Martemotos? Bolsas de magma no planeta vermello? Vida?

 

Resultado de imaxes para sonda insight

 

O pasado 26 de novembro, a sonda InSight da NASA amartizou con éxito cargada cun sismógrafo e outras ferramentas que axudarán a descubrir como funciona Marte por dentro. En maio deste ano, a NASA lanzou esta sonda, que está equipada con sismógrafo ultrasensible, o máis preciso e compacto construído ata o momento. Tamén conta con unha sonda de fluxo de calor, e outros aparellos de medida, como medidores de presión, cámaras, termómetros, etc.

A amartizaxe custou, pois só foi posible tras unha difícil manobra de sete minutos onde a sonda tivo que pasar de 20.000 a o km/h. Despois de todo mereceu a pena, pois a sonda pousouse exitosamente nunha chaira marciana sen case pedras (todo area), e cunha inclinación de 4 graos. Todo iso facilita moito a investigación, pois ó non haber rocha ríxida, facilita a perforación, ó igual que a inclinación case inexistente.

InSight tardará aínda 2-3 meses en instalar os instrumentos necesarios, e outros tantos en comezar coa recolección de datos, pero a espera merecerá a pena, posto que os datos recabados serán usados para descubrir, a través dos rebotes das ondas sísmicas producidas por martemotos, a localización de bolsas de magma, ou de auga líquida que poderían achegarnos á posibilidade dunha vida pasada en Marte. A sonda tamén nos permitirá saber como de “morto” está Marte xeoloxicamente falando.

E a vós que vos parece esta noticia? Credes que Marte será parecido á Terra no interior ou non? Habería vida nalgún momento? E por último, credes que é correcto usar o término “xeoloxía” para referirse a Marte e outros planetas, posto que xeoloxía significa “ciencia que estuda a Terra”? Que outro término propoñedes?

 

Bibliogafía:

 

-Video de Cdeciencia en youtube.

-Noticia en abc.

 

Tags: , , , ,

6 Respostas a “Martemotos? Bolsas de magma no planeta vermello? Vida?”

  1. tania.br Dixo:

    Fantástica noticia, Daniel!
    O certo é que o tema de Marte, ao igual que a moita xente, me ten moi intrigada. Todo descubrimento sobre este planeta, por pequeno que sexa, supón un gran avance, xa que as técnicas que temos para investigar (aínda que melloran pouco a pouco), son moi custosas e tamén lentas. Como ben apuntas na túa noticia, penso que a espera pagará a pena, xa que esta nova sonda pode aportar moita nova información. Respondendo ás túas preguntas, non sei si Marte será parecido á Terra no seu interior, mais si penso que nalgún momento pudo haber vida alí. Respecto da túa reflexión sobre a palabra “xeoloxía”, penso que sería máis fácil cambiar a súa definición que inventar unha nova palabra para poder usala en relación a outros planetas.

  2. carla.m.br Dixo:

    Paréceme moi interesante o feito de saber cada vez máis sobre algo tan complexo como outro planeta. Creo que a noticia está moi ben explicada, de xeito que se entende perfectamente. Na miña opinión, paréceme que o interior é similar ao da Terra, a pesar de que o exterior sexa diferente, xa que pode que anteriormente o exterior tivese una maior similitude ao da Terra, e fora cambiando co paso de millóns de anos. Non creo que poida volver a ser habitable, aínda que saibamos pouco sobre Marte. Creo que vai ser moito máis fácil opinar sobre isto en canto teñamos a información da viaxe. Creo que o termino xeoloxía si que é apropiado, xa que aínda que non sexa un planeta coma o noso nin con vida, ten moitas cualidades relacionadas coa xeoloxía (composición, estrutura, historia, os procesos que formaron o planeta…).

  3. lucas.d.c.br Dixo:

    Na miña opinión,este artigo é relevante porque estas investigacións poden supoñer un gran avance de cara ao estudo deste planeta.

  4. xoan.br Dixo:

    Ola Daniel,
    A primeira gran misión Marciana, ante a avalancha de sondas que nos espera para 2020 cara o noso planeta veciño…

    Creo que Marte nos depara varias sorpresas e Insight nos dará grandes titulares…xunto coa TGO de Exomars, é o momento de ter moitas respostas sobre a atmosfera e o interior Marciano…oxalá se detecten varios martemotos, de unha intensidade alta, para demostrar que Marte sigue moi activo xeoloxicamente…

    Por certo con Twins, a Rems de Cury, e a futura del rover 2020, poderíamos teer 3 estaciones meteorolóxicas activas ao mesmo tempo, en Marte…e todas elas construídas por España, sin dúbida un logro que se debe valorar moito…

  5. andres.br Dixo:

    A min parece una noticia fantástica para a ciencia e para a humanidade, creo que Marte será parecido a Terra xa que xa ten moitas similitudes e oxalá encontren bolsas de agua líquida isto indicaría que en algún momento houbo ou hai vida en Marte, e por último non creo que sexa correcto utilizar a palabra xeoloxía senón que habería que cambiala por outra mais adecuada que significase “estudo de Marte”.

  6. mateo.br Dixo:

    Paréceme moi interesante esta noticia, todos os descubrimentos que se fagan en relación a Marte ou a calquera outro planeta sempre despertan moita curiosidade. Seguro que os que están máis espectantes son os que están pensando no hipotético proceso da “terraformación”, é dicir, o proceso polo cal se cambiarían as condicións de Marte para facelo habitable para as especies da Terra, aínda que polo de agora, isto está moi lonxe xa que se precisarían dunha serie de tecnoloxías que están moi por diante das actualmente dispoñibles.
    Sen dúbida,a InSight achegará datos descoñecidos ata agora.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.