MONTE OU BOSQUE?
Sabías que o monte en Galicia representa, aproximadamente, o 70 % da superficie?
E de que falamos cando falamos de monte? É o mesmo que bosque?
Para moita xente si, incluso hai que di que aquí “sempre se lle chamou monte” e que a palabra bosque, en galego, é un invento recente. Na linguaxe cotiá a palabra monte non ten unhas connotacións moi positivas que digamos: pensade cando se di de alguén que está “a monte” ou cando se di dun terreo que está “a monte” fronte a outro que está cultivado. Non ocorre o mesmo coa palabra bosque.
En termos ecolóxicos o bosque autóctono é a comunidade de seres vivos en equilibrio cas condicións ambientais nunha zona (Comunidade clímax). E para chegar a iso fai falta que un terreo quede “a monte”, é dicir, con pouca ou ningunha intervención humana durante moito tempo.
Durante anos e anos a intervención humana permitiu que, en Galicia, se conservaran moitos bosques autóctonos, ou non autóctonos, como o souto, grazas a que o aproveitamento que se fixo deles foi un aproveitamento sostible (si, non se inventou agora iso do desenvolvemento sostible; os nosos antepasados sabían moito diso). Pero as cousas cambiaron; os bosques deixaron de ser valorados como o que son: ecosistemas imprescindibles, e pasaron a ser “monte”, susceptible de ser: queimado, tallado, repoboado con especies foráneas, etc.
Busca información sobre os problemas de impacto ambiental que están sufrindo os bosques (no planeta en xeral e en Galicia en particular) e as consecuencias que están tendo, busca tamén sobre os recursos e beneficios que nos proporcionan (incluíndo os riscos que contribúen a evitar)…Verás como descobres cousas interesantes!
Tags: bosque, desenvolvemento sostible, monte
Venres 1 de Abril do 2011 ás 2:06 pm
Pois si, a maioría da xente cre que a palabra bosque é moi “fina” para Galicia.
Eu vou explicar as características dos bosques e dos montes.
Un bosque é unha área con alta densidade de árbores que cubren grandes áreas do planeta e funcionan como hábitats de moitos animais.
Un bosque pode estar formado por unha soa especia de árbores ou por varias. O seu chan non está poboado e abundan en zonas de clima temperado e frio con frecuentes nevadas.
Por outra banda, un monte é un bioma dun clima cálido e seco ou moi seco, na maioría dos casos.
Os arbustos que cubren o chan son os que o diferencian do bosque. Predominan as árbores de pouca altura e outras plantas capacitadas para vivir en zonas cálidas onde a auga é moi escasa.
Venres 1 de Abril do 2011 ás 3:53 pm
Para comezar, gustaríame recalcar o que ti xa ben dis no terceiro parágrafo, que unha plantación NON é un bosque. Digo isto porque atopei un dato que afirma que a superficie forestal incrementouse entre os anos 2005 e 2010 unha media de 5 millóns de hectáreas por ano, pero esa nova superficie forestal non se pode considerar bosque, xa que son “novas” plantacións. E como dato escalofriante teño que decir que segundo a FAO (Organización Mundial para a Agricultura e a Alimentación)13 millóns de hectáreas de bosque foron perdidas en cada ano entre o 2000 e 2010, superficie equivalente a Puerto Rico.
E sobre os riscos vou mencionar un importantísimo problema ao que moi pouca xente lle da importancia. Este risco é o feito de mover especies foráneas dun lugar a outro, podendo éstas acabar convertíndose en pragas. Un exemplo clarísimo é o Eucalipto en Galica, que, aparte de medrar moi rápido, evita que nazan outras especies autóctonas, chupando moita auga do chan e creando un solo ácedo no que só poden sobrevivir unhas poucas especies.
Domingo 3 de Abril do 2011 ás 4:59 pm
Eu estiven mirando información sobre o impacto ambiental que estan a sufrir os bosques de todo o mundo e os principais son: os incendios forestais, ás veces provocados polo home cun obxetivo economico polo medio, e outras provocado pola propia natureza, a deforestacion, que é a mais importante, e trata da eliminación masiva de bosques, e as causas son: librar terras para a agricultura, a explotacion madeireira (por exemplo a producion e venta de papel, latex, resinas, aceites…), o uso da leña como fonte de enerxia doméstica, a construción de estradas e infraestruturas urbanas e a mineria e a actividade petroleira. Todo isto leva a que se produzan consecuencias moi graves para a natureza: como a desertizacion, desaparecen os pulmóns do mundo e haberá moita mais contaminacion, que levará a deasparición de especies por destrución do seu habitat, é dicir a perdida de biodiversidade bioloxica.
