O DESCUBRIMENTO DUN NOVO SER VIVO

No Tagoro, o volcán submariño que entrou en erupción preto da illa do Hierro entre outubro de 2011 e marzo de 2012, descubriuse un organismo que non fora estudado nunca.

A erupción comezou a 363 metros de profundidade e o cono foi medrando verticalmente uns 2 metros por día. A súa actividade aumentou a temperatura e a acidez da auga da zona, reduciu a cantidade de osíxeno, deixou materiais en suspensión… Así  xurdiron as condicións adecuadas para o desenvolvemento dunha nova bacteria, a Thiolava veneris. Este ser vivo de aspecto filamentoso foi descuberto a uns 130 metros de profundidade nunha área de 2000 metros cadrados arredor do cráter e, segundo as investigacións, non realiza a fotosíntese.

 imagen

Este avance é realmente importante, pois a aparición e a supervivencia de seres vivos en condicións tan extremas é moi interesante dende o punto de vista biolóxico, xa que habitualmente tendemos a pensar nas condicións nas que nós vivimos como as máis propicias para a vida, pero non é así. A maior parte de organismos que habitan o planeta son descoñecidos, moitos deles serán organismos moi sinxelos, coma as bacterias, e seguramente se desenvolvan en lugares inexplorados e imposibles de habitar para as especies que coñecemos.

Que vos parece a noticia? Eu penso que Thiolava veneris xa vive nalgún dos moitos volcáns submariños que existen, e vós? E o máis interesante, se existe a vida nestas situacións, haberaa no resto do Universo?

FONTES:

https://elpais.com/elpais/2017/04/25/ciencia/1493117171_330806.html

http://www.ub.edu/web/ub/es/menu_eines/noticies/2017/04/034.html

 

O DENGUE PODE CHEGAR A EUROPA

Enfermidades como o dengue, a febre amarela, ou o famoso zika poderían chegar a Europa no futuro. A razón? O cambio climático.

Unha recente investigación encargouse de estudar distintos axentes causantes de enfermidades en humanos e animais en relación a determinados factores como a humidade, a temperatura, as precipitacións… Deste xeito decatáronse da alta sensibilidade de virus, bacterias e fungos ás variacións destes factores, pero sobre todo a daqueles patóxenos transmitidos a través de artrópodos coma os mosquitos.

Hai aproximadamente un ano que se atoparon ovos de mosquito tigre, Aedes Albopictus, en Gran Bretaña, onde nunca se viran. Sempre foi moi habitual que os animais que poden ser vectores de enfermidades cheguen a novos lugares en medios de transporte convencionais, de feito crese que este artrópodo viaxou polo Eurotúnel, con todo, hai unha gran diferenza entre o que ocorría no pasado e o que ocorre na actualidade, antes non se establecían porque as condicións non eran axeitadas para a súa vida, agora é posible que o fagan. Evidentemente, este mosquito, que como xa saberedes tamén está en España, non representa un problema por si só, senón que se converterá nel o día que un deles contraia a enfermidade traída por algunha persoa dende lugares onde é común. Se non se toman certas medidas para paliar os efectos do quecemento global e as temperaturas aumentan 2ºC máis, o dengue e o resto de enfermidades consideradas doutras latitudes, poden acabar asentándose en Europa.

imagen

Agora tócavos a vós! Sabiades que a peste, que acabou con tantas vidas en Europa, se espallara tamén grazas a ratas “viaxeiras”? Que vos parece esta nova ameaza do cambio climático? Ademais do control por parte de institucións que velan pola saúde, que medidas recomendades?

FONTE: https://elpais.com/elpais/2017/08/04/ciencia/1501835105_221638.html

 

A DESTRUCIÓN DOS ECOSISTEMAS CANARIOS COMEZOU ANTES DE CRISTO

O lagarto xigante, unha das especies máis importantes das illas Canarias, está a desaparecer. Esta extinción causará enormes cambios nos ecosistemas, xa que son animais que se encargan de espallar as sementes dunha planta endémica, a “orijama”.

