O alumnado de Bacharelato de Brión, móvese polos bosques

imagen

A pesar da tarde soleada de primavera, a pesar do cansazo despois dun día enteiro de clases, de final de trimestre (dun looooongo trimestre), estivestes todos/as (ou case) na mesa redonda do martes. Estivestes a altura do que se esperaba de vós: Grazas!

No post anterior debatiamos arredor do bosque e o monte, na mesa redonda falouse diso e de moitas outras cousas, pero estabamos limitados polo tempo. Que ben, que teñamos este blog para continuar o debate xurdido alí, tranquilamente, reflexionando, argumentando e quen sabe se achegando novas ideas que completen o que alí se dixo. Estades invitados a participar tamén os de 2º, esperamos as vósas achegas.

Que é o que dificulta, en Brión e en Galicia en xeral, o facer unha adecuada planificación á hora de repoboar? Paréceche lícito que cada propietario poida decidir con que especies repoboar ou pensas que o goberno debería intervir para evitar males maiores? Que vantaxes ten o asociacionismo entre os propietarios á hora de xestionar os montes? Por que todos os membros da mesa estiveron de acordo en que había que diversificar as especies coas que se repoboa? A día de hoxe, cales vos parecen as medidas máis adecuadas para diminuir os incendios na comarca de Brión? Que é a madeira certificada? Estas e outras moitas cuestións podemos debater, chega con que as propoñades.

E por último: tendo en conta que moitos/as de vós seredes, no futuro, propietarios/as, que medidas tomarías para facer un aproveitamento sostible do monte?

Aproveito para poñervos aquí dúas direccións de páxinas de organizacións que se dedican á certificación da madeira:

http://www.fsc.org/107.html?&L=1

http://www.pefc.es/index.html

 

Tags: , ,

21 Respostas a “O alumnado de Bacharelato de Brión, móvese polos bosques”

  1. patricia.br Dixo:

    En primeiro lugar, gustaríame dicir que a mesa redonda foi moi interesante.
    O segundo que vou responder e a túa pregunta Laura de que e o que dificulta en Brión e que os bosques están divididos en moitas partes e cada unha delas ten un dono ou dona diferente, e dicir, son privados. Por este motivo e moi difícil poder repoboar, xa que a xente coas súas terras fai o que quere e planta o que quere.

  2. nuria.c.br Dixo:

    Eu vouvos falar un pouco sobre a prevención de incendios.

    Para previr os incendios, o que hai que facer principalmente é manter as fincas limpas; é dicir, sen toxos, sen matorrais… xa que así, se por unha casualidade prende lumme, ten moito menos que arder.

    Tamén hai que informar ao concello, protección civil… de puntos onde se concentren moitos verquidos sen estar estar controlados.

    Outra idea sería facer cortafogos pero iso, produce moito o impacto visual da zona.

    A construción de depósitos de auga sería tamén unha boa cousa, posto que así poderíase actuar con máis rapidez.

  3. xulian.br Dixo:

    En primeiro lugar eu quería falar da necesidade de repoboar o monte con árbores autóctonos e as mediadas que considero necesarias tomar para elo.
    A mellor manerira de concienciar á poboación rural, e de animala a levar a cabo esta árdua tarefa, é facer xornadas polas aldeas subvencionadas por alguna institución Gubernamental. Outra das medidas que se debería tomar sería a de ofrecer subvención (costume moi arraigada no noso país) á xente que se anime a esta tarefa. Nunha situación máis drástica a solución máis doada sería cobrar polas parcelas plantadas con árbores foráneas coma o Eucalipto e o Piñeiro unha especie de multa ou tributo co que desanimaría a xente a desvincularse deste tipo de plantacións.
    Se recordamos o que se falou na charla, o problema co que se enfronta Galiza á hora de repoboar é o minifundismo.
    Carecer de propietarios de grandes superficies difuculta enormemente a posibilidade de repoboar todo un conxunto de terreo coas mesmas especies autóctonas sen esquecer que a maior parte da poboación busca o rápido beneficio antes que o beneficio a longo prazo e o desenvolvemento sostible.