Domingo 3 de Abril do 2011 ás 7:28 pm
Antes de nada dicir que me resultou interesante o post xa que nunca me parara a reflexionar sobre ambos termos (monte e bosque).
Pois así é, a masa forestal de Galiza esta en perigo por tres razóns principais: a tala de árbores, os incendios e a introdución de especies non autóctonas. Pero o máis triste é que a causa destas sexa o diñeiro.
Cada ano en todo o mundo pérdense 71 millóns de árbores a causa de incendios dos que o asombroso é que o 90% son intencionados.
As árbores son os pulmóns do noso planeta, proporciónannos osíxeno. Ademais sen elas acelearíase o cambio climático pois absorben boa parte do dióxido de carbono que expulsamos diariamente. Tamén son o refuxio de moitas especies e impiden os escorregamentos de terra.
Os políticos deberían intentar centrarse na política forestal. Pouco se consigue só cunha pequena redución dos gases emitidos atmosfera… Pero en fin, non se lles pode culpar demasiado se somos nos quen os votamos.
Domingo 3 de Abril do 2011 ás 9:57 pm
Paréceme interesante o tema dos bosques xa que serven para moitas cousas e sobre todo necesitamolos…pero: por que?
-O fundamental é que renova o osíxeno para a nosa respiración.
-Tamén son necesarios para a regulación do equilibrio hidríco (a regulación da auga no medio).
-A prevención da erosión do solo (para formar un solo é necesario a materia orgánica como:seres vivos ou follas…)
-Para a riqueza do medio e manter a biodiversidad das especies.
-Proporcionanos combustible(a madeira,a leña..)
-Reteñen a contaminación e limpan a atmosfera..
-Diminúen os ruidos provocados polos coches.
-Protéxennos de vento,do sol…
Deberíamos preocuparnos máis por eles, pola nosa vida e pola biodiversidade do planeta.
Luns 4 de Abril do 2011 ás 4:43 pm
Un dos problemas cos que nos atopamos hoxe en día nos montes é a deforestación.
Isto, un proceso provocado pola acción humana que consiste na destrución masiva da superficie forestal estanos a afectar dunha forma ou outra a todos.
Por unha parte redúcese a biodiversidade, e aínda que sexa necesario talar algunhas árbores, penso que nunha certa medida, para non chegar a acabar con elas.
Ca destrución destas árbores, destrúese indirectamente a casa de moitos animais, dende paxaros, lebres…
E os humanos tampouco nos beneficiamos destas talas xa que perdemos moitos dos recursos que o monte nos brinda, como son alimento, leña para quentarnos…
Luns 4 de Abril do 2011 ás 6:08 pm
A masa forestal de Galiza está ameazada, pola tala de árbores, a repoboación con especies foráneas e os incendios.
Estiven investigando e fixen un triste achádego: o 90% dos incendios en Galiza son intencionados, pero só ocorren en terreos de non moi grandes propietarios e en plantacións para a tala. Isto pasa porque cando a madeira se queima baixa moitísimo o seu prezo, ainda que esta sigua en condicións para ser tratada, pero as grandes empresas utilizan isto para obrigar aos propietarios a vendela, as grandes empresas cuxas plantacións, curiosamente, nunca se queiman.
Luns 4 de Abril do 2011 ás 7:33 pm
Moi ben; imos intentar afondar un pouco no que di Claudia. A min gustaríame que explicarades: por que se di que as árbores limpan o aire? Como interveñen, os bosques, na regulación do equilibrio hídrico? Hai máis motivos que o que di Claudia polos que os bosques protexen da erosión do solo e, polo tanto, da desertización?