 

O problema non terá unha repercusión inmediata, pois os expertos din que existen árbores no Amazonas cuxos animais dispersores desapareceron hai 500 anos, pero as consecuencias xa son evidentes. Estes réptiles xa diminuíron o seu tamaño notablemente, antes podían acadar o medio metro sen ter en conta a cola e agora non pasan dos 14 centímetros.

 

imagen

Pero cal é a orixe deste problema? O inicio está na chegada dos primeiros colonos ás illas, hai uns 2600 anos. Ao establecérense, os novos habitantes levaron con eles animais alóctonos como as cabras e os gatos, que cazan á especie autóctona. Aínda que o problema xa está nun punto moi avanzado, os expertos recomendan a esterilización de cabras e gatos para poder manter os que quedan.

 

Agora é a vosa quenda, que outros casos coñecedes? Escoitarades falar deste nalgunha ocasión? Que opinades do feito de que o ser humano leve prexudicando tan gravemente o medio natural dende hai máis de dous milenios?

 

FONTE: https://elpais.com/elpais/2017/09/18/ciencia/1505733211_551765.html

 

O primeiro intento dun transplante de cabeza na historia: que acontecerá?

En decembro de 2017 terá lugar o primeiro intento de transplante de cabeza realizado en humanos. O voluntario para someterse a esta complicada operación que se alongaría durante 36 horas é Valery Spiridonov, un programador ruso de 30 anos que sofre atrofia muscular espinal, unha grave enfermidade xenética que destrúe progresivamente as neuronas motoras inferiores, situadas no talo cerebral e na medula espinal, e que controlan a actividade muscular voluntaria esencial como falar, camiñar, respirar e deglutir.

imagen

A operación será capitaneada polo neurocientífico italiano Sergio Canavero, que en decembro de 2015 estableceu en dous anos o tempo necesario para verificar ao 99% a efectividade desta técnica.  O tempo non pasou en balde e agora, só a uns poucos meses para a esperada operación, moita xente está interesada en saber se de verdade este home está disposto a poñer en perigo a vida do seu paciente. Segundo declarou o propio Valery  Spiridonov, para el esta operación  supón a súa única maneira de poder levar unha vida normal de novo. Expresou abertamente a súa intención de someterse a operación e explicou que “a súa decisión e definitiva e non pensa cambiala”. Con todo, está controvertida operación que desafía os estándares da medicina moderna tamén levantou un gran debate ao seu redor, xa que moitos científicos mostráronse profundamente escépticos ante a súa viabilidade. A parte máis crítica deste proceso é o de conectar a espiña dorsal co resto de conexións nerviosas, algo que moitos outros científicos tentaron facer sen éxito en experimentos con animais. Un exemplo foi o de Robert White que implantou a cabeza dun mono no corpo doutro en 1970, aínda que este só sobreviviu unha semana xa que o seu corpo rexeitou a nova cabeza. Cando Sergio Canavero anunciou a súa vontade de levar a cabo este transplante dixo que despois da operación o paciente estaría 4 meses en coma inducido e non podería moverse ata pasar un ano para favorecer a curación. Ademais, confirmou que a operación custará máis de 10 millóns de dólares e requirirá de máis de 150 profesionais médicos traballando durante 36 horas seguidas para desenvolvela.

Que pensades sobre Sergio Canavero e a incrible meta que se fixou cumprir?, Creedes que conseguirá o seu obxectivo?. Pensades que é moralmente correcto poñer en semellante risco ao seu paciente?. Pensades que nalgún futuro os médicos serán capaces de facer transplantes de cabeza ca mesma facilidade ca que o fan hoxe cun transplantes de ril ou de corazón?

URL da noticia:  http://www.bbc.com/mundo/noticias-37415440

 

Creación dunha retina sintética

Este novo estudo,realizado por unha muller colombiana de 24 anos na Universidade de Oxford, consiste na creación dunha retina sintética que podería chegar a  ofrecer novas esperanzas ás persoas con dificultades visuais. Anteriormente moitos investigadores crearon retinas artificiais utilizando materiais duros e ríxido, pero este novo estudo é o primeiro en crear unha  retina con tecidos sintéticos biolóxicos creados en  laboratorios  a partir de  materiais naturais biodegradables.

