O CÁNCER DE FÍGADO TEN OS DÍAS CONTADOS!!!

Os enfermos de cáncer de fígado benefícianse dende hai uns meses dunha nova técnica gracias á cal poden salvar as súas vidas.No fígado hai numerosos vasos sanguíneos que dificultan as operación. Cando o tumor está pegado a un deses vasos o sangue non circula ben, o cal é incompatible coa vida. As probas de diagnóstico por imaxe non deixan facerse una idea aos médicos do que se poden encontrar nas intervencións.

Isto acaba de solucionarse cunha nova técnica que permite reconstruír o fígado en tres dimensións. Fáiselle un TAC e unha resonancia ao paciente e a partir de aí cunha impresora 3D imprímese un fígado de resina idéntico ó do enfermo que os médicos poden meter no quirófano no momento da intervención. Así a operación é máis rápida e eficaz e tamén menos molesta para o paciente xa que pode realizarse por laparoscopia.

imagen

Esta noticia chamou moito a miña atención xa que o ano pasado perdín ao meu avó por un tumor deste tipo.  Para el este descubrimento chegou tarde pero para outras persoas que padecen esta terrible enfermidade pode significar seguir vivindo. Oxalá esta nova técnica teña moito éxito e poida ser útil tamén noutros tipos de tumores.

Hoxe en día todos temos algún familiar, amigo ou coñecido que está loitando  contra o cáncer. Non vos parece marabilloso que se descubran novas técnicas coma esta que signifiquen unha esperanza tanto para o enfermo coma para os seus seres queridos?

FONTE: el español

 

Tags: , , ,

2 Respostas a “O CÁNCER DE FÍGADO TEN OS DÍAS CONTADOS!!!”

  1. sandra.br Dixo:

    Que noticia tan interesante!
    Desde logo, estou de acordo contigo Hugo, paréceme un gran avance para a ciencia xa que moitas persoas sofren cáncer. Ademais, alégrame saber isto xa que grazas a tecnoloxía estamos avanzando moito na ciencia. Espero que se sigan creando novos métodos para avanzar contra estas enfermidades!

  2. antia.br Dixo:

    Sen dúbida esta é unha boa noticia, ademais de esperanzadora para as persoas que sofren esta doenza ou outras que se poidan curar cun tratamento similar.
    Cada vez son máis as enfermidades que se benefician das novas tecnoloxías, especialmente da impresión 3D, que como conta Hugo na noticia ten numerosas vantaxes para o paciente, máis rapidez á hora da operación, menos invasión e unha recuperación máis veloz e sinxela, son algunhas delas.
    Polo que este é un novo exemplo de que ciencia e tecnoloxía van da man, pois ambas se benefician mutuamente, e o avance dunha favorece o da outra, polo que se debe seguir apostando pola investigación nos dous campos.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.