Leite, insustituible na dieta.

O consumo de leite animal en España diminuíu un 30% nos últimos anos debido, en parte, a crenzas falsas tan estendidas como o de que o leite engorda, aumenta o colesterol, provoca descalcificación dos ósos ou causa multitude de alerxias que non se sustentan en ningún estudo científico serio.

imagen

Os nutricionistas galegos  afirman que a leite e os produtos lácteos son de moita calidade nutricional, teñen practicamente todos os nutrientes, e utilizados en cantidades apropiadas son importantes para mantemento dunha boa saúde. Na súa opinión é moi difícil que unha persoa cubra os requirimentos de calcio sen tomar produtos lácteos sen ter en conta que as proteínas do leite son dun altísimo valor biolóxico.

Critican tamén o xurdimento de novas modas que alaban a leite de orixe vexetal fronte a animal cando esta ten unha cantidade de minerais e de vitaminas que non teñen habitualmente as bebidas vexetais. De feito na leite vexetal están engadidas cantidades moi elevadas de sacarosa e o leite vacún non ten ese azucre; ten lactosa, que cumpre misións importantes para o desenvolvemento dunha ecoloxía intestinal apropiada ou prevén aos nenos fronte as infeccións. Ademais determinados alimentos que teñen compostos bioactivos, como os ácidos graxos omega 3 que están fundamentalmente no peixe, pódense incorporar a leite, producindo efectos beneficiosos sobre o desenvolvemento cognitivo en nenos, na prevención das enfermidades cardiovasculares ou a mellorar a agudeza visual e as habilidades verbais.

 Que outras propiedades do leite vacún podedes dicirme?, e da leite vexetal?. Galicia é un dos maiores produtores de leite vacún en España, Como pensades que pode afectar esta noticia a nosa comunidade?.

Fonte:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/11/04/nutricionistas-insisten-leche-insustituible-dieta/0003_201611G4P32991.htm

 

Tags: , , ,

6 Respostas a “Leite, insustituible na dieta.”

  1. andrea.br Dixo:

    Esta noticia paréceme que trata un tema moi polémico que sempre estivo e estará presente nas nosas vidas: o leite de vaca, é bo ou malo para a nosa saúde? En ocasións, seguramente escoitáramos argumentar que o ser humano é o único animal que toma leite logo da lactancia. Pois ben, iso é correcto, pero… tamén somos os únicos que cociñamos, que usamos ordenadores, que escribimos… e non se nos critica por isto. En resumo, eu penso que a conduta doutros animais non é un criterio válido para establecer se nós estamos actuando ben ou mal.
    Por todo isto, estou de acordo co que nos conta Guille nesta noticia. O leite proporciónanos unha cantidade axeitada de case todos os nutrientes e polo tanto non debe ser substituído por outros produtos nin polo leite vexetal, xa que este último, a diferenza do leite vacún, ten grandes cantidades de sacarosa.

  2. belen.m.br Dixo:

    O leite é fundamental nas nosas vidas, como ben di Guille nesta entrada, este alimento apórtanos nutrientes moi beneficiosos para o correcto funcionamento do noso organismo e sobre todo para o desenvolvemento dos nenos. Tanto o leite animal coma o vexetal teñen as súas vantaxes fronte ao outro, por iso penso que non debería ser incompatible o consumo de leite de vaca ou outros animais co de leite vexetal, e viceversa, é dicir, unha alternancia dos dous tipos podería beneficiarnos, ao fin e ao cabo, unha das características clave da dieta saudable é a variedade. Si é verdade que hai que estudar detidamente cada caso particular, pois ás persoas alérxicas ou intolerantes á lactosa benefíciaas o consumo de leite vexetal.
    Por outra banda, esta entrada faime reflexionar sobre a importancia do sector lácteo en Galicia, a comunidade autónoma máis importante en canto á produción deste alimento. Existen datos verdadeiramente alarmantes, nos últimos anos pecharon arredor do 60% das explotacións, antes había unhas 12000 e agora hai menos de 4000. Estes peches teñen unha explicación xustificada, pois os custes de produción superan os prezos que pagan as industrias, mentres que estas lles pagan o litro de leite a uns 27 céntimos aos gandeiros, producilo custa máis de trinta, polo que o sector se ten que manter en pé grazas ás subvencións da PAC.