  4. alvaro.br Dixo:

    O que dixo Patricia é certo xa que en Brión a meirande parte das terras teñen propietario, e son anacos de terra moi pequenos en relación á superficie arborada de Brión, e posto que son de alguén en concreto, é moi dificil conseguer un bo repoboamento dos montes e bosques xa que o que pode ser mellor ou produtivo de plantar nunha finca pode ser unha mala eleccion para outro propetario ou dono do terreo.
    Eu creo que esta ben que cada un teña total capacidade de eleción nos seus terreos xa que son propiedade súa, as suas terras privadas, pero nestes casos tamén considero que o goberno debe intervir para que se produza un bo repoboamento e se recuperen os bosques da nosa comunidade.

  5. laura.g.br Dixo:

    En efecto, o que dificulta a repoboación nos montes de Galiza, e sobre todo en Brión, é o minifundismo esaxerado. Aparte disto tamén orixina outros problemas como os incendios xa que a xente non limpa as suas terras e isto fai que o lume se propague máis rápido.
    Unha posible solución é a de unir as terras. Creo que isto é unha boa medida porque en realidade non as están explotando (se o fixeran o panorama do bosque sería diferente ó que se ve). O obstáculo é o egoísmo da xente, eu entendo que hai moitos señores e señoras que si fan algo cas súas fincas pero os que as teñen por ter que máis lles da?
    Outra solución que lle podo atopar é a de que o propio concello estableza unhas determinadas normas para o coidado do monte que deben cumprir. No caso de limpar as fincas poderían contratar a unha empresa que o fixera e cobrarlles ós donos. De esa forma manteríanse os bosques limpos e cada un seguiría tendo o control do seu terreo.

    Respostando á pregunta de por que é importante repoboar con diferentes especies os bosques creo que na charla se mencionou algo sobre que o ecosistema da zona se volve máis simple e que iso provoca problemas nel mesmo… Nesto non sei si estou no correcto.

    Por último decir que a madeira certificada provén de bosques ben xestionados dende un punto de vista económico, ecolóxico e social. É dicir, de forma sostible.

  6. david.br Dixo:

    Comezarei contestando a algunhas desas preguntas que fai Laura no post. É obvio que xa sabemos a contestación da maioría das preguntas pero por se acaso… Para comezar direi que o problema do minifundismo é unha das principais causas da situación na que se atopan os montes en Galiza. Por mor diso, é moi difícil facer unha boa planificación dos montes e máis dificil facer un plan de recuperación destes a gran escala. Non me parece lícito que cada propietario poida repoboar a sua porción de monte como él queira, xa que iso pode ter fatales consecuencias como pragas, incendios etc, o ideal sería repoboar con moitas especies variadas pero ao mesmo tempo autóctonas. E tamén decir que a vantaxe de que varios propietarios se reunisen sería que poderían ter mellor cuidado o monte, e polo tanto terían menos risco de que lles ardese, ou talasen etc. Un exemplo moi claro de propietarios unidos para preservar os montes que lles pertencen é do que falou o último conferenciante, é decir, dos propietarios de Viceso.
    E por último, para contestar á pregunta sobre qué faría para facer un aproveitamento sostible do monte, sería primeiro non pensar só en min, senón que tamén nas futuras xeracións, de tal forma que á hora de plantar, plantaría árbores autóctonas sen importarme o tempo que poidan tardar en medrar, e así as seguintes xeracións poidan vender a madeira, ou ben para mobles, ou para queimar como biomasa etc. Tamén inculcaría o barbeito, para que cando se tale unha parte de monte a outra xa esté medrando e a seguinte xeración poida ter tamén algún beneficio do monte.

  7. claudia.br Dixo:

    Pola miña parte peso que deberíamos tomarnos máis tempo para reflexionar sobre que o que imos plantar, xa que a ábore ou plantación que poñamos afectará ao medio que o rodea.

    Na miña opinión penso que o que falla aquí en Galiza e en Brión é a plantación de eucaliptos (de orixen Australiano) que se plantan para un beneficio económico (xa que ao crecer máis rápido que calquera especie aforran cartos é tempo) para o propietario do monte.

    Actualmente o enimigo máis común das árbores son os incendios, estes danse de distintas maneiras: provocados ou naturais.
    Provocados, esta é unha das maneiras máis importantes que esta a suceder e cada vez vai a máis, deberíamos tomar medidas como máis vixiancia nos montes ou penas máis duras para os pirómanos. E naturais, ou non tanto, xa que a maioría dos incendios son a causa de restos ou desfeitos que se encontran polos montes provocados pola acción do home.