Luns 4 de Abril do 2011 ás 10:47 pm
Respostando ás preguntas que formula Laura no seu comentario gustaríame decir que se di que as árbores limpan o aire porque mediante o proceso de fotosíntese absorben dióxido de carbono e liberan osíxeno. Polo que con isto limpan os gases do aire e reducen, aínda que sexa moi pouco, a contaminación do aire. Por outro lado tamén achegar un dato bastante interesante que atopei que é que a gran contaminación que existe nas cidades poderíase solucionar tendo máis zonas verdes, é dicir plantando máis árbores; xa que así limparían máis o aire.
Tamén decir que me parece moi interesante a aclaración que se fai no post sobre que o bosque e o monte son ecosistemas distintos!
Luns 4 de Abril do 2011 ás 11:10 pm
A paisaxe galega sufriu grandes cambios por mor de varias circunstancias que se ven a simple vista:
a) A urbanización non planificada e a especulación urbanística están a facer da paisaxe galega unha mole de edificios sen orde nen sentido que aumentan o feísmo asemade de que destrúen bosques autóctonos.
b) Os continuos incendios que esta a sufrir o monte galego provocados na súa inmensa maioría para sacar rendemento económico e electoral están a acabar con especies autóctonas coma o carballo, ou o castiñeiro.
c) A replantación de árbores foráneas que se leva a practicar dende o franquismo coa introdución do eucalipto unha árbore que recordemos ten unha actitude parásita co medio e non permite o desenvolvemento do resto da vexetación. Esta práctica non se parou na actualidade por mor de que xenera moitos beneficios na industria madeireira.
A causa deste desastre o solo galego estase a voltar menos fértil e xa non filtrra a auga provocando así inundacións como as que tiveron lugar en 2005 e 2006 nas comarcas de Cee e na costa da morte (Zona moi afectada polos incendios).
Non credes que estas prácticas han de ser remediadas axiña? Por que os galegos temos tan pouco amor polo noso, e permitimos este tipo de práctica?
Martes 5 de Abril do 2011 ás 10:37 am
Eu estiven buscando información sobre as Fragas do Eume, que é un dos principais enclaves ecóloxicos que existen hoxe en Galicia. Pero este lugar non se segue conservando como hai anos. Atopei algúns problemas que se esta a sufrir hoxe e que favorecen a súa destrución:
Nas Fragas do Eume predominan os carballos pero estes estan en desaparición pola aparición dunha especie invasora foránea (o eucalipto), que ten unha capacidade de reprodución moito máis rápida e tamén de crecemento. Outro problema que está existindo e a construción de camiños para os moitos turistas que se achegan a este parque, tamén ocorre que xa hai tempo que hai un encoro que acabou por modificar a vexetación existente, e por suposto, un dos problemas máis críticos son os incendios que cada ano acaban cunha gran parte do ecosistema galego.
Martes 5 de Abril do 2011 ás 3:02 pm
Os bosques son moi importantes porque moitos animais dependen deles para vivir, nunha soa árbore atopanse 1500 invertebrados vivindo nel. Nos bosques vive a maior parte dos animais terrestres e a maior parte dos vexetais, terrestres tamén, forman os bosques.
Os bosque son fundamentales para a vida porque son os pulmóns da terra, sen todas esas árbores non habería osíxeno, concretamente teríamos 2000 kg menos por hectárea cada ano.
O principal enemigo dos bosques é o lume, moitas hectares de bosque quéimanse cada ano en todo o mundo e o problema é que non só son provocados de maneira natural senón que son intencionados, tamén cabe dicir que os bosques autóctonos, e polo tanto en equilibrio natural, son menos propensos a sufrir incendios ca terreos que estan descoidados ou, dito de outra maneira, “a monte” que debido a restos de plantas secas como toxos arden con mais facilidade ca os bosques en equilibrio, que son mais húmidos e non hai tantos restos vexetais porque se degradan con mais facilidade.
Martes 5 de Abril do 2011 ás 10:53 pm
Estou de acordo con que o termo bosque en galego é un invento recente, sempre dixemos monte e con monte entendíase o lugar de traballo de moita xente, o lugar de pasto de determinados animais e o lugar onde se podía ver unha gran variedade de especies animais e vexetais autóctonas. O bosque entendido como lugar coidado, e susceptible de ser coidado, é moi importante dende varios puntos de vista. Dende o punto de vista económico proporciona ao sector forestal materia prima para poder traballar e dende o punto de vista ambiental produce moitos beneficios: protexe as concas hidrográficas, xera osíxeno puro e mantén vivos e duradeiros diferentes tipos de biotopos, conserva a biodiversidade. Creo que debería ser unha prioridade o coidado dos bosques e que non se crearan montes para que non poidan ser queimados, nin desforestados, para que non se creasen vertedoiros incontrolados de lixo, etc. Tanto os gobernos como a sociedade debería buscar solucións viables que permitan compatibilizar ecoloxía e economía nun mesmo terreo mantendo especies autóctonas, ben sexa consumindo menos madeira, investigando para crear outros tipos de aglomerados de boa calidade, ou creando terreos destinados ao lecer e o económico, etc.
