ERUPCIÓN DO VOLCÁN AGUNG NA ILLA DE BALI
A erupción do volcán Agung, na illa indonesia de Bali, levou ás autoridades do país a elevar a alerta ao máximo e a ordenar a evacuación dunhas 140.000 persoas, o equivalente ao número de residentes nun radio de 10 quilómetros desde o volcán. Polo menos 22 pobos próximos ao volcán víronse afectados pola choiva de cinza e os oficiais recomendaron á poboación o uso de máscaras como medida preventiva ante posibles intoxicacións. Ademais, a gran columna de cinzas de ata 3.000 metros de altura que saía do volcán provocou que se cancelaran todos os voos que puideran pasar preto da illa, deixando e milleiros de turistas atrapados en Bali a espera de que a situación non vaia a máis e poidan volver aos seus fogares.
O aumento esporádico e alarmante da actividade sísmica durante o mes de Setembro na illa advertiu as autoridades de Indonesia da erupción que estaba por vir polo que reuniron a un grupo de xeólogos que se adicaron a estudar o estado do volcán. A través dun estudo detallada da cámara magmática situada debaixo do monte Agung puideron determinar que o incremento na actividade sísmica foi provocada pola ascensión dunha masa de magmas que durante a súa elevación deu lugar a rotura de varias fallas orixinando diversos sísmos por toda a illa. Conscientes de que a erupción estaba preto de acontecer as autoridades esperaron a que aparecesen as primeiras sinais de perigo para levar a cabo o plan de evacuación que tiñan preparado para un radio de 10 km ao redor do crater. O arquipélago indonesio aséntase dentro do denominado Anel de Lume do Pacífico, unha zona de gran actividade sísmica e volcánica formada polos límites da placa do pacífico que é sacudida por miles de tremores ao ano, a maioría de escasa magnitude. Neste caso, a illa volcánica de Bali situase nun límite entre a Placa do Pacífico e a placa Australiana, polo que non é a primeira vez que experimenta un proceso xeolóxico como este: entre febreiro de 1963 e xaneiro de 1964 se produciu non monte Agung unha forte erupción volcánica, considerada a máis devastadora en Indonesia en todo o século XX, que provocou unha enorme cantidade de danos materiais e a perdida de centos de vidas humanas. Ironicamente, a illa de Bali é un dos destinos turísticos máis visitados de todo o arquipélago debido as súas fermosas praias tropicais. Pese ao éxito desprazamento de miles de persoas fora da zona de perigo de volcán, as autoridades indonesias están tendo problemas ca evacuación de poboación dos pobos preto de Agung. A meirande parte deles son granxeiros que se negan a marchar ata que os seus animais sexan evacuados con eles, pero tamén existen residentes que pensan que están a salvo do perigo e queren permanecer nos seus fogares. As autoridades tentan persuadirlles para que o fagan adiantando que poderían ter que recorrer á forza.
Que medidas preventivas e preditivas contra erupcións volcánicas coñecedes a parte das mencionadas nesta noticia? Creedes que as autoridades de Indonesia realizaron un bo traballo de prevención contra o volcán Agung? Cal e vosa opinión sobre as persoas que se negan a deixar o seus fogares? Creedes que deberían ser evacuados a forza? Que riscos coñecedes que estean asociados a unha erupción volcánica?
Tags: Anel de Lume do Pacífico, Indonesia, volcáns