Os cetáceos son casi persoas.

   Un recente estudio que analizou unhas 90 especies de mamíferos mariños (golfiños, baleas e marsopas) demostrou que estes teñen “culturas” similares ás dos seres humanos.

 delfines.jpg - 73.63 Kb

É de sobra coñecido que algúns animais son máis intelixentes que outros, pero este estudio demostrou unha larga lista de similitudes condutuais que encaixan coas nosas e coas dos primates. Estas características sociais están relacionadas co tamaño do cerebro e coa expansión cerebral (encefalización). Aquí amoso algúns exemplos:

1-Transferencia social de técnicas de caza: Ensinar a cazar e o uso de ferramentas.

2-Caza cooperativa.

3-Vocalizacións complexas: Falar entre si, mímica vocal, silbidos característicos…

4- Cooperación interespecífica con seres humanos e outras especies.

5- Aloparental, cuidar dos fillos que non son seus.

6- Xogo social.

Fontes: Quo.

 

CANÓNS DEBAIXO DA ANTÁRTIDA

É ben sabido que as barreiras de xeo da Antártida son cada vez máis delgadas, pero recentemente un equipo de científicos descubriron que ademais de eso hai enormes canóns que atravesan o seu interior.

Por natureza, o manto de xeo que cubre a Antártida é dinámico pero nos últimos tempos advirten do seu adelgazamento e incluso do seu derrube que fai que se acelere o desprazamento da capa de xeo o que trae consigo a subida do nivel do mar.

Debaixo das barreiras de xeo pódense atopar enormes canóns invertidos, pero sábese pouco da súa formación e de como afecta a estabilidade do manto.

Crese que un tipo se forma por auga subglacial que viaxa polo fondo do manto e que outro tipo formaríase debido a forma na que a auga circula baixo a barreira.

 

Canóns

Vos que credes sobre o derrubamento dos glaciares? Creedes que isto nos pode afectar?

Fontes: Noticias de la ciencia

 

Sismo en Tonga

Un sismo de grado 6 na escala de Richter sacudiu hoxe Tonga, a día mércores día 18 de Outubro. Polo momento non se informou de vítimas e esperemos que así siga sendo…  Non se emitiu alerta de tsunami xa que o hipocentro foi localizado a 10 km de profundidade na foxa de Tonga e a 450 km ao noroeste da capital desta, Nuku’alofa.

Tonga é un país de Oceanía; integrado na Polinesia, subrexión que abarca Samoa, Tuvalu, Kiribati e Tonga.

imagen

Deberiamos resaltar que non é o primeiro sismo que prexudica a Tonga. No 2009 houbo dos sismos simultáneos (un de magnitude 8 e outro de magnitude 8,1) que deixaron tras de si case 200 mortos.

Fontes :

http://www.laprensa.hn/mundo/1117963-410/un-terremoto-de-6-grados-sacude-tonga-en-el-pac%C3%ADfico-sur

http://www.eldiario.es/sociedad/terremoto-grados-Tonga-Pacifico-Sur_0_698530808.html

 

O TERREMOTO MÄIS DESTRUTIVO

   En Xapón do 2011, produciuse uns dos maiores terremotos con tsunami da historia. 

  O 11 de Marzo foi un terremoto de magnitude 9 na escala de Richter o que creou as olas dun maremoto de mais de 10 metros de altura. Segundo os sismógrafos o terremoto durou uns 6 minutos, un tempo interminable para os habitantes de Xapón oriental. O epicentro do terremoto ubicouse no Océano Pacífico a unha profundidade de 32 km, o que produciu o maremoto que agora falaremos del.    Despois do terremoto localizáronse numerosas réplicas por todo Xapón.

 O terremoto produciuse a causa dun desprazamento entre as placas do Pacífico e a  Norteamericana. Neste caso, a placa do Pacífico subduce baixo a foxa de Xapón, e afúndese debaixo de Asia.

