O cambio climático desencadea terremotos e erupcións volcánicas

Algúns xeólogos descubriron recentemente este feito, que é considerado o desencadeante do terremoto de Nepal.

Ocorreríasevos algunha explicación para isto? O que sucede é bastante sinxelo, as placas tectónicas son moi sensibles aos cambios de presións e, as consecuencias do quecemento global, como é o caso do derretemento dos casquetes polares, fan que aumenten as forzas en zonas como os océanos, e diminúan nos lugares ocupados previamente por estas masas de xeo. Ademais, hoxe en día a regularidade das chuvias está a cambiar, o que implica tamén estas variacións das que vos falaba.

Agora que xa vos contei o máis xeral, vou afondar nos procesos que ocorren no interior da Terra debido a estas modificacións das que unicamente somos responsables os humanos. A redución do empuxe sobre as rochas subxacentes, que estaban sometidas a grandes temperaturas e presións, provocan a súa fusión, xa que adquiren espazo para expandirse e é así como suceden determinadas actividades xeolóxicas claves.

Por outra banda, o aumento do nivel do mar provoca a erupción dalgúns volcáns actuando coma un “espremedor” fronte ao magma.

imagen

Finalmente, cabe mencionar outros exemplos que confirman este fenómeno. Refírome a algúns volcáns de Alaska que se manifestan máis a miúdo na actualidade, ou aos de Islandia, cuxa actividade, segundo os expertos, está relacionada coa diminución dos glaciares.

Que vos parece o feito de que cada día se descubran máis consecuencias negativas do quecemento global? Que considerades que deberiamos facer ao respecto? Credes que é unha boa desculpa dicir que estes procesos son moi lentos e que, polo tanto, o nivel dos océanos tardará séculos en aumentar de maneira notable?

Fonte: http://www.latercera.com/noticia/tendencias/2015/04/659-627608-9-cientificos-advierten-de-nuevos-terremotos-y-erupciones-de-volcanes-en-el-mundo.shtml

 

Tags: , , ,

6 Respostas a “O cambio climático desencadea terremotos e erupcións volcánicas”

  1. minia.br Dixo:

    Investigacións coma esta deberíannos facer reflexionar a todos nós. O feito de que unha magnitude como pode ser a presión, que moitos de nós consideraríamos inofensiva, poida mover as grandes masas da Terra, tería que facer que nos désemos conta do calibre que poden chegar a acadar os efectos do cambio climático. Doutra banda, súmaselle o inconveniente das desculpas que poñemos os seres humanos para non asimilar que esta gran destrución da Terra foi culpa nosa e que, polo tanto, debemos tomar medidas para freala se queremos seguir vivindo no planeta.
    Dende o meu punto de vista, unha “solución” a estes grandes problemas, sería a posta en funcionamento o antes posible do recente Acordo de París (2015), así como diferentes medidas a nivel persoal que axudarían a que as consecuencias deste gran cambio non fosen tan graves.

  2. gabriela.br Dixo:

    Unha vez mais, os causantes dos problemas que se nos presentan día a día respecto o quecemento global somos nós, que provocará a destrución finalmente do noso planeta. Debemos acabar coas actividades humanas que danan a nosa Terra xa que ademais dos problemas que temos hoxe, agravarían dando lugar a máis e peores problemas. Empregando outras alternativas (por ex:outro tipo de enerxías) poderiamos reducir as emisións de gases que axudan a aumentar estes efectos para intentar mellorar o noso planeta, pero debemolo facer dende xa, antes de que sexa demasiado tarde.

  3. ignacio.r.br Dixo:

    Os efectos do cambio climático parece non ter límites, e incluso aqueles fenómenos máis inverosímiles e susceptibles en canto á relación que poidan ter co cambio climático como é o caso dos volcáns, poden estar íntimamente relacionados como se di no post. O aumento do vulcanismo causado polo ser humano pode ter diversos perxuízos como é o desxeo de zonas glaciares perífericas por exemplo no volcán de Alaska mencionado no post, ou tamén pode provocar un aumento do efecto invernadoiro polas emisións de CO2 que o mesmo causa.
    Todo isto, resúltame bastante impactante posto que nunca pensaría que puidese existir relación entre o cambio climático e os fenómenos xeolóxicos internos da Terra, o que nos da unha visión da tremenda relación que existe entre todos os fenómenos que ocorren no noso planeta.

  4. guillermo.a.br Dixo:

    Moi interesante é esclarecedor sobre a situación de verdadeiro perigo na que se encontra o mundo debido ao calentamento Global. A descompresión produce o 70% do magmatismo na Terra e ademais a incorporación de auga nas zonas de subdución diminúe o punto de fusión das rochas aumentando o vulcanismo. Dende este punto de vista esta noticia ten unha boa base científica.

  5. alba.br Dixo:

    Cada vez máis, polo trato desconsiderado que lle damos ao planeta, os efectos do cambio climático vanse agravando a pasos de xigante.
    Como se reflexa na publicación, o derretemento dos casquetes polares (causado pola emisión de gases provenientes dos humanos) chega ata o punto de ser a causa de erupcións volcánicas. Resulta irónico que se teman estes fenómenos cando, a actividade humana, se está volvendo parcialmente responsable.

    Para frear todo isto, debemos concienciar á poboación e tomar medidas. As cales poden comezar con pequenas achegas persoais ata, por exemplo, o uso doutros tipos de enerxías a nivel mundial.

  6. ramon.f.br Dixo:

    Esta noticia, demostra que os seres humanos non só interveñen no derretemento dos casquetes polares, etc. senon que tamén influe nos terremotos e erupcións volcánicas.
    Este articulo debería servirnos para darnos conta dos perxuizos causados a natureza e polo cal deberíamos tomar medidas urxentes.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.