COVID-19

imagen

A enfermidade do coronavirus 2019 (COVID-19 polas súas siglas en inglés) é unha enfermidade contaxiosa causada polo segundo coronavirus da síndrome respiratoria aguda severa, un virus parente achegado do virus da SARS. A enfermidade detectouse e púxoselle nome durante o andazo de coronavirus de 2019–20. As persoas que desenvolven a enfermidade poden ter febre, tose seca, cansazo e dificultades para respirar. A dor de gorxa, pingar de mocos ou esbirros son síntomas menos comúns. As persoas afectadas poden acabar por desenvolver pneumonía e fallo multiorgánico, o que podería acabar causando a morte. A ratio de mortalidade varía moito entre os estudos e poboacións analizadas, probablemente polas distintas metodoloxías, pero estaría entre un 1% e un 5%, dependendo tamén da idade e da saúde xeral dos pacientes. A infección transmítese dunha persoa a outra mediante as pingas respiratorias que se producen nos condutos da respiración, a miúdo durante a tose ou os esbirros. O tempo que transcorre entre o contacto co virus e a aparición dos primeiros síntomas vai dos 2 aos 14 días, xeralmente, cunha media de 5. O método habitual de diagnose é a PCR con transcritase inversa (rRT-PCR) a partir dunha mostra nasofarínxea ou de flemas.

A súa orixe crese que o virus ten orixe animal, probablemente procedente dun mamífero. Aparentemente houbo unha serie de contaxios iniciais, do mesmo animal común (quizais non do mesmo individuo), que deron lugar ao andazo de decembro de 2019. Estes contaxios teríanse producido na cidade chinesa de Wuhan. A partir de xaneiro de 2020 empezan a detectarse xa transmisións de humano a humano. Os pulmóns son os órganos máis afectados por este coronavirus COVID-19 porque o virus accede as células hóspedes grazas á enzima ECA2, que é abondosa nos alvéolos.

imagen

Pódese previr o contaxio da enfermidade lavando as mans, arredándose da xente que tuse ou esbirra e evitando tocar a cara (boca, ollos, nariz…) coas mans, non sendo que as mans se lavasen de recente. Tamén se recomenda que se tusimos ou esbirramos cubramos a cara cun pano, ou que o fagamos contra o sangradoiro, ou parte interior do cóbado, para evitar que as mans sirvan de vía de contaxio para outras persoas. A xente que crea que pode ter a enfermidade debe pórse en contacto telefónico co seu sistema médico, evitando acudir aos centros de saúde en persoa. Tamén se ten recomendado o emprego de buceiras cirúrxicas, especialmente para a xente que está ao coidado de persoas que poden ter a enfermidade. Polo de agora non existen vacinas nin tratamentos antivirais específicos, así que o tratamento da enfermidade consiste basicamente en paliar os síntomas.

O COVID-19 reprodúcese mediante a replicación, comenza coa entrada na célula, momento no que perde a súa envoltura, e o xenoma de ARN liberase no citoplasma. O xenoma do coronavirus ten unha caperuza metilada no extremo, e unha cola poliadenilada no extremo, dándolle un gran parecido ao ARN mensaxeiro eucariota. Isto permite que ao ARN se lle adhiran os ribosomas citoplasmáticos para a súa tradución. Os coronavirus teñen tamén unha proteína, que lle permite xerar novas copias do seu ARN sin necesidade de transcribirse o ADN, usando os recursos da célula. Esta é unha estratexia vírica para a economía xenética, xa que lle permite codificar un bo número de proteínas con un número pequeno de transcritos.

https://es.m.wikipedia.org/wiki/Orthocoronavirinae (Replicación)

https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Enfermidade_do_coronavirus_2019 (Causa)

https://cuidateplus.marca.com/enfermedades/infecciosas/Coronavirus.html (Contrastar a información)

 

Tags: , ,

14 Respostas a “COVID-19”

  1. laura_lopez Dixo:

    Fantástica entrada Gabriel!
    Eu invito dende aquí aos teus compañeiros e compañeiras a comentar e para iso lanzo algunhas preguntas. Hainas de todo tipo, escollede unha ou varias e buscade respostas.Tamén podedes facer vós outras preguntas. Ánimo!:
    Como fan os virus en xeral e este en concreto para infectar as células? Como se reproducen os virus de ADN? e os de ARN? Que é a transcriptase inversa? Para que lles serve aos virus de ARN? Que outras enfermidades coñecidas se deben a virus de ARN?
    Por que hai poucos nenos/as que desenvolvan a enfermidade? Por que hai máis mortes en homes que en mulleres?
    Que relación pode ter a perda da biodiversidade co desenvolvemento de pandemias como esta? Que outras pandemias houbo e en que se diferencian desta?
    Que leccións podemos aprender como sociedade con esta pandemia?….

