Inglaterra: Pegadas de Dinosauros do Cretácico, incluídas as escamas e as uñas.

Lin unha noticia que me pareceu moi interesante que falaba, como di no título, dun descubrimento. Este descubrimento foi en Inglaterra. Nel puideron observar unhas pegadas de dinosauros, dito doutra maneira: rastros fosilizados, dun mínimo de 7 especies diferentes.

Garras perfectamente visibles:

Garras

Estes rastros representan a colección máis detallada e extensa do cretáceo no Reino Unido.

O principal autor do estudio foi Anthony Shillito

CUESTIÓNS MÁIS DETALLADAS: foron máis de 85 pegadas ben conservadas de dinosauro descubertas entre 2014 e 2018 por uns investigadores da Universidade de Cambridge nos acantilados achegados a Hastings, ao sur de Inglaterra.

Acantilado

Estes de aquí son os acantilados onde foron atopados. As pegadas quedaron expostas neste últimos anos debido ás tormentas e á erosión costeira.

Esta noticia pareceume moi interesante. Considero que é impresionante poder ver os rastros dos dinosauros de fai tanto tempo, plasmados nas rochas, tanto as súas pegadas como incluso se poden observar as garras. Este descubrimento como moitos outros, permítennos comprender e así facer unha reconstrución sobre que formas de vida había antigamente.

Que vos pareceu esta noticia? Credes que foi fácil atopar estes fósiles?

https://www.nationalgeographic.com.es

 

Tags: ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.