Mércores 6 de Abril do 2011 ás 7:10 pm
Os bosques están sufrindo ameazas entre as que están os incendios e a deforestación que crean paisaxes baleiras. Unha das causas principais da deforestación é a tala excesiva. Case en tódolos lugares onde se talan árbores, hai casos onde son cortados demasiados ó mesmo tempo, o que fai case imposible a restauración do bosque ó seu estado natural.
A deforestación non ten que ver soamente coa pérdida de árbores. Tamén ten un gran impacto sobre o ambiente. Moitos seres vivos dependen das árbores polo que, cando desaparecen as árbores, igualmente desaparecen os animais (biodiversidade disminuida). Pérdense materiais potencialmente importantes, o mesmo que a auga e o aire limpos, ademais leva a un incremento do dióxido de carbono (CO2) no aire.
Os bosques proporcionan materias primas, contribúen a conservar a biodiversidade e os recursos hídricos, protexen as terras e axudan a mitigar o cambio climático. Os bosques están sometidos a unha explotación intensa pero hoxe en día estanse levando a cabo importantes esforzos para conseguir unha explotación e unha xestión sostible dos recursos.
Mércores 6 de Abril do 2011 ás 10:04 pm
A acción humana está tendo consecuencias moi graves no medio ambiente como as que se falan aquí, concretamente, dos bosques. En Galicia, estes problemas comezaron a ocasionarse, maiormente, dende fai tan so 40 ou 50 anos co inicio da industrialización do medio rural galego. A agricultura e a gandería pasou de ser tradicional a industrial, e a destinarse a producir grandes cantidades de alimento en menor tempo e espazo. Ademais, o éxodo rural ocasionou que moitas das parcelas de monte se “abandonasen”, sendo máis vulnerables a incendios, ou se vendesen as árbores que o habitaban promovendo a construción de autoestradas etc, aumentando o risco de desertización.
Esta industrialización non implantou a conciencia de que as superficies boscosas que se talan (o equivalente a 35 campos de fútbol por minuto en todo o mundo) non son unha fonte de recursos inesgotable que se está renovando continuamente. En Galicia, malia a ser unha das comunidades con máis masa arbórea, ocupa os últimos postos en termos de investimento no sector forestal; tanto na súa protección como na explotación sustentable. Ao contrario de desenvolver isto estase a levar a cabo dende o franquismo unha replantación das terras con árbores foráneas, especialmente o eucalipto. Este é unha árbore pirófita, é dicir, que sobrevive aos incendios ou incluso se beneficia deles para o seu espallamento, causa pola que xa é máis común que as árbores autóctonas da nosa terra (carballo, castiñeiro, bidueiro…).
Pola parte dos beneficios que nos ofrecen os bosques, ademais de todos os citados xa, gustaríame engadir algúns datos sobre a afirmación de que son “o pulmón do planeta”. As follas das árbores, das plantas, mediante o proceso de fotosíntese absorben o dióxido de carbono do aire perxudiciais para o noso planeta xa que, entre outros, causan o chamado efecto invernadoiro. A capacidade de absorción da que falo en España é de 3.920 kg de dióxido de carbono por cada hectárea de bosque cada ano. Para este dato hai que ter en conta que a superficie forestal en España situase arredor do 40% da superficie total, pero as emisións de gases perxudicias son moi elevadas e por se fose pouco van en aumento.
Deixo, por último, un dato global: segundo a FAO no noso planeta hai 3.869 millóns de hectáreas de bosque. E para facernos unha idea volvo á comparación dos campos de fútbol xa que supoñen 5.160 millóns destes.