 

imagen

 Tras o terremoto produciuse unha alerta dun tsunami que acabaría coa costa pacífica de Xapón, principalmente, e ademais arrasaría outros países como: Australia, Nova Zelanda, Rusia, Indonesia… Esta alerta do tsunami foi a máis grave na escala local de alertas. No aeroporto de Sandai localizouse unha ola de 10 metros de altura, o que fixo que todo quedase inundado, varrendo coches e       edificios. Como consecuencia  houbo uns 13858 mortos  e uns 14377 desaparecidos.

 

imagen

imagen

 FONTES:  https://es.wikipedia.org/wiki/Terremoto_y_tsunami_de_Jap%C3%B3n_de_2011

                       http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/11/internacional/1299824643.html

 

 

Os volcáns “xeados” da Antártida

A superficie da Antártida está composta pola maior capa de xeo que existe no Planeta, contén o 90% da auga doce do mundo. A pesar diso, e por sorprendente que pareza, existen numerosos volcáns durmidos baixo a capa de xeo, uns volcáns que, si espertaran, terían grandes consecuencias sobre o noso Planeta. A pesar de que xa hai moito tempo que se coñece a existencia destes, os científicos acaban de descubrir 100 novos volcáns.

  • Que evidencias hai da actividade destes volcáns no pasado?

Mirando cara ao pasado, relacionáronse dous feitos: o fin da última idade de xeo e a erupción dun volcán da Antártica. O que ocorreu foi que dito volcán expulsou nas súas erupcións uns elementos chamados halóxenos (os cales son capaces de consumir o ozono) que provocaron un antigo burato na capa de ozono, o que fixo que se quentase o hemisferio sur facendo que os glaciares se derretesen e provocando o fin da idade glaciar. Que ocorrese de novo un feito similar non é moi probable, mais tampouco é imposible.

  • Que tería que pasar para que ocorrese un feito como o do pasado?

Un ou varios novos volcáns terían que entrar en erupción cerca das chamadas correntes de xeo, que son ríos de xeo que transcorren a unha velocidade moito maior que  o que se atopa ao seu redor. Cada vez que un dos volcáns entrase en erupción, a capa de xeo volveríaese lixeiramente máis fina, o que incitaría a que dunha forma cada vez máis habitual entraran en erupción máis  e máis volcáns. Este efecto dominó produciríase porque unha vez que un volcán entra en erupción, a súa cámara magmática queda presurizada, é dicir, manteñen a presión; ao mesmo tempo, a capa de xeo impide que os gases saian ao exterior, mais, se a capa se fai máis fina cada vez que un dos volcáns entra en erupción, espertarían moitos máis. En resumo, o que máis debía preocuparnos é o feito de que tan só con que uns poucos volcáns subglaciares, con poucas décadas de diferencia entre eles, entraran en erupción, abondaría para se producira un gran desxeo.

  • Cales serían as consecuencias?

Evidentemente as maiores consecuencias serían para o clima terrestre. No caso de que un dos volcáns fora tan grande que a parte superior do edificio volcánico sobresaíra do xeo, e este entrara en erupción, moitos halóxenos serían liberados cara o ceo, o que podería provocar un maior deterioro da capa de ozono, contribuíndo así a que o quentamento global aumentase e se acelerara o desxeo dos polos. No caso de que os volcáns que explotaran fosen subglaciares tamén habería un gran risco, debido a que a capa de xeo se volve cada vez máis fina; se ademais estes volcáns se atopan cerca de ríos de xeo, o derretemento do xeo produciríase cunha maior velocidade, facendo que o volume dos océanos aumentara bruscamente. Ben é certo que é pouco probable que algún destes sucesos ocorra, mais non é imposible e, se non coidamos o planeta, o risco aumenta dunha maneira considerable.

