocardio,  anxinas de peito, hipertensión, arterioclerose e mesmo derrames cerebrais . Polo menos coñécense que entre 1989 e 1991 houbo 18 ciclistas profesionais que morreron a causa do consumo desta sustancia. En conclusión, o uso do EPO como estimulante en xente san é moi perigoso,  aínda que estea demostrado que a súa administracion en pequenas doses si que axude a aumentar a capacidade física, xa que tamén aumenta o risco de formación de coágulos. Por outro lado ten un importante uso terapéutico en persoas cun baixo hematocrito.

 imagen

Cal é a vosa opinión sobre o doping no deporte?, Vos parece ético ou seguro para os deportistas?,  Creedes que deberían prohibilo?, Sabedes doutras drogas que se utilicen para mellorar a condición física? e Coñecedes algún outro caso parecido a este?

URL: https://www.todomountainbike.net/art/la-epo-en-el-ciclismo-que-es-y-como-afecta-a-los-ciclistas

 

 

Donantes en asistolia: Un futuro prometedor

É posible transplantar un corazón dunha persoa que sufriu unha parada cardíaca?

O Hospital Universitario da Plana de Vila-real (Castellón) rexistrou esta semana o primeiro transplante do ano 2017 realizado coa técnica de doazón en asistolia controlada, é dicir, o transplante dun órgano procedente dun doante a corazón parado. Trátase do primeiro explante que se realiza con esta novidosa técnica neste hospital, xa que ata o momento as doazóns realizábanse co paciente en situación de morte cerebral.

Esta técnica, que permite manter funcionando un órgano fora do corpo, xa foi empregada con anterioridade para modificar e implantar con éxito uns pulmóns, e agora un corazón; órganos que de outra forma, se houberan descartado.

Durante un transplante de pulmóns realizado no 2009 no Hospital Porta de Ferro de Majadahonda (Madrid) chegouse a manter estes órganos funcionando ata 20 horas no interior dunha “caixa de avaliación estéril” e conectándoos a un respirador e a un sistema de perfusión que mantiveron a súa función metabólica. Neste tempo, mentres os pulmóns se atopaban funcionando no interior desta  caixa estéril, corrixíronse posibles anomalías, diminuíuse a inflamación e mesmo axustouse o seu tamaño. Todo isto permite facer que un órgano que anteriormente non era viable para un transplante pase a ser viable.

imagen

Non obstante, aínda que se trate dunha técnica pioneira en España nalgúns hospitais doutros países, como o Hospital Xeneral de Toronto, trátase dunha técnica moi empregada.

Estímase que dende a chegada da doazón en asistolia controlada  aos hospitais españois, as taxas de transplante aumentaron nun 25% e mellorouse a calidade dos transplantes. Ademais pénsase que esta técnica podería ser empregada na terapia xénica, é dicir, para modificar xenéticamente os órganos antes de transplantalos.a

Parécevos interesante a noticia? Credes que esta nova técnica favorecerá a unha recuperación dos pacientes mais rápida?

Fontes:

http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/castellon/2017/02/06/5898350f22601d5f118b465e.html

http://www.elmundo.es/elmundosalud/2010/02/01/biociencia/1265021575.html

 

Unha “tatuaxe” capaz de previr enfermidades cardiovasculares?

Probablemente algunha vez oirades que o latexo irregular do corazón pode causarnos a morte se non é tratado. Pois ben, uns investigadores acaban de descubrir unha “pegatina” que nos axudará a detectar e previr enfermidades cardiovasculares como a arritmia ou a taquicardia. Este adhesivo está feito de nanopartículas de ouro, mide uns 4 cm e é moi delgado e flexible. É capaz de recoller datos durante 48 horas e o único que debemos facer para que funcione é colocalo na parte interna da moneca. Non temos que preocuparnos por el durante este tempo, xa que a súa flexibilidade permítenos realizar todo tipo de actividades sen ningún tipo de impedimento.

É certo que nos últimos anos xa se desenvolveran dispositivos que cumprían esta función, como reloxos ou bandas, pero os materiais dos que estaban feitos non se adherían ben a pel, polo que eran moi imprecisos, ademais de que resultaban demasiado aparatosos e incómodos.

imagen

Por outra parte, estes investigadores están convencidos de que este descubrimento axudará nun futuro no diseño de dispositivos móbiles que nos permitan controlar a nosa saúde a distancia. Vos que opinades? Credes que se o mundo da tecnoloxía e da ciencia segue avanzando como o está a facer ata o momento, será posible que isto suceda nun futuro non moi lonxano? E que vos parece esta “tatuaxe”?

 http://elpais.com/elpais/2015/12/29/ciencia/1451389097_383695.html

 

O SALVADOR DOS BEBÉS PREMATUROS

Sabedes que a principal causa de morte dos nenos prematuros era o Síndrome de Dificultade Respiratoria (RDS)?