  2. beatriz.m.br Dixo:

    Ola,
    A transcriptase inversa, transcriptase reversa ou retrotranscriptase é unha enzima de tipo ADN- polimerasa, que ten como función sintetizar ADN de dobre cadea utilizando como molde de ARN monocatenario, é decir, catalizar a retrotranscripción o transcripción inversa.
    A retrotranscripción, transcripción inversa, transcripción reversa, é un proceso da bioloxía molecular que implica a xeneración de unha cadea de ácido desoxirribonucleico (ADN) de dobre cadea denominado ADN complementario (ADNc) a partir de un ácido ribonucleico (ARN) de cadea simple.
    Esta enzima encontrase presente nos retrovirus.
    Chamase transcriptase inversa debido a que o proceso normal da transcripción, que se pode chamar directa, codifica o ARN a partir da secuencia inicial de ADN, e non ao revés.
    Facendo referencia á pregunta de porque en nenos a enfermidade desenvolvese moito menos, hai moitas teorías, pero os expertos en saúde non teñen unha resposta definitiva de por que o coronavirus non ataca tanto aos nenos e nenas. Existe mais probabilidade de que os nenos teñan algún tipo de inmunidade, tamén podería ser que as autoridades non estean analizando a nenos que non presentan síntomas o que só presentan síntomas leves. Unha explicación mais probable é que se está comprobando que este brote produce efectos mais severos en adultos que en nenos, como ocorre coa varicela.
    Os nenos tipicamente son propensos a caer e propagar infeccións virais, e habitualmente se lles cualifica de “superpropagadores”. Eles transmiten enfermidades respiratorias moi facilmente, asi que poderíamos esperar ver grandes números de nenos na lista de infectados e mortos do coronavirus, pero isto simplemente non ocorreu por agora.
    Podería ser que os nenos teñen sistemas inmunes mais resistentes e preparados para combater o virus, ou tamén pode ser que a enfermidade en si mesma, sexa menos agresiva en nenos que en adultos, e ese é o principal motivo polo que a nenos (sen patoloxías previas) que están padecendo a enfermidade non se lles está realizando o test.
    Por último, creo que con esta pandemia podemos aprender e melhorar moito como sociedade. En situacións extremas e graves, non nos podemos parar a separar comunidades, homes de mulleres, negros de brancos etc o virus atácanos a todos por igual, non deixa a ninguén atrás, somos todos contra unha pandemia mundial. Creo que con esta pandemia, aprenderemos o significado do lema que tanto nos repetiron, “a unión fai a forza” e estamos unidos e xuntos. Entramos todos xuntos nesta crise sanitaria e todos xuntos sairemos dela, porque se cumprimos todas as regras impostas tamén servimos de moita axuda a que o virus non se propague mais e que non traia con el mais consecuencias das que xa produciu.
    Todos eses arco-íris que encontramos nas ventás, todos os aplausos os diarios, os concertos nas terrazas etc son símbolo de que aínda queda algo de humanidade.. esta pandemia serve para que aprendamos o importante de ser solidarios, de ser humildes, de estar unidos ante todo, o importante de valorar aqueles e aquilo que pensamos que nunca imos perder.
    Mais pronto que tarde todo quedara na historia, xa non teremos que cantar na terraza, nin falar por videochamada, nin dar abrazos virtuais, nin gardar as apertas porque temos que cumprir o metro de distancia, moi pronto volveremos a poder abrazarnos.
    Un saúdo

  3. gaila.a.br Dixo:

