O perigoso desplazamento do Etna

Os científicos levan anos investigando por que na costa siciliana o Etna se está a desprazar cara o mar. Os investigadores creen que se debe ao peso do propio monte xunto ca acción das placas nas que se sostén, situadas no fondo do mar. O vulcanólogo Alessandro Bonforte di que os agretamentos que este desprazamento pode causar no chan son un perigo para as infraestruturas se se producen en zonas urbanizadas.

Para medir os posibles desprazamentos, Morelia Urlaub (investigadora alemana) e o seu equipo utilizan unha tecnoloxía que consiste en instalar durante uns meses, neste caso foron 15 meses, cinco instrumentos baixo o mar que mediante ondas sonoras detectan se ocorreu algún cambio na distancia entre eles, isto significaría que o fondo mariño se moveu.

Penso que este descubrimento é moi importante porque así, si isto lle acontece a outro volcán, os investigadores xa saberán o que pasa e como actuar. Tamén é necesario para evitar desfeitas urbanas e riscos importantes ás persoas que viven preto del. Entón, por que pensades que a xente sigue vivindo alí a pesar deste risco?

Fonte: El País 10/10/2018

 

Investigadores colocan instrumentos de medición ao lado do Etna

 

Tags: , ,

Unha resposta a “O perigoso desplazamento do Etna”

  1. tania.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante, Sofía!
    Estou de acordo contigo cando dis que este é un descubrimento importante que pode axudar en futuros acontecementos similares, penso que o labor que fixeron os investigadores foi moi importante, sobre todo no que respecta á seguridade das persoas que viven na zona. Respecto da túa pregunta, penso que o máis práctico sería tentar poñer medidas de precaución nas zonas de máis risco, como adaptar os edificios ou ensinar protocolos de actuación ante un terremoto aos habitantes, xa que é practicamente imposible que toda unha cidade abandone os seus fogares e marchen a vivir a outro lugar.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.