Pois ben, na actualidade ese non é o maior problema para os que nacen antes de tempo, a tasa de mortalidade está nun 5% nos países desenvolvidos. Con todo, é verdade que isto non foi sempre así, ata que o investigador sueco Tore Curstedt lle subministrou por primeira vez a substancia coa que estaba traballando a un prematuro, morrían nove de cada dez meniños nestas circunstancias. Estas mortes debíanse ao colapso dos alveolos, que non permitían pasar o aire para obter o osíxeno necesario para a respiración celular.

E cal foi o milagroso remedio a este grave problema? Hai uns 30 anos, Curstedt e o seu compañeiro Bengt Robertson investigaban nun composto surfactante, unha substancia, cuxa base son os fosfolípidos, que se atopa nos alveolos pulmonares, contribúe a minimizar a tensión superficial dos mesmos e que, neste caso, era obtida dos pulmóns de porcos.

Así, a solución foise estendendo máis alá de Suecia e comezaron a solicitalo moitos hospitais europeos, polo que o equipo se decatou de que era inviable a obtención da base do medicamento a partir de porcos, xa que un pulmón só curaba dous neonatos. Por iso, os científicos, apoiados por unha empresa farmacéutica italiana, volveron ao laboratorio tratando de buscar o xeito de obter un surfactante artificial. Finalmente, uns dez anos despois de que se tratase a primeira nena, conseguise a medicina de laboratorio que salvaría uns tres millóns de prematuros con RDS. Chamaríase Curosurf, fusionando os nomes dos dous investigadores coa palabra “surfactante”.

imagen

E vós que opinades deste descubrimento?  E da perseverancia de Tore Curstedt e do seu compañeiro? Ciencia e ética enfróntanse, por exemplo, na investigación con animais ou, neste caso, no sacrificio para a obtención dun beneficio directo para nós. Que me comentades ao respecto?

FONTE: http://elpais.com/elpais/2016/06/23/ciencia/1466679202_454202.html

 

Qué foi antes, o ovo ou a galiña?

Unha das primeiras referencias ao inmortal dilema do ovo e a galiña aparece na obra do filósofo grego Aristóteles, quen afirmaba que o actual é sempre anterior ao potencial, e por tanto, o home precede sempre ao esperma, ou o que é o mesmo, a galiña precede ao ovo. Dende a Grecia clásica, os filósofos fixéronse esta pregunta, que nos fai pensar acerca da orixe do universo e a primeira causa.

Segundo a Teoría de Darwin a galiña actual xurdiu a partires dunha mutación doutra especie anterior. Polo tanto unha antecesora da galiña actual tivo que poñer un ovo que contiña un animal dunha raza diferente a súa, pero este ovo era de galiña ou en realidade seguía sendo do antecesor desta?. Para aclarar estas dúbidas entran en xogo os expertos en xenética actuais que chegaron a conclusión de que a galiña existiu antes que o ovo debido a existencia dunha proteína achada nos ovarios das galiñas, a ovocledidina-17 (OC-17) que cumpre unha función crave na formación da casca do ovo. En palabras dos descubridores desta proteína “este descubrimento fainos reflexionar por un momento e pensar se o ovo do que saíu a primeira galiña foi realmente un ovo de galiña”. Neste sentido, os investigadores suxiren que tivo que haber un embrión que se transformou na primeira galiña, aínda que sinalan que o ovo que puxeron os seus proxenitores “non tería o aspecto dun ovo de galiña tal e como o coñecemos hoxe en día”.

huevo

 Non obstante,  recoñeceuse que o dilema sobre que foi primeiro, o ovo ou a galiña, “nunca terá unha resposta definitiva no sentido de que non se pode verificar de acordo a métodos científicos irrefutables”. Por outra parte o descubrimento do rol que xoga a proteína OC-17 na formación da casca de ovo permitirá ademais avances no campo do medicamento á hora de crear ósos sintéticos e implantes máis parecidos aos reais.

Segundo o que lestes na noticia, cal pensades que e a resposta a esta ancestral pregunta?. O galo é unha especie de ave domestica que esta presente en todos os continentes, pensades que o home puido ter algo que ver ca aparición das primeiras galiñas e co seu espallamento ao redor do globo?

URL da noticia:  http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/ila-gallina-fue-antes-que-el-huevo

Tags: Evolución, xenética, Darwin

 

Mamá non fuma, mamá non bebe, mamá cóidase… e que fai papá?

A muller xa non é a única que debe cortar cos malos hábitos antes e durante o embarazo para unha prole san. Recentes estudios confirman que a mala alimentación, o estrés, o tabaco e o abuso do alcohol e drogas por parte do pai antes de concibir aos seus fillos tamén afectan á saúde da súa descendencia.

Desde que o xenoma humano foi secuenciado sabemos que o ambiente que nos rodea tamén inflúe na expresión dos nosos xenes, é dicir, calquera estímulo do noso entorno ten a capacidade de influír na forma que teñen as células de activalos ou desactivalos. Estas activacións e desactivacións poden transmitirse a unha nova xeración de células cando estas se reproducen.

imagen

O ESPERMA TAMÉN IMPORTA: Un estudio da Universidade de Cambridge, realizado nun tipo de sapo (Xenopus Laevis), demostra que algunhas marcas epixenéticas mediadas por proteínas chamadas histonas deben permanecer no espermatozoide no momento da fertilización para regular xenes concretos nos futuros embrións. Este é un feito moi relevante, posto que ata o momento pensábase que durante a maduración dos espermatozoides se producía un reemprazo destas histonas por proteínas de outro tipo. Neste sentido, queda patente que certas marcas epixenéticas no esperma do pai son transmitidas á seguinte xeración.