    Por outra parte creo que sería moi beneficioso obter un monte de todos, asociarse os máximos propietarios xa que moitos destes deixan abandoado o monte por motivos de traslado ou de responsabilidade.

    O estado ou o concello deberían informar máis aos propietarios de montes, como por exemplo: cales son as especies que poden utilizar se queren ter un futuro para os seus fillos e así non ter un monte estranxeiro senón un da propia Galiza.

  8. noelia.g.br Dixo:

    En primeiro lugar, gustaríame apuntar que a mesa redonda me pareceu moi interesante e que espero que se volva a repetir.
    1) Na miña opinión, creo que un dos problemas para a adecuada planificación á hora de repoboar é a interacción da altitude e a exposición que dan lugar a situacións diferentes para unha mesma especie. Deste xeito, unha especie na cal as súas plantacións son viables ata certa altitude, poderá alcanzar cotas máis elevadas nas ladeiras de sollío que nas de avesío, dada a influencia que exerce o sol sobre a temperatura.
    2) Creo que cada propietario ten que ter o dereito de elixir libremente sobre as especies que quere plantar na súa propiedades sempre e cando a súa decisión cumpra os seguintes obxectivos:
    • Control eficaz da vexetación.
    • Non utilizar prantas de baixa calidade nin métodos de plantacións incorrectos o que produce o fracaso das plantacións.
    • Planificación coidadosa dos traballos o cal aforra costes e mellora o rendemento da plantación.
    • Etc.
    3) O asociacionismo ten como vantaxe a desaparición dos cercados porque aínda que estes proporcionan unha protección conxunta da nova repoboación e son moi útiles, en moitos lugares deixáronse os cercados a un lado porque o emprego deste significaba unha barreira artificial que impedía a mobilidade das especies presentes nos montes, diminuíndo a biodiversidade biolóxica da zona e indo en contra dos principios da xestión forestal sostible.
    4) Respondendo á pregunta de diversificar as especies coas que se repoboa, eu tamén estou de acordo a que isto permitiríanos ter unha maior variedade de especies.
    5) Medidas contra incendios: sempre é recomendable que a superficie a repoboar se encontre separada por fincas colindantes un mínimo de 3 ou 4 metros, donde toda a vexetación aérea fora eliminada para evitar a propagación do lume do chan ás copas das árbores. Ademais se fose posible deberíase eliminar o terreo ata chegar á roca de forma que non se extenda o incendio. No caso de superficies máis grandes recoméndase a apertura de cortalumes nos cales o seu ancho sexa como mínimo 12 m.
    6) Madeira certificada: non encontrei ninguna definición concreta pero pódese dicir que a madeira certificada é madeira procedente dos bosques que foi ben xestionada dende un punto de vista económico, social e ambiental.

  9. martin.o.br Dixo:

    Vou a falar das ventaxas que teñen os bosques autóctonos frente as plantacións que veñen do exterior de Galicia.
    1º- Manteñen limpos os ríos xa que as suas raíces absorben nutrientes e minerais malos para os rios.
    2º-Non favorecen o crecemento de plantas non desexadas para os agricultores, como silvas e matorrais.
    3º-Producen moitos froitos que son favorables aos animais e persoas da zona.
    4º-Haberia máis aves nos montes xa que fan os niños en árbores como os carballos e os cartiñeiros xa que son mais baixas e teñen mais ramas que os eucaliptos.
    5º- Hai menor risco de incendios con árbores galegas xa que manteñes o solo mais frio e con menos matorral.
    Estas e outras moitas vantaxes teñen os montes autóctonos . Por que a xente non os quere?

  10. ana.br Dixo:

    O primeiro gustaríame decir que a charla estivo moi interesante e aprendin moitas cousas que non sabia a cerca dos bosques.
    Sobre a madeira certificada gustaríame dar un dato que persoalmente pareceume interesante. Según os datos de FSC Internacional, máis de 117 millóns de hectáreas de bosque de 82 países foron certificados. As ventas de estes productos superan os 13000 millóns de euros!
    Por outro lado penso que as vantaxes que ten o asociacionismo entre veciños é que creo que os bosques estan máis coidados e protexidos; xa que como se comentou na charla, no concello de Brión, antes de que chegara a garda civil ou protección civil para apagar o lume, xa estaban alí os veciños cas súas ferramentas facendo ese traballo.