    COMO FAI O VIRUS PARA INFECTAR ÁS CÉLULAS:
    Os virus necesitan unha entrada fácil para poder entrar na célula e así infectala, polo que utilizan proteínas da membrana que lles permita a entrada.
    O coronavirus utiliza un tipo de proteína, que é a ACE2, para introducirse na célula. Esta atópase de forma predominante no tecido cardíaco pero tamén nos pulmóns, fígado e riles. O uso desta proteína polo COVID-19 xa se vira anteriormente noutro virus tamén orixinado en China que se chama o SARS, que creou unha problemática moi similar entrando nas células a través desta proteína. Grazas ao traballo que están facendo os científicos coñécese a estrutura da proteína e grazas a isto xa se poden atopar métodos de detección e defensas

  4. iria.m.br Dixo:

    Ola Gabriel!
    Pareceume moi interesante a túa entrada sobre esta enfermidade. Ademais, impresionoume a complexidade que poden ter organismos como os virus para reproducirse.
    Estou segura de que con esta enfermidade haberá xente que se decate da importancia de certos aspectos como: a sorte que temos de nacer en países coma este no que podemos saír libremente á rúa, a importancia dos servizos públicos como a sanidade ou incluso que son moi necesarias as leis e normas para que unha sociedade poida funcionar ben e supere grandes obstáculos.
    Esta situación fará ademais que nos concienciemos da importancia dunha boa rutina e a responsabilidade que isto conleva.

  5. carla.c.br Dixo:

    Que outras enfermidades coñecidas se deben a virus de ARN?
    Entre outras enfermidades que se deben a virus de ARN atopamos a hepatite C, gastroenterite, SIDA ou un constipado normal.

  6. diana.c.br Dixo:

    - Que outras enfermidades coñecidas se deben a virus de ARN? Estes virus causan hepatite C, encefalite, febres hemorráxicas, poliomielite, enfermidades do pé e da boca, o arrefriado común e moitas outras enfermidades. Os retrovirus e outros virus de transcrición inversa, como o VIH e a hepatite B, transforman o seu ARN en ADN antes de replicar o seu xenoma, para transformalo de novo en ARN.

    - Que leccións podemos aprender como sociedade con esta pandemia?
    Este virus fainos experimentar que, nun momento, podemos chegar a sentirnos discriminados, e poñernos na pel dos que son discriminados día a día polo seu cor de pel, pola súa baixa economía…
    A nova enfermidade obriga a “reconstruír a familia”, porque co peche das escolas é fundamental que os pais retomen o contacto cos seus fillos cando, en xeral, tenden a deixar a crianza en mans doutras persoas.
    O coronavirus impídenos unha verdadeira proximidade: “que ninguén se toque, sen bicos, sen abrazos, a distancia…
    - Por que hai poucos nenos/as que desenvolvan a enfermidade?
    O coronavirus ten predilección polos receptores do encima convertedor de anxiotensina, que está no tracto respiratorio, especialmente nos pulmóns”. Os nenos teñen menos receptores para este encima do que lle gusta ao coronavirus, por iso son menos afectados.

  7. laura.t.br Dixo:

    Ante esta situación debemos reflexionar, porque despois chegará unha maneira distinta de actuar, de pensar, de gobernabilidade; unha democracia, verdadeira participación cidadá incluínte nos asuntos políticos.Os recursos públicos deben ser ben manexados e distribuídos, no ben da sociedade con xustiza social, logrando o benestar común e un goberno xusto e igualitario para o logro da felicidade plena da comunidade e en relación co seu entorno natural, que nos permita o equilibrio ecolóxico e a complementación do ser humano e a natureza.

  8. iago.o.br Dixo:

    A relación entre a perda de biodiversidade eo desenvolvemento de pandemias é debida a que cantos máis tipos de seres vivos haxa nun mesmo ecosistema iso, a maioría de veces, garantirá que unha especie sobreviva.

  9. alyssa.v.br Dixo:

    Respondendo a unha das preguntas que escribíu Laura quero responder de novo a una delas:

    - Que e a transcritase inversa?
    Pois a trancritase inversa, transcriptase reversa ou
    retrotranscritase é un encima de tipo ADN-polimerase que ten como función sintetizar o ADN de dobre cadea empregando como molde ARN monocatenario. é dicir, catalizar a retrotranscrición ou transcrición inversa

  10. sara.m.br Dixo:

    Ola Gabriel!
    “ Que relación pode ter a perda da biodiversidade co desenvolvemento de pandemias como esta?” Paréceme unha cuestión interesante.

