Descúbrense novas capas tectónicas

   Seguro que xa todos sabedes que os continentes non están quietos, senón que se desprazan pola superficie do planeta. Cando as placas tectónicas se moven e chocan entre si, pódense producir varios procesos, pero un é o chamado proceso de subdución, no cal una placa se desliza por debaixo da outra somerxéndose no manto. A causa deste movemento é posible que as capas descubertas leven millóns de anos agochadas.

Os descubridores foron uns investigadores da Universidade de Houston que se axudaron polas innovacións en sismoloxía que temos hoxe en día, e que lles permitiron xerar imaxes do manto terrestre usando as vibracións sísmicas. O descubrimento trátase dunha nova capa de placas tectónicas situada dentro do manto terrestre. Os investigadores afirman que estas placas se poden mover de maneira horizontal dentro da zona de transición (440-660 km por debaixo da superficie) e á mesma velocidade que as superiores; como tamén afirman que o 90% da actividade sísmica superprofunda ocorre na área de Tonga (país de Oceanía).

Estes datos aínda non son definitivos, pois están á espera de seren analizados por científicos especializados, pero si se confirman poderían aclarar misterios como o de una serie de sismos que teñen orixe no manto entre Australia e as illas de Fiji, ou o das erupcións volcánicas no Pacífico.

FONTE: http://noticieros.televisa.com/historia/internacional/2017-05-26/descubren-nueva-capa-placas-tectonicas-pacifico/

 

Tags: , , ,

Unha resposta a “Descúbrense novas capas tectónicas”

  1. clara.br Dixo:

    Unha vez máis a tecnoloxia axúdanos a coñecer mellor o noso planeta e o seu funcionamento. A ciencia evoluciona día tras día, e cos novos avances tecnolóxicos esta evolución vai a pasos axigantados. Paréceme un post moi interesante, xa que estamos agora dando o tema das capas tectónicas na clase e con isto dámonos conta de que aínda queda moito por descubrir. A pesar de que xa hai moito descuberto tras un duro traballo de moitísimos científicos e científicas que adicaron a sua vida á investigación, non é todo como o pon nos libros, quédanos moito por descubrir e corrixir. Novos avances científicos e menos preguntas para responder, pero constantemente van xurdindo máis!

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.