Queres ter unha dieta saudable?

Preocúpache o que comes? Queres seguir unha dieta sa? Tes dúbidas sobre nutrición?

No momento de elaborar unha dieta saudable ou equilibrada temos que ter en conta que a variedade de alimentos que inxerimos teñan os nutrientes necesarios para manternos sans, sentirnos ben e ter enerxía.

Aprender a comer de maneira saudable non é doado. A persoa que o realiza require de tempo, dedicación e moita vontade. Ademais tamén é necesaria a información dos produtos para que nos aporten os nutrientes necesarios, xa que como podedes imaxinar moitos dos productos do mercado minten sobre as súas propiedades e enganan ao consumidor sobre o que come, facendo así que a maioría da sociedade non se decate e complicando a elaboración dunha dieta.

En canto á alimentación diaria, os expertos en nutrición, afirman que o ideal seria realizar cinco comidas: o almorzo, a comida de media mañá, o  xantar, a merenda e a cea. Quizais a comida máis importante sexa o almorzo, xa que nos aporta a enerxía necesaria para comezar o día da mellor maneira. As comidas de media maña e media tarde deben ser lixeiras a base de froitas, lácteos, froitos secos… E por último, o que supón a base primordial dunha alimentación san, é a adecuada distribución de hidratos de carbono e proteínas nos xantares e nas ceas.

Considero que dende pequenos débese ensinar a adquirir hábitos saudables, establecer dietas non moi estritas para evitar o sobrepeso e reducir a cantidade de comida lixo, graxas e alimentos mal elaborados, que se consumen cada vez en maior proporción sobre todo na xente máis nova. Como solución, recoméndase comezar a elaborar a comida caseira para poder controlar o que se come e deixar de acudir diariamente a negocios de comida rápida.

 

  imagen

Fonte:  http://noticias.universia.es/cultura/noticia/2016/10/24/1144859/estrategias-ensenar-adolescentes-comer-saludable.html

 

 

Tags: , , ,

8 Respostas a “Queres ter unha dieta saudable?”

  1. belen.m.br Dixo:

    Na miña opinión, o tema que trata Marta é realmente preocupante. Actualmente, o estrés do noso día a día fai que non nos preocupemos polo que comemos, que tratemos de aforrar tempo nalgo tan importante para a nosa saúde como é a elección de alimentos máis naturais, que non foran procesados dunha maneira “agresiva” con aditivos prexudiciais para nós e para o medio, e que nos aporten os nutrientes adecuados. Ademais, moitos dos produtos que consumimos adoitan estar envasados con moito plástico ou papel, polo que propiciamos unha maior contaminación do planeta.

    Como curiosidade podo engadir unha opinión que lle escoitei varias veces aos meus avós. Eles consideran que moitas das enfermidades que cada día aumentan máis no noso entorno e que antes non eran tan comúns, coma o cancro, se poden deber á nosa alimentación. Aínda que non estou totalmente de acordo con esta posición, pois non só cambiou a nosa alimentación senón tamén os nosos pasatempos, os traballos, os costumes do día a día… é posible que teñan parte de razón. Antes, sobre todo nas aldeas galegas, comían os produtos da casa, naturais, menos variados ca os que temos agora e sen ningún tipo de aditivo. Ademais, se está cientificamente probado que o tabaco pode dar lugar a problemas respiratorios ou cancro de pulmón, é moi posible que outras substancias que consumimos poidan estar emparentadas con outros tipos de cancro ou calquera outra enfermidade.

  2. maria.p.b.br Dixo:

    A min esta noticia pareceume moi importante, xa que describe a alimentación que nós deberiamos de facer día a día, pero que pola presa diaria o que solemos consumir son: comida lixo, produtos envasados, alimentos que leve pouco tempo cociñalos…
    Un claro exemplo desta mala alimentación, é a dos nos nenos e nenas a hora de almorzar antes de ir ao colexio, soen levantarse tarde e almorzar as presas, inxerindo nin a cuarta parte dos nutrientes que necesitarían durante a mañá.
    Este tipo de alimentación pouco saudable pode ocasionarnos moitas enfermidades.

  3. cristina.c.br Dixo:

    Dende o meu punto de vista esta noticia e moi interesante, xa que non nos fixamos tanto no que comemos , e vamos mais ao rápido , esta forma de vida pódenos causar graves trastornos que nos afectan , tanto fisicamente como psicoloxicamente.Esta noticia infórmanos para que non cometamos erros na nosa dieta, e non nos prexudiquemos a nos e a nosa familia.