A retina humana é unha parte do ollo e encontrase no fondo deste. A súa función principal é detectar e reaccionar ante á luz, é dicir, converte a luz en sinais eléctricas que  viaxan a través do sistema nervioso ata desencadear unha resposta cerebral que permita a construción dunha imaxe do que se está vendo.

Esta nova retina artificial ten dobre capa e está formada por gotiñas brandas de material acuoso (hidroxeles) e proteínas de membrana celular. Permite crear unha imaxe en escala de grises (branco e negro) chegando a producir moi de cerca o proceso retinario humano. No momento de realizar a inserción desta retina nunha persoa realizaríanse operacións dificultosas pero que poderían permitir volver a ver.

imagen

Este avance podería revolucionar tanto a industria de implantes biónicos como ó avance en tratamentos e enfermedades no ámbito da mediciña. Nun futuro non moi lonxano se a investigación segue avanzando a pasos axigantados poderíase conseguir máis tecidos do corpo humano.

URL: http://noticiasdelaciencia.com/not/24165/creacion-de-una-retina-sintetica/

 

Manipular os xenes dun individuo para potenciar as súas calidades?

Dende o descubrimento do modelo da dobre hélice de ADN, das encimas de restrición e do gran avance no campo da xenética humana, abriuse un novo panorama de posibilidades para o tratamento médico de varias enfermidades hereditarias.

Este tratamento realízase mediante técnicas de terapia xénica. Esta terapia consiste en manipular en laboratorios a información xenética dalgunhas células enfermas ou alteradas para corrixir un defecto xenético co fin de superar as alteracións. Actualmente a terapia xénica resultou un gran avance, xa que se propón para case calquera enfermidade, aínda que é unha terapia en pleno desenvolvemento, pouco estudada e bastante custosa, tanto económica como tecnicamente.

Ao comezar a actuar sobre o home, os seus xenes e a súa descendencia é cando comeza a xurdir as dúbidas éticas sobre esta técnica, se respectan ou non a dignidade humana.  Aínda que a terapia está pensada para a superación de enfermidades, existen casos nos que se manipulan os xenes ao gusto da persoa sen ter ningunha patoloxía, creando así un “modelo ou deseño da persoa perfecta”.

Se aplicamos este tipo de terapia enfocada á melloría xenética desembocariamos unha serie de problemas difíciles de resolver; A quen  ou a que grupo social realizamos a transferencia xenética, co perigo de que aumentasen as diferenzas sociais?, Como evitar a discriminación contra os individuos que reciban o xene ou contra os que non o reciban?

A aceptación na sociedade da melloría xenética ou de potenciación levaría, moi probablemente, á discriminación e desvalorización de certas categorías de persoas. Non existe criterio obxectivo que poida establecer que cualidades son mellores que outras. Se se tivese acceso libre a esta técnica existe o perigo de utilizala para dar vantaxe a certos privilexiados. Poderíase, por exemplo, incrementar a intelixencia dalgunhas persoas ou mellorar as capacidades físicas de atletas. Claramente sería unha forma de exercer discriminación e habería unha gran distinción de clases, xa que a potenciación ou melloramento xenético estaría soamente ao alcance dos podentes.

imagen

Que opinades sobre isto? Parécevos ético?

Fonte: http://www.elfinanciero.com.mx/tech/asi-va-el-debate-de-la-manipulacion-genetica-del-adn-humano.html

 

Próteses biónicas que permiten volver a sentir as mans

Algúns investigadores de Universidades de Estados Unidos e Suecia, crearon próteses de brazos e mans biónicas para persoas que sufriron amputacións. O máis sorprendente destes dispositivos e que se controlan de maneira intuitiva, permiten a liberdade de movementos e repón  o sentido do tacto. Esta prótese xa foi probada con bos resultados en Suecia, nun paciente co brazo amputado ata o cóbado, podendo realizar así todo tipo de actividades cotiás.