Xoves 7 de Abril do 2011 ás 6:09 pm
É verdade que o concepto de bosque, en Galicia, é como se non existiera. O que aquí chamamos monte é un bosque en toda regra, pois ten todo o que caracteriza ó bosque de calquera tipo de clima. non obstante, a plantación de árbores foraneas como o eucalipto, plantado de xeito masivo polo seu rápido crecemento e grande proveito na tala; está destrozando o solo, pois toma moitos nutrintes do mesmo e apenas achega. Así, o solo está véndose afetado por esta plantación, poñendo en perigo “os nosos montes”… Non habería outro xeito de conseguir materias primas sen danar o solo?
Xoves 7 de Abril do 2011 ás 9:56 pm
Respondendo algunhas preguntas de Laura…penso:
-Que as árbores e as platas limpan o medio, xa que ao facer a fotosíntese (proceso de transformación da enerxía solar en enerxía química que fai que a materia inorgánica se volva óganica e así ser utilizadas para a produción de amidón que serve para o desenvolvemento e reprodución da planta) que a realizan nas follas e estas atrapan o CO2 da atmosfera e forman osíxeno.
As árbores tamén son importantes para o equilibrio hídrico, xa que as plantas e ábores soltan constantemente vapor de auga polas follas (transpiración) que refresca e humedece o medio.
Venres 8 de Abril do 2011 ás 3:05 pm
Eu penso que os bosques e montes son moi beneficiosos para todos os seres vivos, moitos animais viven neles, outros aprovéitanse do seu alimento, os seres humanos aproveitámonos deles para obter leña que nos proporcione enerxía calorifica ou ben para obter distintos materiais como o papel.
Pero en xeral, non pensamos no día a día en intentar protexer as árbores, xa que agora mesmo as árbores están a sufrir máis ca nunca debido incendios, deforestación e introdución de especies foráneas, e estes tres motivos, os principales motivos de perda de arbores a nivel mundial poderían se reducir notablemente se todos puxeramos o noso graíño de area.
Venres 8 de Abril do 2011 ás 6:13 pm
A verdade é que eu sempre lle chamei Monte, pero investigando cheguei a mesma conclusión ca Nuria, o que diferencia un Bosque dun Monte, é o solo, xa que o monte está pragado por arbustos coma o toxo, xestas, etc.. mentres que o bosque ten un solo máis limpo de matogueiras.
De ese gran poboamento de toxos, fieitos, silvas, etc. vén que o monte galego teña tan elevado risco de incendio:
- Coa chegada da calor, estes arbustos e plantas que poboan os solos dos nosos montes secan, e volvénse un combustible fácil para que o lume prenda. Isto provoca que o lume se estenda ao longo de hectáreas, e arrase con toda vexetación que encontre.
Por este motivo penso que unha boa solución, sería que uns días antes de que chegue a época de calor, se cortasen arbustos e plantas, penso que os incendios non se propagarían tanto, e non se perderían tantas hectáreas de monte.
Venres 8 de Abril do 2011 ás 7:42 pm
A interacción que producen as repoboacións forestais no ciclo da auga ten cada vez máis importancia por as suas repercusions. Empeza por a sobre-explotación dos recursos acuíferos, segue pola erosión,e pode chegar a desertificación.
Destas repoboacións forman parte especies de crecemento rápido como os piñeiros e os eucaliptos. Estes ultimos son a maior praga forestal que puido chegar a Galicia xa que alí donde os plantan acaban cos acuiferos naturais, ademais de acabar facendo que desaparezan especies autóctonas como os carballos.
Deberíase facer algun tipo de chamamento dende o goberno para que se deixasen de plantar este tipo de árbores.
Sábado 30 de Abril do 2011 ás 10:44 am
Dando unha pouca máis información sobre as diferencias entre os montes e os bosques direivos isto :
Un Bosque e unha área con unha alta densidade de árboles e cubren grandes áreas do globo terraqueo e funcionan como hábitats de moitos animales. Un Bosque pode estar formado por unha soa especie de árboles ou por varias. O solo do bosque é desnudo e abundan en zonas de clima templado e frío con abundantes chuvias e frecuentes nevadas.
Un Monte é un bioma de clima cálido e moi seco, que o diferencia do bosque e predominan os Arbustos de zonas secas e árbores de pouca altura, como así tamén outras plantas con capacidade para vivir en terras con Sol casi permenente e agua moi escasa.