  4. guillermo.a.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante que fala sobre un problema cada vez mais notable na nosa sociedade, a obesidade e mais en Galicia, a rexión mais obesa de España. Con todo isto non quere dicir que en Galicia comamos mal, débense a malos hábitos na alimentación como “comer moito” e sen medida.
    Polo tanto as claves para superar esta meirande enfermidade non so é unha dieta saudable, tamén o exercicio físico é un factor fundamental para levar unha vida máis sa. Realizar actividades 3 veces por semana como mínimo, evito o sedentarismo e a obesidade.

  5. carmen.c.br Dixo:

    Como,di Belén no seu comentario, eu tamén opino que este é un tema moi preocupante e que nos afecta a todos. Actualmente en moitos centros educativos estanse a implantar dietas equilibradas e sas, coa finalidade de ensinarlles aos alumnos do centro a comer dunha maneira adecuada. Non obstante, o tema da nutrición tende a infravalorarse e non se lle da a grande importancia que debería ter.
    Á hora de elaborar unha dieta temos que ter en conta que as cantidades ou racións e o tipo de alimentos a consumir dependen das necesidades de cada persoa. Á súa vez, as necesidades determínanse en función da idade, a talla e a complexión física(delgada, mediana, forte), o sexo, o grado de actividade física.

    Na actualidade, se queremos seguir unha dieta e non dispoñemos da información necesaria de como debería ser podemos falar cun nutricionista que nos informe e nos propoña unha dieta adaptada ás nosas necesidades, e que nos aporte a cantidade axeitada de nutrientes. Do mesmo xeito tamén existen millóns de páxinas web na rede das que podemos obter informacións e “tips” para levar unha dieta equilibrada.

    Con isto quero dicir que dispoñemos de gran número de medios que nos poden axudar; de modo que levar unha dieta sa non debería supoñernos unha tarefa pouco doada; senón todo o contrario, unha tarefa do mais sinxela. E ante todo debemos recordar que “estar a dieta” non significa deixar de comer; de feito, moitos nutricionistas aconsellan sempre ter a man alimentos saudables por se sentes a urxencia de comer algo, como por exemplo un paquete de uvas pasas o unha peza de froita. Como este consello podemos atopar moitos na rede, de modo que: Que esperas para poñerte a dieta?

  6. paula.e.br Dixo:

    Esta noticia faime pensar que ás veces non todos cumprimos unha dieta equilibrada e saudable para ao noso estilo de vida. Cada vez son máis e máis nenos os que a hora de merendar prefiren tomar unha chocolatina ou algún refresco con suficiente azucre,en vez dunha froita , uns froitos secos etc…Estou totalmente de acordo en que ter unha dieta boa nas nosas vidas non é un obxectivo fácil , asi que non é un xogo calquera. ANÍMATE,TI PODES!

  7. andrea.br Dixo:

    En xeral todo o que nos conta este artigo é moi interesante, pero chamoume a atención a observación que fai Marta no último parágrafo. Estou totalmente de acordo en que dende pequenos debemos seguir unhas pautas saudables na nosa alimentación. Para que isto sexa posible, o papel dos pais é fundamental. Os rapaces pequenos non son conscientes nin posúen a información necesaria para poder levar a cabo unha dieta sa e equilibrada por si sós. Por iso, os maiores deben ser unha referencia e un modelo a seguir para eles. Desta forma, se os rapaces aprenden dende ben pequenos a comer dunha forma saudable, nun futuro terán moito máis fácil continuar con estas costumes.
    Pero en ocasións, esta educación non é tan doada. Ademais da dedicación e da vontade, eu penso que o tempo e os recursos económicos de cada familia son uns dos factores máis importantes. Por exemplo, como consecuencia da falta de medios económicos, unha familia pódese ver obrigada a comprar alimentos pobres en nutriente; ou por falta das instalacións adecuadas para cociñar na casa, teñen a necesidade de consumir pratos preparados ou comida para levar.

  8. j.manuel.m.br Dixo:

    Creo que o único que lle faltou a esta noticia foi mencionar o deporte. As persoas fisicamente activas gozan dunha maior calidade de vida, sufrindo menos limitacións normalmente asociadas a enfermidades crónicas e o envellecemento; ademais aumenta a esperanza de vida. Mellorar o noso estilo de vida, reduce os riscos de enfermidades cardiovasculares e cancro, as principais causas de mortalidade na humanidade.

    O exercicio físico aumenta o benestar psicolóxico e mellora o noso humor, a autoestima, xera autoconfianza e aumenta o control de un mismo.

    É importante fomentar a práctica do deporte e da actividade física en todas as idades, pois implica cambios positivos no benestar persoal, inmediatamente despois de facer algún tipo de deporte. Está probado que reduce os problemas de ansiedade e depresión.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.