  11. rene.br Dixo:

    A madeira certificada é madeira que provén de bosques explotados de forma económica e ecolóxicamente sostible. Bosques ordenados e controlados, dos que sacan a madeira certificada, que se exporta e se vende sen mesturarse con outra.

  12. tamara.br Dixo:

    Ao contrario que na maioría de España onde abundan as propiedades con grandes extensións de terreo, o problema galego en canto ó monte radica no minifundismo. En Brión o minifundismo segue a ser un gran impedimento pero ata o século pasado poderiase considerar grave. Se querías ir a unha leira túa que igual estaba un pouco afastada da aldea terías que chegar a ela pasando por diversas terreos privados xa que non había camiños entre as leiras, só pequenos carreiros destinados ao uso peatonil. Foi a concentración de terras que se realizou entre os anos 60 e 70 o que permitiu facer as leiras máis grandes e abrir camiños para chegar ata elas coas novas maquinarias da época. Isto contribuiu ao avance da agricultura e gandaría e axudou á formación de cooperativas en zonas altas do concello. Ademais os camiños que se abriron servirían como potentes cortafogos.

    O lume é outro gran problema e, como se falou na mesa redonda, unha medida para palialo foi a vixianza nocturna dos montes das parroquias da zona alta de Brión. Esta tivo un gran éxito e por iso hoxe en día hai un ambiente un tanto relaxado entre os vixiantes. Na mesa a explicación que se lle deu a isto foi a excesiva confianza, pero hai algo máis. Actualmente a xente xa non depende tanto dos montes coma antes; posto que xa non é o seu medio de traballo. Por iso estou de acordo co que nos di Laura Grobas da unificaión desas terras que ninguén as coida para que as persoas que traballan no sector poidan beneficiarse delas.

    Por outro lado está a repoboación dos montes onde cada pequeno propietario planta a árbore que lle supoña un maior beneficio económico alegando que ese cacho de monte é seu. Sí, pero o monte en conxunto é de todos pois todos nos beneficiamos del, e non me refiro economicamente. Por iso sería óptimo que os gobernos de cada comunidade autónoma interviñesen nestes aspectos para conseguir unha masa forestal homoxénea, autóctona e de explotación sostible. Pero polo que se vé, á política iso non lle interesa.

  13. martinesparis Dixo:

    A conferencia penso que estivo bastante interesante, pero a min interesoume en especial un dato que dou un dos expositores, este é, que na maioría do concello de Brión apenas existen montes comunais, mentres que noutros concellos veciños coma Rois, sí. Eu, en concreto vivo no concello de Rois e alí a maioría do monte e comunal, e decir que é da maioría dos veciños, así que estes estan moi pendentes do seu monte, o interese dos veciños polo seu monte puídeno ver cando o repoboaban, en concreto de pinos e sobre todo de eucaliptos co obxectivo de obter un beneficio no futuro, tamén puiden ver o interés que existía por conservalo cando hai pouco se producíu un incendio e puiden observar que case todos os veciños da aldea acudiron a sufocalo, e iso que era pola noite.
    Nestas situacións pódese ver a unión que existe entre as persoas para conservar o monte que é seu, e para non deixalo perder e que desapareza coma moitos tantos, por iso creo que dende o goberno autonomíco se debería de establecer unha protección máis severa contra a desaparición destes montes que son compartidos por todos os veciños, e sobre todo isto deberiao de facer a xunta de Galicia, xa que na nosa comunidade temos a sorte de contar con tanto monte, pero se seguimos así por pouco tempo.

  14. alejandro.br Dixo:

    Ante a pregunta de se che parce ben que cada propietatrio poida facer o que queira coas súas terras, a min paréceme que é o correcto, xa que cada quen pode facer o que queira dentro da súa propiedade, ao mellor non e xusto para o medio ambiente pero menos xusto seria se tiveramos en conta que ao mellor se lle quitas esa porción de terreo ao propietario queda sen a súa única herdanza e iso sería unha inxustiza, ainda que sería bo que todos protexeramos os montes o maior posible, como di Martin Esparis no seu comentario de cando foran os incendios.