“REGALOCHE A MIÑA OBESIDADE”: Outro estudio realizado con ratos amosa que os efectos dunha mala alimentación dos pais pódese transmitir aos futuros fillos a través dos óvulos e espermatozoides sen a necesidade de mutacións no ADN. O que ven a dicir que os efectos da dieta da nai e do pai antes de concibir súmanse á hora de transmitir resgos sobre a saúde do fillo. Grazas a todos estes estudios concluímos que os cambios epixenéticos son dinámicos e que o estilo de vida e a nutrición poden afectar tanto ao noso epixenoma como ao dos nosos descendentes.

Credes que con exercicio e unha dieta e vida saudables podemos cambiar a nosa xenética?

FONTE: http://elpais.com/elpais/2016/07/11/buenavida/1468241691_110945.html

 

Leite, insustituible na dieta.

O consumo de leite animal en España diminuíu un 30% nos últimos anos debido, en parte, a crenzas falsas tan estendidas como o de que o leite engorda, aumenta o colesterol, provoca descalcificación dos ósos ou causa multitude de alerxias que non se sustentan en ningún estudo científico serio.

imagen

Os nutricionistas galegos  afirman que a leite e os produtos lácteos son de moita calidade nutricional, teñen practicamente todos os nutrientes, e utilizados en cantidades apropiadas son importantes para mantemento dunha boa saúde. Na súa opinión é moi difícil que unha persoa cubra os requirimentos de calcio sen tomar produtos lácteos sen ter en conta que as proteínas do leite son dun altísimo valor biolóxico.

Critican tamén o xurdimento de novas modas que alaban a leite de orixe vexetal fronte a animal cando esta ten unha cantidade de minerais e de vitaminas que non teñen habitualmente as bebidas vexetais. De feito na leite vexetal están engadidas cantidades moi elevadas de sacarosa e o leite vacún non ten ese azucre; ten lactosa, que cumpre misións importantes para o desenvolvemento dunha ecoloxía intestinal apropiada ou prevén aos nenos fronte as infeccións. Ademais determinados alimentos que teñen compostos bioactivos, como os ácidos graxos omega 3 que están fundamentalmente no peixe, pódense incorporar a leite, producindo efectos beneficiosos sobre o desenvolvemento cognitivo en nenos, na prevención das enfermidades cardiovasculares ou a mellorar a agudeza visual e as habilidades verbais.

 Que outras propiedades do leite vacún podedes dicirme?, e da leite vexetal?. Galicia é un dos maiores produtores de leite vacún en España, Como pensades que pode afectar esta noticia a nosa comunidade?.

Fonte:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/11/04/nutricionistas-insisten-leche-insustituible-dieta/0003_201611G4P32991.htm

 

Queres ter unha dieta saudable?

Preocúpache o que comes? Queres seguir unha dieta sa? Tes dúbidas sobre nutrición?

No momento de elaborar unha dieta saudable ou equilibrada temos que ter en conta que a variedade de alimentos que inxerimos teñan os nutrientes necesarios para manternos sans, sentirnos ben e ter enerxía.

Aprender a comer de maneira saudable non é doado. A persoa que o realiza require de tempo, dedicación e moita vontade. Ademais tamén é necesaria a información dos produtos para que nos aporten os nutrientes necesarios, xa que como podedes imaxinar moitos dos productos do mercado minten sobre as súas propiedades e enganan ao consumidor sobre o que come, facendo así que a maioría da sociedade non se decate e complicando a elaboración dunha dieta.

En canto á alimentación diaria, os expertos en nutrición, afirman que o ideal seria realizar cinco comidas: o almorzo, a comida de media mañá, o  xantar, a merenda e a cea. Quizais a comida máis importante sexa o almorzo, xa que nos aporta a enerxía necesaria para comezar o día da mellor maneira. As comidas de media maña e media tarde deben ser lixeiras a base de froitas, lácteos, froitos secos… E por último, o que supón a base primordial dunha alimentación san, é a adecuada distribución de hidratos de carbono e proteínas nos xantares e nas ceas.

Considero que dende pequenos débese ensinar a adquirir hábitos saudables, establecer dietas non moi estritas para evitar o sobrepeso e reducir a cantidade de comida lixo, graxas e alimentos mal elaborados, que se consumen cada vez en maior proporción sobre todo na xente máis nova. Como solución, recoméndase comezar a elaborar a comida caseira para poder controlar o que se come e deixar de acudir diariamente a negocios de comida rápida.

 

  imagen

Fonte:  http://noticias.universia.es/cultura/noticia/2016/10/24/1144859/estrategias-ensenar-adolescentes-comer-saludable.html