Para que a prótese funcione, o brazo artificial esta directamente conectado co esqueleto, e o seu corpo interactúa coa máquina mediante electrodos neuromusculares.

Por outra parte, un grupo de científicos de Estados Unidos conseguiron que dous pacientes amputados mediante a implantación de mans biónicas puidesen  recuperar a sensación do sentido do tacto, a través de electrodos que conectan a mans co brazo e co cerebro.

imagen

Unha das probas máis famosas realizadas con esta prótese foi a do paciente Igor Spetic. A este paciente o algodón sempre lle produciu calofríos e ao tocar a cegas unha bola de algodón coa próteses do brazo se lle puxo a pel “de galiña”.

Para o autor deste estudo, o obxectivo non foi soamente restaurar a funcionalidades dos brazos ou das mans, senón volver a construír  unha conexión co mundo.

Fonte:  www.elfinanciero.com.mx/tech/asi-va-el-debate-de-la-manipulacion-genetica-del-adn-humano.html

https://esnoticia.co/noticia-8672-protesis-bionicas-que-permiten-volver-a-sentir

 

AS PRÓTESES DO FUTURO

Como moitos saberedes, a artrite, a enfermidade que provoca inflamacións nas articulacións, leva, en moitas ocasións, á colocación de próteses. Pois ben, nós centrarémonos nas investigacións que se fixeron sobre as de cadeira.

 

Estas pezas non duran toda a vida, é dicir, son implantadas cirurxicamente e logo é necesario substituílas por outras novas. A vida útil das próteses tradicionais anda arredor dos 15 anos. Por iso se traballa en varios laboratorios en distintos modelos delas.

 

Una prótesis de cadera para toda la vida

Varios enxeñeiros alemáns e estadounidenses caeron na conta de que a fricción de certos metais fai que co paso do tempo apareza unha capa de grafito, que é un mineral que actúa como lubricante. Deste xeito, os expertos poderían tratar de potenciar o desenvolvemento de pezas metálicas para obter esta vantaxe que nos ofrece o grafito.

Con todo, outros investigadores opinan o contrario, non apoian o uso de metais, pois cren que son os culpables das descolocacións das próteses e que incluso poden provocar cancro ao liberaren determinados ions no sangue.  Por iso crearon un modelo con outros materiais como a cerámica.

 

Finalmente, outros científicos idearon un nanopatrón que podería impulsar o crecemento do óso da cadeira a partir de células nai. A clave deste avance foi tratar de buscar o desenvolvemento de tecido óseo en lugar do tecido brando que habitualmente se orixina arredor das próteses e que fai necesaria a súa substitución.

 

Vós que opinades destas ideas? Tendo en conta que todas elas son posibillidades pero que ningunha está estendida, cal vos parece a máis acertada?

 

FONTES:

 

 

 

 

Unha esponxa para a rexeneración da cartilaxe articular

Como xa saberedes, a cartilaxe articular é a cuberta que desenvolve o óso na zona veciña a outro, e serve de protección para evitar que ambos ósos se rocen ao moverse entre si. Esta cuberta pode alterarse por causas mecánicas, é dicir por golpes, xiros bruscos ou sobrecargas continuas en caso de deportistas, ou por envellecemento, que pode evolucionar a unha artrose. As lesións relacionadas ca cartilaxe articular adoitan ser moi habituais e o seu tratamento non é doado, xa que a cartilaxe non é capaz de rexenerarse por si mesmo.

Ata o momento, para combater esta doenza usábanse terapias que consistían en producir microperforacións no óso subcondral, que provocaban que o sangue fluirá e coagulara. Deste xeito producíase a rexeneración, pero non era a adecuada, xa que as células nai que chegaban ao lugar da lesión non se atopaban no entorno biomecánico axeitado.