 

imagen

Fontes:

 

  • https://elpais.com/elpais/2017/09/11/ciencia/1505120475_416788.html

 

  • https://www.xataka.com/ecologia-y-naturaleza/acabamos-de-descubrir-casi-un-centenar-de-volcanes-nuevos-escondidos-en-la-antartida

 

  • http://www.fogonazos.es/2017/09/y-si-despiertan-los-volcanes-bajo-la.html
 

Descúbrense novas capas tectónicas

   Seguro que xa todos sabedes que os continentes non están quietos, senón que se desprazan pola superficie do planeta. Cando as placas tectónicas se moven e chocan entre si, pódense producir varios procesos, pero un é o chamado proceso de subdución, no cal una placa se desliza por debaixo da outra somerxéndose no manto. A causa deste movemento é posible que as capas descubertas leven millóns de anos agochadas.

Os descubridores foron uns investigadores da Universidade de Houston que se axudaron polas innovacións en sismoloxía que temos hoxe en día, e que lles permitiron xerar imaxes do manto terrestre usando as vibracións sísmicas. O descubrimento trátase dunha nova capa de placas tectónicas situada dentro do manto terrestre. Os investigadores afirman que estas placas se poden mover de maneira horizontal dentro da zona de transición (440-660 km por debaixo da superficie) e á mesma velocidade que as superiores; como tamén afirman que o 90% da actividade sísmica superprofunda ocorre na área de Tonga (país de Oceanía).

Estes datos aínda non son definitivos, pois están á espera de seren analizados por científicos especializados, pero si se confirman poderían aclarar misterios como o de una serie de sismos que teñen orixe no manto entre Australia e as illas de Fiji, ou o das erupcións volcánicas no Pacífico.

FONTE: http://noticieros.televisa.com/historia/internacional/2017-05-26/descubren-nueva-capa-placas-tectonicas-pacifico/

 

Incendios… Unha vez máis

  O peor aliado foi o furacán Ophelia. O furacán Ophelia foi unha tormenta moi forte que impactou a Irlanda e a Gran Bretaña como ciclón extratropical.

imagen

Portugal e Galicia en estes momentos estano pasando moi mal. Nun montón de terras galegas hai incendios activos, do cal 17 afectan a núcleos urbanos. De momento hai 4 mortos en Galicia e 31 en Portugal. A verdade é que este furacán afectou moito, por culpa dos ventos cálidos houbo tantos incendios. O problema xa non era o vento, senón  a sua procedencia.

imagen

Por iso foi moi boa combinación para que o lume seguira para adiante, con un vento forte e cálido, temperaturas altas, baixa humidade relativa e seca.

Finalmente dicir que, o 17 de Outubro diminuíu grazas as intensas precipitacións que afectaron a toda a comunidade. Actualmente aínda se manteñen activos 50 incendios en Galicia pero xa non ameazan aos núcleos urbanos. A Xunta di que vai axudar a recuperar as vivendas perdidas e buscar aos culpables dos incendios…

É verdade que o furacán tivo moito que ver neste desastre pero tamén se aproveitaron os pirómanos plantando lume. Non credes?

FONTE: La Vanguardia

 

NACE O PRIMEIRO BEBE SEN O XENE DO CANCRO DE MAMA

A pequena afortunada chámase Paloma e grazas aos avances en técnicas de reprodución asistida acadadas neste século foi a primeira nena de España en nacer sen o xene BRCA1, o xene máis severo relacionado con risco de sufrir cancro de mama. Para os que non coñezan nada acerca do BRCA1, empezarei explicando que é un xene moi importante que se encontra en todos os seres humanos e grazas ao cal o noso organismo é capaz de previr o cancro de mama. Ten a importante función de producir proteínas supresoras de tumores, as cales axudan a reparar o ADN danado e, polo tanto, asegurar a estabilidade do material xenético das células. O problema xurde cando un destes xenes ten unha mutación, ou alteración, o que ocasiona que xa non se produza a súa proteína ou que esta non funcione correctamente dando lugar ao posible desenvolvemento dun tumor maligno. Ademais, esta mutación pódese transmitirse a descendicia facendo que en moitos casos os fillos das persoas afectadas teñan ata un 50% de probabilidades de padecer un cancro de mama. Esta mutación, considerada unha enfermidade xenética, é a que padece a nai de Paloma e debido a cal sufriu un cancro de mama a idade de 29 anos.

