Unha “tatuaxe” capaz de previr enfermidades cardiovasculares?

Probablemente algunha vez oirades que o latexo irregular do corazón pode causarnos a morte se non é tratado. Pois ben, uns investigadores acaban de descubrir unha “pegatina” que nos axudará a detectar e previr enfermidades cardiovasculares como a arritmia ou a taquicardia. Este adhesivo está feito de nanopartículas de ouro, mide uns 4 cm e é moi delgado e flexible. É capaz de recoller datos durante 48 horas e o único que debemos facer para que funcione é colocalo na parte interna da moneca. Non temos que preocuparnos por el durante este tempo, xa que a súa flexibilidade permítenos realizar todo tipo de actividades sen ningún tipo de impedimento.

É certo que nos últimos anos xa se desenvolveran dispositivos que cumprían esta función, como reloxos ou bandas, pero os materiais dos que estaban feitos non se adherían ben a pel, polo que eran moi imprecisos, ademais de que resultaban demasiado aparatosos e incómodos.

imagen

Por outra parte, estes investigadores están convencidos de que este descubrimento axudará nun futuro no diseño de dispositivos móbiles que nos permitan controlar a nosa saúde a distancia. Vos que opinades? Credes que se o mundo da tecnoloxía e da ciencia segue avanzando como o está a facer ata o momento, será posible que isto suceda nun futuro non moi lonxano? E que vos parece esta “tatuaxe”?

 http://elpais.com/elpais/2015/12/29/ciencia/1451389097_383695.html

 

Tags: , ,

5 Respostas a “Unha “tatuaxe” capaz de previr enfermidades cardiovasculares?”

  1. belen.m.br Dixo:

    O avance do que nos fala Andrea é realmente interesante para o desenvolvemento de tecnoloxías relacionadas coa exploración da saúde cardiovascular no futuro, de tecnoloxía aínda máis moderna e eficaz ca esta, que por exemplo, como ela mesma menciona, poida facer un seguimento a distancia. Un control periódico de parámetros como a tensión arterial é unha das claves principais para que os médicos sexan capaces de diagnosticar doenzas relacionadas co aparato circulatorio, por iso estes parches teñen gran importancia neste ámbito. Con todo, pregúntome se son reutilizables, pois ao conteren pequenas cantidades ouro, no caso de que non o fosen, un uso habitual sairía bastante caro. Sería aí cando se podería comezar a investigar noutros materiais máis baratos que puidesen substituír o ouro.

  2. carmen.c.br Dixo:

    Esta noticia paréceme moi interesante porque como moitos de nós sabemos a carga de enfermidades e a mortalidade atribuídas a estas enfermidades atópanse en pleno auxe e representa a primeira causa de morte no noso país.

    Resulta moi innovador que unha simple pegatina feita de nanopartículas de ouro colocada na noso pulso sexa capaz de medir e almacenar a nosa actividade cardíaca co fin de evitar este tipo de enfermidades tan prexudiciais.

    Outra vantaxe do emprego desta tatuaxe é a discreción e a comodidade. Un ritmo cardíaco que se para por un segundo ou irregular é o motivo suficiente para que o cardiólogo recomende levar un Holter, é dicir, unha pequena mochila, chea de cables e electrodos conectados ao peito. Estes dispositivos, aínda que coas avances tecnolóxicas cada vez son máis pequenos, poden chegar a ser moi incómodos; ao contrario, desta diminuta e flexible pegatina a cal permítenos realizar todo tipo de actividades sen ningún tipo de impedimento.

    Ao igual que moitos investigadores eu tamén estou convencida de que o peso da tecnoloxía na nosa sociedade é cada vez maior, e polo tanto non creo que se tarde moito en comezar a deseñar dispositivos móbiles que nos permitan controlar a nosa saúde a distancia.

  3. estefania.v.br Dixo:

    É moi interesante e creo que sirve para que todas aquelas persoas que están en contra das tecnoloxías dende de conta que poden chegar a ser moi beneficiosas e que poden facilitar o control de enfermidades.
    Pareceme moi cómoda esta tatuaxe e que a sua aplicación sea tan sinxela gustame moito.

  4. andrea.br Dixo:

    Contestando a pregunta de Belén, polo momento non son reutilizables. Serían semellantes a unha tatuaxe de Henna, polo que acabarían borrándose da nosa pel pasado un tempo determinado.
    Este e concreto ten unha duración dunhas dúas semanas aproximadamente antes de desaparecer por completo.

    Por este motivo sería interesante que se aumentara a súa duración ou ben, como di a miña compañeira, que se investigaran outros materiais máis baratos que puideran substituir ó ouro.

  5. maria.p.b.br Dixo:

    Esta noticia pareceme moi interesante, xa que como non relaciona o avance da tecnoloxía coa nosa saúde cardiovascular, esto mostra que a nosa sociedade vai avanzando cada vez máis.

    A min a idea desta “tatuaxe” pareceme moi boa e eficaz, xa que nos beneficia a nos, informandonos do estado da nosa saúde cardiovascular e pódese disimular facilmente, pero tamén ten algún inconveniente xa que está feito de ouro, un material moi caro e ademáis esta pegatina ten pouca duración.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.