Aprendamos sobre o SARS_CoV_2

imagen

O coronavirus (COVID_19) é unha enfermidade infecciosa causada por un coronavirus descuberto recentemente.

Orthocoronavirinae, comunmente coñecidos coma coronavirus, son unha das dúas subfamilias de virus pertencente á familia Coronaviridae, denominados de tal xeito porque, vistos cun microscopio de electróns, teñen unha especie de halo en forma de coroa ao seu arredor.

A maioría das persoas infectadas polo virus COVID-19 experiencian enfermidades respiratorias (de leves a moderadas) e se recuperan sen precisar de tratamento especial. Os máis maiores, e aqueles que carguen con problemas de saúde secundarios coma enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades respiratorias crónicas e cáncer, son máis propensos a desenrolar enfermidades máis graves e serias.

A mellor forma de previr e frear a transmisión deste é estar ben informado sobre o virus, a enfermidade que causa e como se propaga.

O virus propágase principalmente a través de pequenas gotas de saliva ou secreción procedente do nariz cando un infectado tuse ou esbirra, polo que é moi importante acostumarse a pequenas accións coma tusir na zona interior do cóbado.

Respecto a súa reprodución: a replicación dos coronavirus comeza coa entrada na célula, momento no que perde a súa envoltura, e o xenoma de ARN se libera no citoplasma. O xenoma do coronavirus conta con certas características que lle da un gran parecido ao ARN mensaxeiro eucariota. Isto permite que ao ARN se lle acaroen os ribosomas citoplasmáticos para a súa tradución. Os coronavirus teñen tamén unha proteína “replicase” codificada no seu código xenético, que lles permite xerar novas copias do seu ARN sen necesidade de transcribirse a ADN, usando os recursos da célula hóspede. Basicamente, pasan a formar parte da célula eucariota e reprodúcense con ela.

Para rematar este post, gustaríame desmentir algún mito xa que, ultimamente, a realidade está moi difusa con tanto bulo mediático.

  1. A vacina que cura o COVID-19 está dispoñible. Falso.

Verdadeiro: Non hai vacina para o actual e novo coronavirus. Os científicos xa empezaron a traballar nunha, pero crear unha vacina que sexa segura e efectiva en seres humanos toma varios meses.

  1. Podes protexerte do COVID-19 tragando ou facendo gárgaras con lixivia, tomando ácido acético ou esteroides, usando aceites esenciais, sal, auga, etanol ou outras sustancias. FALSO.

Verdadeiro: Ningunha destas recomendacións te protexe do virus a algunhas poden ser moi perigosas. A mellores formas de protexerte deste (e outros) coronavirus son: lavar as mans frecuentemente, non tocar a cara e evitar o contacto cos demáis (especialmente con aqueles enfermos, tusindo ou esbirrando).

  1. Este coronavirus foi creado a propósito/ liberado pola xente. Falso.

Verdadeiro: Os virus poden cambiar co paso do tempo. Ocasionalmente, unha enfermidade brota cando un virus que é común en animais como porcos, morcegos ou paxaros sofre cambios e pasa a humanos. É moi probable que fora así como apareceu.

  1. Pedir ou comprar produtos procedentes de China fará que unha persoa enferme. Falso.

Verdadeiro: Investigadores están estudando o novo coronavirus para aprender máis sobre como infecta ás persoas. Os científicos apuntan que a maioría dos virus similares a este non permanecen por moito tempo con vida en superficies, polo que non é nada probable que collas o COVID-19 por un paquete que tardou días ou semanas en chegar dende alí.

  1. Levar máscara protéxete do COVID-19.Falso.

Verdadeiro: Certos modelos de respiradores profesionais moi apertados (coma o N95) poden protexer a saúde de traballadores mentres estes coidan aos infectados.

Non é recomendado para o público xeral levar máscaras cirúrxicas lixeiras porque, ao non estar especialmente apertadas, poden permitir que as pequenas gotas cheguen ao nariz, boca ou ollos.

Ademáis, a xente co virus nas mans que toca a súa cara por debaixo da máscara pode infectarse de igual xeito.

As persoas con enfermidades respiratorias poden levar estas máscaras para diminuír a probabilidade de infectar a outros. Temos que considerar que, acaparalas, fai que algúns doentes enfermos e traballadores que as precisan non podan dispoñer delas.

Que opinades sobre estes mitos? Pensabades que algún era certo?

Fontes:

https://es.wikipedia.org/wiki/Orthocoronavirinae

https://www.cdc.gov/coronavirus/2019-ncov/about/share-facts-h.pdf

https://www.isglobal.org/-/coronavirus-myths-and-truths

https://www.sinobiological.com/research/virus/coronavirus-replication

https://www.ecdc.europa.eu/en/novel-coronavirus/facts

 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.