imagen

Cando soubo da súa condición xenética e da alta probabilidade que poderían ter os seus fillos de herdala, a nai de Paloma decidiu someterse a un tratamento de reprodución asistida ca esperanza de que as mutacións especificas que se herdan do BRCA1 non puideran afectar a súa descendencia. O primeiro paso deste tratamento foi someter os seus ovocitos, precursores inmaduros dos óvulos, a un proceso de vitrificación con fin de preservar a súa fertilidade xa que a quimioterapia pode danar de maneira irreversible os ovarios. Unha vez extraídos, esperouse a que a nai superase a quimioterapia e se recuperase para así poder realizar un Diagnóstico Xenético de Preimplantación (DXP), unha técnica na que se realiza unha selección de embrións libres desta mutación para, posteriormente, transferilo ao útero. Desvitrificaron os óvulos, se fecundaron e obtivéronse tres embrións sen a mutación no xene BRCA1. Aínda que a primeira transferencia foi negativa, a segunda foi positiva e deu lugar, despois de 9 meses, á nena nada o pasado 31 de agosto sen a predisposición xenética a padecer cancro de mama.

Todo este proceso púidose acadar grazas a que o hospital Quirón da Coruña, que o levou a cabo a operación, solicitou previamente a Comisión Nacional de Reprodución Asistida (CNRA) unha autorización para poder realizalo. A razón pola cal tiveron que consultalo antes de facelo débese a que o tratamento de reprodución asistida xera moitos problemas éticos en varios países, incluído o noso. Por un lado, a capacidade de erradicar enfermidades xenéticas como no caso de Paloma supón uha vantaxe, pero tamén hai que ter en conta que esta capacidade de “selección dos individuos máis aptos” podería acabar desembocando nunha forma de euxenesia social na cal se exclúan todos aqueles posibles embrións que se consideren “defectousos” ou “inferioires”. Ademais, o feito de traballar con embrións fai que moitas crenzas relixiosas tildan de inmorais estas prácticas considerándoas “en contra da vida”. Todos estes son os motivos polos cales na  actualidade a reprodución asistida este regulada na lexislación española.

Que opinión tedes respecto ao debate ético sobre a reprodución asistida? Pensades que debería ser totalmente legal o que ten que estar regulada? Que opinión tedes sobre os avances que se están conseguindo acadar en medicina neste século? Creedes que existen límites para o coñecemento humano? Que mas sabedes sobre a reprodución asistida? Coñecedes mais tipos de cáncer debidos a unha alteración xenética?

https://actualidad.rt.com/actualidad/250488-nace-primera-nina-libre-cancer-mama

https://www.cancer.gov/espanol/cancer/causas-prevencion/genetica/hoja-informativa-brca#q1

 

Proteína queima-graxas?

¡Atención todos: remataron as dietas baixas en graxas!

Un equipo de investigacións  (Chamado CNIC) descubriu unha nova proteína que podería servir como futuro terapéutico para reducir a obesidade.

imagen

Esta proteína chámase MKK6 e impide a transformación de graxa branca (acumuladora de lípidos) en graxa marrón (queimadora de lípidos). Desta forma, aumenta a obesidade, xa que as persoas obesas son incapaces de transformar a graxa branca en graxa marrón, e todo é debido a esta proteína.

A obesidade é un gran problema que padecen aproximadamente unhas 2.200 millóns de persoas na actualidade. O grupo de investigacións analizou mostras de graxa de certos pacientes que padecen esta enfermidade e descubriron que a proteína MKK6 está presente en maior cantidade da habitual.