  15. nuria.c.br Dixo:

    Eu creo que cada un coas súas terras fai o que quere e pranta o que quere pero: non deberian ter en conta o que pasaría se as especias propiamente galegas desaparecesen?
    unha cousa importante para a nosa economía é que se desaparecesen, tamén se perderían os ingresos que produce a súa madeira que é moi apreciada.
    ademáis, o carballo significa moito para a mitolóxia celta.
    Que consecuencias credes que ten a desaparición do carballo en Galicia?

  16. nuria.c.br Dixo:

    Quería responder un pouco á cuestión que fai a miña compañeira Laura Grobas no comentario 5º, respecto ó de que teñen as terras por ter.
    Ao mellor agora, teñen as terras por ter, pero no futuro poden aproveitar esa terras para facer unha casa, e se por exemplo xuntan as terras, como ti dis, un dos dous sairá perdendo posto que non todas as zonas do concello son urbanizables.
    E ao mellor é peor o remedio que a enfermidade, posto que se se xuntan dúas zonas urbanizables e lle fan unha oferta ao dono de facer chalets… pode que diga que si, e tamén se perde repoboación.

    Que credes que é peor?

  17. miguel.am.br Dixo:

    Estivo moi interesante a charla, paraceme interesante destacar o que dixeron de que a xente das aldeas facía patrullas nocturnas para protexer os bosques, ata o momento non sabía nada diso e cando o escoitei pareceume unha idea xenial xa que o monte é nóso e somos nós quen o debemos coidar. Tamén dixeron que isto deixouse de facer, o cal non me parece bo, e debería recuperarse xa que grazas a esas patrullas evitaríanse o 90% dos incendios.
    Respecto o de repoboar con especies máis diversas, penso que dixeron isto porque a diversidade é importante na natureza, pero repoboar con especies foráneas para ter mais diversidade, non é moi aconsellable por que ese tipo de diversidade pode acabar co equilibrio natural do ecosistema.

  18. miguel.am.br Dixo:

    Respondendo ao que dixo Laura Grobas de que unir as terras sería unha boa solución para repoboar de maneira máis efectiva, iso xa se fixo coa concentración parcelaria que levou acabo o goberno, que consistiu en concentrar as terras dun mesmo propietario nun mesmo sitio para intentar reducir o minifundio.

  19. noelia.e.br Dixo:

    Na miña opinión cada propietario pode ter a liberdade de decidir que desexa plantar nas súas leiras, xa que lle pertencen.
    O asociacionismo, creo eu que promove a modernización das estruturas e a xestión dunha mellor forma os recursos. Hai anos para previr un incendio facíase garda nos montes, na actualidade esta sería oura boa forma de preservalos, aínda que faría falla buscar candidatos dispostos a facelo sen recibir nada a cambio. Tamén axudaría que se tomaran maiores medidas contra os pirómanos. Se eu tivera monte e buscara medidas para aproveitalo sotiblemente, buscaría sacar del unha fonte de enerxía por exemplo, da biomasa.

  20. cristina.br Dixo:

    Vouvos a falar un pouco da Lei Parcelaria en Galicia,para aportar un pouco máis de información:
    A concentración parcelaria é unha actividade, situada no ámbito da enxeñaría civil agronómica, consiste en agrupar as parcelas dun propietario no menor número posible delas. Á parcela ou parcelas resultante denominanse finca. Segundo o DRAE consiste na “agrupación de diversas fincas rústicas de reducida extensión, para unificar e facilitar o cultivo”.
    Esta actividade levouse a cabo na maior parte dos países europeos, nos que básicamente por motivos históricos, as parcelas dividíronse por herdanzas provocando un fraccionamiento excesivo das fincas rústicas.

  21. diego.br Dixo:

    ¡Cantas cuestións nos quedan por debater! Creo que o que dificulta en Galicia o repoboar é o noso carácter de non progresión no sentido de que o monte é monte porque o foi toda a vida, entón para que se vai a cambiar. Os propietarios seguen a pensar na mairoría dos casos de forma individualista, se os propietarios dunha determinada zona se asociasen abaratarían custos, ademáis de poder escoitar propostas boas e novedosas. O que deberían facer as administracións é dar unhas pautas aos propietarios, non obrigas, senón consellos sobre as distintas especies factibles e recomendables no noso
    solo. Unha das medidas máis efectivas para diminuir os incendios na area de Brión é a autolimpeza dos montes, que por outro lado sería unha realiade se estes solos se puidesen aproveitar para xerar emprego e beneficio.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.