  3. cristina.c.br Dixo:

    Esta noticia e relevante porque nos están a informar na actualidade na nosa sociedade.De feito non nos están a informar de todos os perigos que nos carrexa non consumir certos alimentos, neste caso o leite,de feito a min sucedeume algo semellante , por eso parece una gran noticia , na que podemos informar para que non sega aumentando as alerxias e as intolerancias.O leite e os produtos lácteos son algúns dos alimentos mais importantes na idade infantil.
    Durante a infancia e la adolescencia prodúcese o principal aumento da masa ósea e requírese un aporte óptimo de calcio. Grazas o seu valor nutritivo e polo seu alto contido en calcio, o leite e os produtos lácteos fortalecen a formación dos osos e favorecen a rexeneración de tecidos.
    Nos últimos anos fíxose evidente un descenso no consumo de lácteos entre a poboación
    infantil e xuvenil. Este feito provoca a necesidade de promover iniciativas para que familias e nenos coñezan todos os beneficios dos produtos lácteos, xa que son alimentos básicos e un dos piares da dieta infantil.
    Ademais o pouco consumos de lácteos pode carrexar a mala dixestión destes.

  4. carmen.c.br Dixo:

    Dende a dietética naturista proponse eliminar o consumo de leite de vaca, reducir o consumo de lácteos e alternar na nosa dieta as diferentes bebidas vexetais. A principal motivación disto é a miúdo a intolerancia que produce a lactosa a partir de certa idade. Non obstante, do mesmo xeito que unha persoa é intolerante á lactosa tamén pode ser celíaca, intolerante á frutosa… De modo, que a intolerancia á lactosa non é un criterio válido para establecer se o consumo de leite de vaca é peor ou mellor ca o consumo de leite de orixe vexetal.

    Na actualidade existen moitos expertos que afirman que os produtos lácteos son unha mala fonte de calcio para o organismo humano, cousa que me parece unha estupidez. Dende a nosa infancia os nosos pais, avós e profesores ensináronos que o leite de vaca é un alimento insubstituíble na nosa dieta, xa que se trata de un produto de moita calidade nutricional, pois nos proporciona practicamente todos os nutrientes, que utilizados en cantidades apropiadas son importantes para o correcto desenvolvemento do noso corpo e para o mantemento dunha boa saúde.

    Con isto non quero dicir que debamos consumir única e exclusivamente leite de vaca. Pois do mesmo xeito que ten vantaxes sobre o leite vexetal tamén ten desvantaxes. Isto débese a que a composición nutricional do leite de vaca e a das bebidas vexetais é completamente distintas. Trátase de alimentos distintos, polo que o seu impacto na nosa saúde tamén é diferente. Agora ben, ¿Cal debemos tomar? Dende o meu punto de vista o mellor sería acadar unha alternancia do consumo de leite de vaca e bebidas vexetais nas nosas dietas, o que creo que podería beneficiarnos. Ademais, ao fin e ao cabo, unha das características clave da dieta saudable é a variedade de productos.

  5. j.manuel.m.br Dixo:

    Aquí falouse da leite de vaca e vaxetal, pero no da de ovella. Esta ten un valor enerxético moi bo. Si se compara coas propiedades nutricionais do leite de vaca, o leite de ovella nos beneficia co dobre de proteínas e graxas.

    É mais fácil de dixerir por ser rico en fibra, ideal para persoas maiores. Tamén é perfecto para aqueles que queren facer unha dieta rica en fibra.
    Prevén a anemia xa que é rico en ferro.

    Mellora o fluxo sanguíneo grazas á combinación das vitaminas B, xunto coa K, xeranse novas células vermellas do sangue que permiten que circule mellor a través das nosas veas e arterias.

    Prevén o cancro de colon e reduceo debido a que é rico en fibras, elimina as toxinas que aparecen no colon, co paso dos alimentos.
    Fortalece os ósos porque é moi rica en calcio e fósforo.

  6. maria.p.b.br Dixo:

    Eu penso que o leite vacún é un alimento que nos proporciona variedade de nutrintes que nos necesitamos para o noso organismo, e se ao nacer xa nos din que o leite é para crecer fortes polo seu alto contido en calcio,e despois da infancia unha gran porcentaxe de persoas na sociedade o seguen tomando…
    Eu creo que o leite non se debería cambiar por ningún outro alimento, nin polo leite vexetal, xa que contén un nivel de sacarosa que o leite vacún no ten, o que significa que este é máis natural e saudable.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.