Próteses biónicas que permiten volver a sentir as mans

Algúns investigadores de Universidades de Estados Unidos e Suecia, crearon próteses de brazos e mans biónicas para persoas que sufriron amputacións. O máis sorprendente destes dispositivos e que se controlan de maneira intuitiva, permiten a liberdade de movementos e repón  o sentido do tacto. Esta prótese xa foi probada con bos resultados en Suecia, nun paciente co brazo amputado ata o cóbado, podendo realizar así todo tipo de actividades cotiás.

Para que a prótese funcione, o brazo artificial esta directamente conectado co esqueleto, e o seu corpo interactúa coa máquina mediante electrodos neuromusculares.

Por outra parte, un grupo de científicos de Estados Unidos conseguiron que dous pacientes amputados mediante a implantación de mans biónicas puidesen  recuperar a sensación do sentido do tacto, a través de electrodos que conectan a mans co brazo e co cerebro.

imagen

Unha das probas máis famosas realizadas con esta prótese foi a do paciente Igor Spetic. A este paciente o algodón sempre lle produciu calofríos e ao tocar a cegas unha bola de algodón coa próteses do brazo se lle puxo a pel “de galiña”.

Para o autor deste estudo, o obxectivo non foi soamente restaurar a funcionalidades dos brazos ou das mans, senón volver a construír  unha conexión co mundo.

Fonte:  www.elfinanciero.com.mx/tech/asi-va-el-debate-de-la-manipulacion-genetica-del-adn-humano.html

https://esnoticia.co/noticia-8672-protesis-bionicas-que-permiten-volver-a-sentir

 

Tags: , ,

7 Respostas a “Próteses biónicas que permiten volver a sentir as mans”

  1. belen.m.br Dixo:

    Na miña opinión, todos os avances que se foron acadando nos últimos anos, marcados por un enorme “boom” tecnolóxico, son realmente admirables. O logro de combinar a anatomía humana con todas as súas complexidades, coas técnicas relacionadas cos impulsos eléctricos que permiten a comunicación co sistema nervioso, coa creación dunha estrutura cunha determinada forma e feita cuns materiais que reúnan unhas características concretas, enxalza máis as capacidades dos nosos científicos e sobre todo do traballo en equipo. Marta cóntanos ao comezo do post que as tarefas que fixeron posible acadar esta meta se realizaron de xeito conxunto entre as universidades de EEUU e Suecia, polo que xa nos dá pistas da importancia das colaboracións, de complementarse para poder mellorar e conseguir o éxito. Cabe dicir tamén que as comunicacións entre as distintas identidades inmersas no proxecto foron, seguramente, grazas ás novas tecnoloxías, que de novo contribúen á ciencia.
    Por outra banda, entrando no relacionado co paciente que pasou por un episodio tan traumático como a perda dun brazo, debo dicir que este tipo de progresos poden darlle a volta totalmente á súa vida, pois que poidan sentir e moverse coma antes é un verdadeiro milagre.
    En conclusión, creo que se debería fomentar a educación das novas xeracións de científicos cara a unha combinación de saberes, pois a cooperación tanto de disciplinas como dos profesionais é sen dúbida a clave deste tipo de adiantos capaces de devolverlle a normalidade a persoas que por un tempo a viron modificada.

  2. alba.g.br Dixo:

    Esta noticia é moi interesante pois, aínda que no mundo actual, cos avances na mediciña, que por calquera cousa xa vamos ao medico e que as amputacións non son tan frecuentes como no pasado, perder unha parte do teu corpo sexa a que sexa é máis unha extremidade, sempre resulta unha desgracia e un gran cambio na vida do afectado/a.

    Este tipo de prótesis volven darlle un xiro as persoas amputadas devolvéndolles “parte do seu corpo”. Aínda que non é o mesmo nin moito menos, este incrible avance axudará a moita xente e ensínamos a gran capacidade do corpo humano a seguir funcionando a través de materia artificial case do mesmo xeito que a natural, adaptándose á nova extremidade.

    Pero o que realmente me chamou a atención foi que nunha das probas o paciente fora quen de sentir o tacto do algodón que lle daba calafrio. Esto significa que nun futuro a ciencia e tecnoloxía saberán afrontar os desprovistos da vida repoñer o necesario e facer coma se nada pasase.

  3. carmen.c.br Dixo:

    Na actualidade estase a avanzar a pasos axigantados en disciplinas como a biotecnoloxía, a robótica, a neurofisioloxía e a biofísica. De feito, o que se esta a conseguir parece sacado dunha película de ciencia ficción.

