PLUTÓN VOLVE SER UN PLANETA?

Plutón deixou de ser considerado un planeta hai 14 anos, xa que, non ten unha órbita limpa arredor do sol, nin é o suficientemente masivo para ter unha forma esférica. Co descubrimento do corpo celeste “Eris”, os científicos da Unión Astronómica Internacional, decidiron que Plutón tería que pasar a caracterizarse coma planeta anano.
Foi o director da NASA, Jim Bridestine (un bó amigo de Donal Trump) quen considerou que xa era momento para que Plutón volvera a ser coñecido como un dos 9 planetas do Sistema Solar, pero non porque teña un clima, unha atmosfera en capas, posibles compostos orgánicos, océanos líquidos e as súas propias lúas (como razoan os expertos en base ás evidencias científicas), senón porque así aprendeuse nas escolas.
“Durante máis de 75 anos, as escolas de todo o mundo, estudaron que plutón atopábase dentro do noso Sistema Solar como planeta”, afirmaba este científico.
Sen embargo, esta declaración non cambia nada oficialmente xa que, o seu razoamento é un pouco sinxelo (aprender algo dunha certa maneira, non significa que sexa o correcto e teña que seguir sendo así).

Ver las imágenes de origen

Realizado por: Nerea e Laura T. de 4 de ESO, C.

 

Tags: ,

5 Respostas a “PLUTÓN VOLVE SER UN PLANETA?”

  1. gabriel.r.br Dixo:

    Eu creo que volver a considerar a Plutón coma un planeta soamente porque se leva estudando así dende fai moitos anos, é un erro. Plutón no seu día considerouse que era un planeta anano porque as súas características non son as que debe ter un planeta. Que se leve estudando como planeta dende fai moitos anos non significa que o sexa, nin que iso sirva como argumento para que se volva a considerar como algo que non é verdade. Na ciencia as cousas evolucionan, e algo que antes era verdade, agora xa non o é. Non se pode seguir estudando algo que sabemos que está mal, soamente porque se leva estudando así toda a vida, eso non significa que por eso xa se considere que é verdade.

  2. adan.m.br Dixo:

    A min paréceme que non se debería volver a considerar Plutón un planeta porque para que un corpo sea considerado Planeta debe cumprir unha serie de características, das cales Plutón incumpre algunhas. É necesario que haxa un limite claro entre un concepto e outro e por ese motivo para que se considere un Planeta debe cumprir todas as características, nin a metade nin a maioría. Ademais o feito de que se tomara a decisión de declarar Plutón un Planeta anano é outro motivo de peso para que siga así, xa que pola contra estaríase dicindo que se tomou unha decisión incorrecta cando é unha decisión que se baseou nuns argumentos totalmente certos. Ademais o feito de que se considere un planeta anano ou un planeta, non vai a cambiar nada. É dicir, Plutón vai a seguir existindo, vai a seguir tendo o mesmo tamaño, e as mesmas características que mostran que non se pode considerar un Planeta.

    Tamén habería que ter en conta a problemática que supoñería facer este cambio. Plutón deixou de ser considerado un planeta hai 14 anos, eu teño 15 e estudeino como Planeta, así que xa podemos predicir o tempo que se vai a tardar en modificar libros de texto, páxinas de internet… E todo iso porque hai persoas que estudaron durante 75 anos que Plutón era un planeta e que xa se afixeron ao cambio.

  3. diana.c.br Dixo:

    Sobre esta entrada, na miña opinión podo dicir que eu non volvería a considerar Plutón como un planeta, xa que para iso, tería que cumprir coas características propias dun planeta, e non as cumpre. De feito, moitos pensaban que era a lúa de Neptuno. Non tería sentido seguir estudando que Plutón era un planeta, porque por moito que sempre se ensinase así, non imos seguir estudando unha cousa que está mal. A ciencia evoluciona xunto coas súas teorías, e non podemos quedarnos atrás en coñecementos erróneos. De todas formas, non é tan sinxelo aplicalo á sociedade porque moitas persoas estudárono como cando se consideraba un planeta e este cambio non se fixo hai moito tempo, pero pouco a pouco foise inculcando este coñecemento ata que a maioría sabemos que xa non baralla a idea de si é un planeta ou no.

  4. alyssa.v.br Dixo:

    Plutón foi considerado un planeta anano xa que non cumpría as característica dun planeta como o noso.

    Estou totalmente de acordo coa opinión de Gabriel e de Adan xa que o de volver a nomear a Plutón coma un planeta porque se estudou así na escola non é un verdadeiro motivo. Tense que establecer uns criterios fixos para nomealos planetas ou planetas ananos.

    Se agora as editoriais, as páxinas de información, a xente,… ten que cambiar ese concepto pois tense que cambiar porque sabemos que eso é o correcto

  5. lorena.br Dixo:

    Non entendo como hai xente que pode pensar dese xeito. Entón, segundo o seu razoamento, nos libros de texto que se fagan a partir de agora debería poñer que a Terra é plana, xa que se creu por moitos anos, aínda que agora se saiba que non é así. É totalmente absurdo e incoherente ese razoamento, se é que se lle pode chamar dese modo, para volver a considerar a Plutón un planeta cando hoxe en día xa se rectificou e sábese que en realidade non cumpre as condicións para selo. Estivemos estudando unha cousa incorrecta, si, pero iso non quere dicir que as persoas non poidamos recoñecer e rectificar os nosos erros, é moito mellor que seguir crendo de por vida que Plutón é un planeta cando non o é.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.