Sabiades que estamos rodeados de minerais?

 

imagen

Aínda que moitas veces non nos deamos conta, estamos rodeados de minerais, é dicir, que case todo o que temos ao noso arredor está feito con minerais, incluso esa pastilla que tomamos cando temos un dor de cabeza e o noso teléfono móbil.  Moitas veces pensamos que os minerais só son “pedras”, pero en realidade non, que non valen nada. Sen eles nada sería o mesmo, e con eso quero dicir que a nosa vida sen eles cambiaría completamente.

Ao longo da historia, o sector mineiro tivo moi mala fama polo impacto medioambiental que causaba, pero a medida que vai pasando o tempo van aparecendo novas formas de extraer minerais dunha maneira menos prexudicial para o medio ambiente, incluso que non prexudiquen absolutamente nada.

Tamén é importante que reciclemos os minerais para conseguir un modelo de minería sostible co medio ambiente. Sabiades que cando reciclades o voso telefono móbil, estades evitando que exploten unha canteira de cobalto no Congo? É un dato curioso e estou segura que a maioría de vos non o sabiades.

Vos que opinades? Creedes que seriades capaces de vivir sen minerais? Se é así, como?

 

Tags: , , ,

4 Respostas a “Sabiades que estamos rodeados de minerais?”

  1. antia.br Dixo:

    Nunca me parara a pensar que case todo o que nos rodea esta feito de minerais, e sorprendeume moito que a pastilla que tomamos cando temos algunha molestia estea constituída por minerais. Como ben explica a noticia moitos pensan que a explotación mineira e perxudicial para o planeta (pode selo ou non) pero pódense buscar métodos que non poñan en risco o medio ambiente. Respondendo á pregunta, non creo que puideramos vivir sen minerais, xa que teriamos que prescindir de numerosas cousas, pero quen sabe o que se pode inventar.

  2. tania.br Dixo:

    Moi boa noticia!
    Como ben apuntas, moita xente non é consciente da importancia dos minerais para a nosa vida, pero só é cuestión de que nos paremos a pensar un instante. Xa dende o principio dos tempos, os nosos antepasados utilizaron estes recursos naturais para sobrevivir, construíndo ferramentas, por exemplo con cobre e ferro. Hoxe en día, o seu uso non só non é menos importante, se non que é fundamental. Atopamos minerais no sal que lle botamos a comida, no xeso que cubre as paredes das casas nas que vivimos, nas botellas e xanelas (que levan sílice), en case todos os alimentos,… Iso, por non falar dos combustibles fósiles que usamos para quentarnos no inverno, por exemplo, como o carbón, o petróleo e o gas natural. Así que, respondendo a túa pregunta, non seríamos capaces de vivir sin os minerais a día de hoxe, mais, tal vez no futuro, estes se poidan substituír por outros materiais.

  3. sonia.br Dixo:

    É incrible que algo como os minerais, que a simple vista nos parecen tan simples e que pensamos que teñen tan poucas utilidades, ao final sexan algo tan importante para todos nós aínda que non nos deamos conta de eso. Eu sabía que había minerais nos teléfonos pero non que os había en medicamentos, cousa que me sorprendeu moito.

  4. arian.br Dixo:

    Paréceme unha noticia moi interesante, nunca me decatara ata este intre de que a maioría das cousas que nos rodean están compostos por algún mineral. O que máis me chamou a atención foi de que un medicamento tan habitual como é a pastilla para a dor da cabeza esté composto por minerais. Agora mesmo sen os minerais non existirían a metade dos obxectos da vida cotiá, por eso penso que non poderíamos vivir sen ningún aparello electrónico e sen electricidade, parecería que volveríamos uns séculos para atrás.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.