    En hábitats ben conservados, os virus se reparten entre as especies e, como hai unha relación equilibrada, non afectan ao ser humano. Cando a natureza é alterada ou destruída, os ecosistemas debilítanse e a propagación de patóxenos aumenta.

    Ademáis, debido á tala masiva, minería, construcción de estradas, urbanizacións e o aumento demográfico, os seres humanos podemos chegar a ter un contacto máis directo con especies de animais coas que nunca interactuáramos antes.

    Todos estos factores aumentan a velocidade coa que se ”move” esta pandemia.

    Isto faime pensar: “De verdade temos que chegar a tales circunstancias (coma unha pandemia) para plantexarnos o ‘malo’ que é a perda da biodiversidade?”

  11. lorena.br Dixo:

    Respondendo á pregunta de por que os nenos se infectan menos (aínda que xa sei que se respondeu):

    Polo momento, estase investigando o por que desta cuestión, pero hai varias teorías polas que os nenos están sendo os menos perxudiciados nesta pandemia.

    A primeira afirma que os adultos poderían ter máis risco porque o seu sistema inmunitario moitas veces non é capaz de atopar un termo medio entre unha resposta insuficiente e unha excesiva. Tamén di que nas persoas maiores, que son as máis afectadas, teñen os seu sistema máis deteriorado, polo que o virus podería causar estragos con máis facilidade. Sen embargo, isto non pasa nos nenos, e é por iso polo que se contempla como unha posible resposta á pregunta.

    Outra di que podería ser pola ADE (amplificación da infección dependente de anticorpos), que como o seu nome indica, fai uso dos leucocitos para expandir a enfermidade. Isto ocorre porque os adultos tenden a responder dunha maneira máis drástica a unha infección. Demostrouse que o proceso ocorre no virus do dengue e o virus do Zika, e algúns estudos suxiren que os coronavirus tamén poderían usalo.

    A última das hipóteses está relacionada cunha proteína, ECA2, na que se fixa o SARS-CoV-2 para impulsar a infección. Atópase nas superficies das células de todo o corpo, pero sobre todo en determinadas partes dos pulmóns e o intestino delgado. Crese que os nenos poderían producir menor cantidade desta proteína, frustrando a misión do virus infectando ó corpo dos nenos.

    Ningunha destas teorías está confirmada, e séguese investigando para atopar pronto unha explicación a esta incógnita.

  12. andrea.g.br Dixo:

    Como xa dixen na miña entrada do blog, O ciclo de reprodución dos virus, prodúcese en varias fases: fixación e entrada na célula, eclipse, multiplicación e liberación do virus. Os virus son formas acelulares que non poden reproducirse por si mesmos no exterior, para isto requiren dunha célula onde controla os seus mecanismos reprodutivos.

  13. andrea.g.br Dixo:

    Ademais gustaríame dicir un par de enfermidades que se deban a un virus de ARN?
    Hepatite C, encefalite, febres hemorráxicas, poliomielite, enfermidades do pé e da boca, o arrefriado común…
    Tamén preguntas polos virus de transcrición inversa, como o VIH e a hepatite B.
    Esta transcrición, copia o seu ARN en ADN antes de replicar o seu xenoma, para transformalo de novo en ARN.

  14. laura_lopez Dixo:

    Fixeime en que mencionaches, Gabriel, que houbo primeiros contaxios nos morcegos, por isto mesmo quería preguntarche ¿é certo que o COVID-19 non afecta aos animais? se é así ¿ten algo eso que ver con que proveña dun animal?

    Como ben explicas, este virus contáxiase polas gotiñas que entran polas mucosas ¿crees que é recomendable que unha persoa non cotaxiada leve máscara? quero dicir, ¿ao poñer e sacar a máscara, non estamos levando as nosas mans inconscientemente á cara (risco de contaxio)?

    Fálase dunha vacina que tardará como mínimo en probarse 1 ano, ¿que crees que pasará durante ese tempo ante un virus tan contaxioso? ¿a xente volverá a recaer?

    Deixo estas preguntas sobre a mesa. Grazas pola túa entrada, pareceume realmente interesante, sobre todo a parte na que explicas como se realiza a copia do ARN sen necesidade de transcripción, ademáis, é máis fácil comprendelo agora, despois de habelo estudado. Está moi ben redactada e presentada, enhoraboa.

    Comentario feito por Laura Tilve

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.