    No meu caso xa tiña oído falar de neuropróteses, é dicir, próteses que conectan o cerebro cos músculos e que son controladas de maneira intuitiva, pero nunca oíra falar de dispositivos que permiten aos discapacitados “sentir” as súas próteses. Ata agora os brazos e pernas artificiais estaban “incompletos”, xa que non existía neles unha retroalimentación de sinais que viaxasen ata o cerebro, polo que, a miúdo, resultaba moi difícil acadar o nivel de control necesario para realizar movementos cada vez mais precisos. Investigando un pouco mais acerca destas novas próteses: para poder ter unha sensación similar ao tacto, aínda que non idéntica, os pacientes teranse que someter a operacións cirúrxicas nas que uns electrodos serán colocados na cortiza cerebral, coa finalidade de estimular as rexións do cerebro relacionadas co sentido do tacto e o sistema locomotor.

    As vantaxes deste tipo deste tipo de avances, capaces de devolverlle a normalidade a persoas que por un tempo a viron alterada, son inmensas e sen ningunha dúbida o obxectivo non é soamente restaurar a funcionalidade perdida dos pacientes senón reconectalos co mundo.

  4. andrea.br Dixo:

    Como xa comentei anteriormente noutras noticias relacionadas coas próteses, paréceme que o traballo destes científicos e investigadores é realmente admirable. Pero tamén é certo que todos os avances que se están a producir no campo da mediciña (ou case todos) son grazas ás tecnoloxías, á robótica, á impresión 3D… Actualmente a tecnoloxía é un factor vital para o desenvolvemento e evolución da nosa sociedade, esencial en todas as áreas, pero imprescindible no que respecta á mediciña. O desenvolvemento tecnolóxico propiciou un cambio asombroso neste ámbito; o seu avance permitiu coñecer infinidade de procesos que explican o por que de moitas enfermidades, dos procesos que ocorren no noso organismo…

    Con respecto ás noticias como a que nos trae Marta, de persoas que puideron volver a “sentir” algunha das súas extremidades, parécenme realmente asombrosas. Diversas probas que lle fixeron aos pacientes con este tipo de próteses, revelan que transcurrido certo tempo, son capaces de percibir os estímulos con casi un 100% de precisión. Realmente non somos conscientes do que este dato significa, pero para unha persoa á que lle tiveron que amputar algunha das súas extremidades, pode supoñer un cambio radical na súa vida e no seu día a día.

  5. maria.p.b.br Dixo:

    A min esta noticia pareceume moi interesante xa que nos mostra que os novos avances tecnolóxicos e concretamente neste ámbito, a medicina son moi bos e sen duda poden solucionar moitos dos graves problemasque algunhas persoas sofren no seu día a día.

    Con estas proteses das que nos fala a nosa compañeira, as persoas con amputacións nalgunha parte do seu corpo pero especialmente no brazo, como fala nesta noticia que poidan ser capaces de recuperar o sentido do tacto e facer actividades cotiás é un avance moi interesante.

  6. guillermo.a.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante que nos fala de coma a electromecánica e a biónica modernas traballan para facer unha mediciña máis eficiente que poida satisfacer mellor aos seus pacentes.
    Para moitas persoas a perda dunha extremidade non só supón unha perda na súa movilidade, tamén significa perder una parte da túa esencia ou do seu ser. Un pintor que perde un brazo ou un atleta que queda se un pé sinte como una parte da súa personalidade desaparece xunto co membro que perdeu. Grazas a estas próteses tan avanzadas os discapacitados non só recobran totalmente a súa movilidade e capacidade motora, da misma maneira recuperan “esa parte da súa persoa” que perderon. Ademáis a posibilidade de devolverlle a sensibilidade dun membro a unha persoa discapacitada permítelle reestablacer conexións cun mundo co cal perdeu total contacto, como o caso de Igor Spetic.
    Cada vez que vexo unha noticia deste tipo, paréceme máis posible un mundo onde a capacidade humano para crear e curar non teña limitacións e no cal xa non hai persoas discapacitadas.

  7. ramon.f.br Dixo:

    É unha gran noticia, xa que calquera persoa quere contar con todos os seus sentidos, pero ata agora, as próteses que se implantaban ao realizar unha amputación non permitían ter tacto, un dos sentidos mais importantes en moitas ocasións, e con esta nova prótes mellorase a calidade de vida destas persoas.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.