Antioxidantes para mellorar a fertilidade
Todos coñecemos de sobra as vantaxes para a saúde dunha alimentación variada, equilibrada e rica en antioxidantes. Pero o que ata agora non se sabía é que inxerir moitos antioxidantes pode ser a clave para mellorar a fertilidade na muller.
Entre o 15 e o 20% de casos de infertilidade non se coñece a causa pero a maioría dos expertos afirman que se debe ao estrés oxidativo (déficit de antioxidantes e exceso de radicais libres). Este estrés oxidativo pode dar lugar a que as mulleres xóvenes teñan ovarios envellecidos que non funcionan de maneira correcta e que produzan unha insuficiente cantidade de ovocitos de boa calidade para conseguir o embarazo.
Para combater este problema, unha dieta rica en antioxidantes pode ser determinante. Os principais alimentos que neutralizan o exceso de radicais libres e que estimulan a produción de ovocitos son as froitas e as verduras. Entre as primeiras, cabe destacar a granada e o amorodo e, das segundas, o tomate e os carotenoides (colorantes naturais presentes na cenoria, nos cítricos, nas espinacas, no millo…). Ademais disto, outras recomendacións moi habituais son: beber moita auga, reducir a inxesta de proteínas animais, tomar aceite de oliva, non abusar da bolería industrial…
Nesta noticia falamos da infertilidade feminina, pero… Que opinades sobre a infertilidade masculina? Credes que ao igual que na feminina se podería reducir con este tipo de dietas?
http://crescenti.es/blog/antioxidantes-para-mejorar-la-fertilidad/
http://www.webconsultas.com/noticias/dieta-y-nutricion/la-ingesta-de-antioxidantes-puede-mejorar-la-fertilidad