A DESTRUCIÓN DOS ECOSISTEMAS CANARIOS COMEZOU ANTES DE CRISTO

O lagarto xigante, unha das especies máis importantes das illas Canarias, está a desaparecer. Esta extinción causará enormes cambios nos ecosistemas, xa que son animais que se encargan de espallar as sementes dunha planta endémica, a “orijama”.

 

O problema non terá unha repercusión inmediata, pois os expertos din que existen árbores no Amazonas cuxos animais dispersores desapareceron hai 500 anos, pero as consecuencias xa son evidentes. Estes réptiles xa diminuíron o seu tamaño notablemente, antes podían acadar o medio metro sen ter en conta a cola e agora non pasan dos 14 centímetros.

 

imagen

Pero cal é a orixe deste problema? O inicio está na chegada dos primeiros colonos ás illas, hai uns 2600 anos. Ao establecérense, os novos habitantes levaron con eles animais alóctonos como as cabras e os gatos, que cazan á especie autóctona. Aínda que o problema xa está nun punto moi avanzado, os expertos recomendan a esterilización de cabras e gatos para poder manter os que quedan.

 

Agora é a vosa quenda, que outros casos coñecedes? Escoitarades falar deste nalgunha ocasión? Que opinades do feito de que o ser humano leve prexudicando tan gravemente o medio natural dende hai máis de dous milenios?

 

FONTE: https://elpais.com/elpais/2017/09/18/ciencia/1505733211_551765.html

 

Tags: , ,

Unha resposta a “A DESTRUCIÓN DOS ECOSISTEMAS CANARIOS COMEZOU ANTES DE CRISTO”

  1. guillermo.a.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante que na cal Belén nos amosa como o ser humano leva prexudicando ao medio natural de forma moi significativa dende os tempos máis remotos. De feito, dende a súa aparición, o homo sapiens sapiens tivo un forte impacto en todos os ecosistemas nos que habitou alterandoos de maneira moi drástica. Fai pouco vín no canal de National History un documental que falaba do impacto que tiveron os nosos ancestros cando chegaron por primeira vez a Australia fai aproximadamente 50.000 anos. Antes da chegada do home, centos de miles de anos de evolución nesa rexión deron lugar ao desenvolvemento de grandes e extraordinarias especies animais como enormes marsupiais de ata 2.000 kilos ou lagartos xigantes de ata 7 metros de largo. Ao parecer, gran parte desta megafauna empezouse a extinguir un poucos centos de anos despois da chegada dos nosos ancestros a illa. Especies que durante decenas de miles de anos controlaron os diferentes ecosistemas desapareceron nun corto período de tempo. A razón de isto non foi que os nosos antepasados os cazaran, máis ben debeuse a aombrosa capacidade de adaptación dos nosos ancestros que en pouco tempo conseguiron apropiarse dos recursos da illa ata tal punto que produciron, de maneira indirecta, a extinción destes grandes animais. Este exemplo, máis o desta noticia, danos unha idea da nosa capacidade para impoñernos sobre o medio natural que nos rodea. Ata agora pensabamos que isto non tiñan repercusións graves para nos, pero dende a época de revolución industrial estamos a ver que o noso impacto sobre o medio e maior do que criamos e sen non facemos algo para cambialo pode ser que acabemos nos desaparecendo deste gran ecosistema chamado Terra.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.