Para rematar con este defecto, investigadores da Universidade de Valencia, en colaboración co Hospital do Mar de Barcelona, deseñaron un novo implante para a rexeneración do cartilaxe articular. O que propuxeron foi unha esponxa porosa biodegradable que se implanta no lugar da lesión e axústase cun parafuso ao óso subcondral. Deste xeito, os seus poros énchense de sangue, reciben as células nai e crean un novo tecido con características moito máis similares ao tecido natural que coa técnica das microperforacións.

Este proxecto atópase na fase de experimentación animal. Xa se puxo a proba con animais pequenos (coellos) e actualmente estase probando con ovellas. Logo de valorar estes resultados a longo prazo estes investigadores valorarán a opción de solicitar unha proba clínica.

diferenza

Que opinades deste novo implante? Tendo en conta que é unha técnica relativamente barata, credes que será o futuro tratamento para as lesións da cartilaxe articular? Coñeciades esta doenza?

Fonte de información: https://ciencia.blogs.upv.es/disenan-un-nuevo-implante-para-la-regeneracion-del-cartilago-articular/

 

Cómo unha célula da túa pel pode devolverlle a vista a un cego

Nun hospital de Xapón realizouse fai un par de semanas o primeiro transplante exitoso mediante células nai non embrionarias. O paciente desta operación foi un xaponés de 60 anos que sufría una enfermidade dexenerativa ocular que lle impedía ver, pero que grazas a máis avanzada tecnoloxía en edición de células nai puido obter a partir das células da pel dun doante anónimo o transplante de retina que necesitaba. Estas novas células nai denomínanse iPS, e están a revolucionar o mundo da medicina moderna.

 

imagen

As células nai iPS, tamén coñecidas como células nai pluripotentes inducidas, son o resultado dun proceso de “reprogramación” de células adultas xa diferenciadas, como por exemplo, dunha célula da pel. Mediante a técnica do ADN recombinante os xenetistas xaponeses introduciron nunha célula da pel dun doante anónimo unha serie de xenes  que fixeron que esta se des-diferenciaran e se transformara nunha célula nai pluripotente, isto é, ca capacidade de xerar calquera clase de tecidos, como os da retina. Deste xeito os xenetistas actuais son capaces de obter a partir dunha célula calquera dunha persoa, case todos os tipos de células do corpo humano. As células iPS demostraron ser moi similares as células nai embrionarias tanto na súa forma como nas súas función. Por outra parte o seu método de obtención presenta varias vantaxes respecto ao destas últimas mediante clonación terapéutica. Para empezar, o paciente dispoñería das células necesarias inmediatamente (aforraríase o proceso de ter que doar as súas propias células para ser cultivadas e logo alteradas xeneticamente, un tempo moi valioso no caso dos pacientes afectados de enfermidades dexenerativas) ademáis de que é un proceso moito máis barato que a clonación.

Esta operación forma parte dun permiso especial que o Ministerio de Saúde Xaponés lle deu a este hospital para realizar un total de cinco intervencións experimentais con células nai. Se todos os ensaios saen como esperan, abrirase o camiño a un novo modelo de medicina rexenerativa baseado nas células iPS. Algúns xenetista como o célebre xaponés Shin´ya Yamanaka, inventor das devantidas células iPS, xa están empezando montar os primeiros bancos celulares onde poder almacenar as células con capacidade pluripotencial. Segundo os seus cálculos, con só 10 doantes poderanse desenvolver células válidas para entre o 30% e o 50% dos xaponeses. Para moitos patrocinadores das iPS o seu soño é un futuro próximo onde esta clase de tratamentos sexan accesibles a todas as persoas.

Que pensades sobre este avance no tratamento de enfermidades dexenerativas? Cal e a vosa opinión respecto a clonación terapéutica? E respecto as iPS? Cal creedes que é o futuro da medicina rexenerativa? Pensades que poderá existir un futuro onde a medicina rexenerativa sexa accesible para todo o mundo como se di nesta noticia?

URL noticia orixinal: http://expreso.press/2017/04/07/una-celula-piel-podra-devolver-la-vista-ciego/