Os investigadores demostraron que, si esta proteína se eliminase na xente obesa, provocaría un inmediato descenso de peso, xa que a graxa branca transformaríase con moitísima máis facilidade en graxa marrón. Todas estas investigacións apuntan a que eliminar a proteína MKK6 do corpo humano podería converterse nunha diana terapéutica para frear esta enfermidade.

Despois de que estas investigacións se fixeran públicas, moita xente expresou a súa oposición  dicindo que eliminar unha proteína que o corpo crea de forma natural é un método moi brusco e violento. E vós, que opinades? Considerades este método moi brusco ou parécevos unha boa idea?

Fonte(s):   CNIC - 11 Oct 2017 , ABD Salud - 11 Oct 2017 , IDEAL - 16 Oct 2017.

 

 

O furacán que arrasou Porto Rico

Seguramente todos vos teredes oído falar do famoso furacán María, un ciclón tropical extremadamente poderoso que recentemente devastou as illas de Barlovento, Porto Rico e República Dominicana. Os ciclóns tropicais, como María, orixínanse nos oceanos cando as masas de aire quente e húmido dos Trópicos ascenden dando lugar a correntes de convección. Ao elevarse, as correntes de aire cálido e húmido arrefríanse e a auga que levaban forma nubes. Debido ao efecto Coriolis, todo o sistema de nubes e aire xira cada vez máis rápido e crece, alimentado polo calor do océano e a auga que se evapora na súa superficie. No caso do furacán María, apareceu no Atlántico Norte e foi avanzando lentamente ata ser detectado polo Centro Nacional de Furacáns de Estados Unidos o 13 de Setembro cando se dirixía cara o Caribe. Pese a predición da súa chegada, o goberno de Porto Rico, que dúas semanas antes sufriran o paso do furacán Irma, non foi capaz de reaccionar adecuadamente ante o avance deste segundo ciclón cuxos efectos foron aínda máis devastadores que os do primeiro. As fortes inundacións asolagaron a maior parte das estradas mentres que todo o sistema eléctrico e telefónico da illa quedou destruído, deixando a maior parte da poboación incomunicada. A meirande parte das infraestruturas da illa quedaron destruídas e decenas de miles de persoas tiveron que ser evacuadas dos seus fogares. O furacán deixou un gran número de vítimas ademais dunha gran cantidade de danos materiais irreparables. Actualmente o goberno federal dos Estados Unidos está a  mandar cada día varios barcos con recursos e persoal que axude a remediar as secuelas desta gran catástrofe natural.

imagen

 

Con todo, moitos expertos ambientais opinan que algunhas infraestruturas de Porto Rico, como a rede eléctrica, estaban mal mantidas e tiña controis anticuados, polo que a illa non estaba todo o preparada que podía estar fronte a ameaza meteorolóxica. Hai que ter en conta que as illas do Caribe como Porto Rico se encontran en zonas cun elevado risco natural xa que cada verano as augas do Océano Atlántico, do Mar Caribe e do Golfo de México aumentan a súa temperatura, o que contribúe significativamente á formación destes fenómenos atmosféricos. Debido a isto, moitos opinan que o goberno de Porto Rico debería prover unhas mellores medidas de prevención contra esta clase de desastres naturais para que non volvan a ter un impacto tan grave na illa.

Que máis sabedes sobre a formación de ciclóns tropicais? Sabedes que escala se utiliza para medir a perigosidade dun furacán? Sabedes en que se basean os criterios desa escala? Pensades que os danos producidos polo furacán María en Porto Rico débense a unha mala ordenación do territorio? Credes que una noticia como esta pode ter importancia nun lugar como Galicia?

 URL da noticia: http://cnnespanol.cnn.com/2017/09/22/minuto-a-minuto-huracan-maria-deja-muerte-y-devastacion-en-puerto-rico/